//
estás a ler...
., Cambados

O Concello presume de austeridade no Xantar do Albariño con máis de seiscentos participantes


Os cabaleiros populares do Albariño | Correo

O Concello de Cambados fixo público hai uns días un comunicado para valorar a Festa do Albariño no seu 60 aniversario. Aparte de estimacións de consumo e afluencia de público, como sempre valoracións bastante subxectivas, seguramente polo masivo do evento, o Concello tamén valorou o criticado Xantar do Albariño. Segundo o goberno local participaron setenta persoas menos que o ano pasado e 200 menos que en 2010 (iso confirma as estimacións de anos anteriores da oposición sobre o Xantar, que antes eles mesmos negaban). Pero a cifra segue sendo impresionante: 630 persoas. Desas, non sabemos a día de hoxe cantas o fixeron de balde con convite cursado polo Concello, é dicir, pagado polos contribuintes cambadeses. En anos anteriores o número de cargos do PP (e incluso militantes/simpatizantes sen cargo ) que comeron a conta do Concello non se puido esclarecer. O BNG xa fixo pública a súa pregunta á Alcaldía para aclarar este extremo, ademais de coñecer cal foi o motivo dos convites en cada caso particular. Saberémolo? Cando?

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: CTKast – Episodio Tres: Episodio Serenísimo | Cambados(tk) - 02/09/2016

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: