O Concello de Cambados fixo público hai uns días un comunicado para valorar a Festa do Albariño no seu 60 aniversario. Aparte de estimacións de consumo e afluencia de público, como sempre valoracións bastante subxectivas, seguramente polo masivo do evento, o Concello tamén valorou o criticado Xantar do Albariño. Segundo o goberno local participaron setenta persoas menos que o ano pasado e 200 menos que en 2010 (iso confirma as estimacións de anos anteriores da oposición sobre o Xantar, que antes eles mesmos negaban). Pero a cifra segue sendo impresionante: 630 persoas. Desas, non sabemos a día de hoxe cantas o fixeron de balde con convite cursado polo Concello, é dicir, pagado polos contribuintes cambadeses. En anos anteriores o número de cargos do PP (e incluso militantes/simpatizantes sen cargo ) que comeron a conta do Concello non se puido esclarecer. O BNG xa fixo pública a súa pregunta á Alcaldía para aclarar este extremo, ademais de coñecer cal foi o motivo dos convites en cada caso particular. Saberémolo? Cando?