//
estás a ler...
., Cambados

Eulogio Romero faise co Mostacho Absoluto na 4ª edición da Festa do Bigote


O cambadés Eulogio Romero proclamouse “bigotudo do ano” no certame que o Rif-Rock e Cambados(tk) veñen organizando desde hai catro anos na noite do Domingo do Albariño. Os foguetes que marcan o remate das Festas grandes de Cambados son tamén o punto de partida para esta particular homanaxe ao mostacho, unha festa que xa vai pola súa cuarta edición en continuo aumento de afluencia.

Gañador absoluta da 4ªFesta do Bigote

O bigote de Eulogio foi calificado por moitos dos presentes como “cristazo” pola súa complexidade, o cal o levou a facerse co premio na categoría de pelo natural. María Daporta foi a elixida polo xurado para gañar a categoría do bigote postizo, nun ano no que a calidade deste tipo de mostachos foi aprezada como “excelente” polo xurado. Dada a especial afluencia de persoas disfrazadas (como complemento ao bigote) o xurado decidiu conceder un premio especial ao Atrezzo que recaeu en Anaí López. O pequeno Otto Balboa levou o recoñecemento de “Gran Premio de Honra 2012”, sendo así a primeira persoa en obter tal designación.
O ano que vén a Festa chega á súa quinta edición, será o 4 de Agosto de 2013. Ide preparando eses mostachos, naturais ou falsos. Podes ler unha completa reportaxe sobre isto no blog do Rif.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: