//
estás a ler...
., Cambados

Xaquín Xesteira destapa nunha nova misiva a desorganización e mentiras do Concello de Cambados


O gaiteiro Xaquín Xesteira volve á palestra para volver a demostrar a súa integridade como persoa fronte ás manobras partidistas que se amosan desde o Concello. Nunha extensa carta publicada no seu perfil de Facebook (e que “roubamos” en CTK para que poidades ler en pdf quen non empreguedes esta rede social) amósase sorprendido da polémica que suscitou o escrito d’Os Faíscas remitido aos blogs de Cambados hai un par de días sobre a homenaxe a Ernesto Abal. Xesteira asegura que o Concello organizou esta homenaxe sen poñer ao corrente á familia desde o primeiro momento, e avisando a varios grupos antes que aos propios compañeiros de banda do finado.

As aclaracións de Xaquín en PDF

Ademais, na longa carta Xaquín Xesteira lembra con datas varias ocasións nas que o Concello incurriu en erros organizativos de vulto como o de anunciar actuacións de grupos que aínda non foran avisados para tocar (como aconteceu este mesmo ano cos Faíscas na suposta homenaxe a Ernesto Abal). Cre Xesteira tamén que o cometido do goberno local con estas homenaxes que se repiten anualmente é encher un día no calendario das Festas con actuacións de balde, mentres si se gastan os cartos en contratar a xente de fóra.  Xesteira repasa tamén as veces que tocou en Cambados co seu outro grupo, Treixadura: seis desde o 92, ningunha contratados polo Concello de Cambados, que nalgunha ocasión até chegou tentar que os seus concertos non se celebraran.

Os Faíscas de Solobeira  amósanse tamén doídos pola escueta resposta do Goberno local á proposta de poñerlle o nome do centro cultural de Vilariño a Abal: “non estamos dacordo”. Quizais porque a iniciativa partía do BNG.
As aclaracións de Xesteira, que di querer zanxar este debate, son longas e aportan multitude de detalles, con datas, horas e até copias de emails. Todo isto podes lelo íntegro premendo aquí.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Agosto 2012
L M M X V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: