Hei de recoñecer que Facebook é un gran invento, sobre todo para xente que coma min, que estamos lonxe do noso amado pobo e queremos manter contacto coa realidade cotía do mesmo; outras veces permíteche contactar con xente da que hai tempo non tiñas novas e algunhas veces, coma nesta, grazas a enlaces coñecer as desvergoñas, pensamentos e tonterías que chega a colgar algún no seu muro.
Hai uns días chegoume ó meu muro de Facebook un enlace sobre o maltrato animal, asinado entre outros por Rosa Oubiña, antiga concelleira no concello de Cambados e actual deputada no Parlamento de Galicia, a miña curiosidade levoume a entrar no seu muro (síntoo pero son un curioso crónico) e entre fotos do seu amado presidente Rajoy e alcalde Aragunde, atopeime isto (reprodución verídica):
Fai máis de 2000 anos decía MARCO TULIO CICERON:
“El presupuesto debe equilibrarse, el Tesoro debe ser reaprovisionado, la deuda pública debe ser disminuida, la arrogancia de los funcionarios públicos debe ser moderada y controlada, y la ayuda a otros países debe eliminarse, para que Roma no vaya a la bancarrota. La gente debe aprender nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado.”
Ano 55 a .C. (Sen palabras).
Perdoa Rosiña pola expresión, pero eu non leo a Cicerón (aínda que ti tampouco, é máis, estou por decir que non tes nin rematada idea de quen era) : QUE OVARIOS TES, GUAPA!!!
Unha señora (por chamala dalgunha maneira) que cando estivo no Concello de Cambados, cobraba do mesmo en calidade de dedicación semiexclusiva e, agora, nas Cortes Autonómicas cobra máis de 70.000 euros anuais, entre soldos e complementos (datos sacados da paxina oficial do Parlamento de Galicia), ten o morro, a cara de facerlle unha crítica ós funcionarios públicos (a maioría dos cales accederon á administración pública duramente tras unha oposición), a ti que te enchufaron a dedo; esta pensadora de pacotilla ten a desvergoña de dicir : “la gente debe aprender nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado” … ¨non o dirás por ti, non Rosa? Acaso falas de Aragunde, Tourís ou Louzán? Os cales coma ti, en canto puideron, viviron a costa do Estado, non o dubidaron.
De que funcionarios falas, guapa? Dos que cobran pouco mais de 1000 euros e o teu presidente lles suprimiu a paga extra de Nadal? Funcionarios que ni de lonxe gañan o que ti gañas e que, dende logo, traballan moito máis ca ti; e cando falo de funcionarios non só me refiro a administrativos, auxiliares etc. falo de médicos, enfermeiros,bombeiros, xente que tódolos días están salvando vidas, non coma ti que te limitas a votar o que che mandan no Parlamento e aplaudir as intervencións do teu portavoz de partido (cando vas) .
Aquí os únicos arrogantes son os políticos coma ti que intentan dar clases do que precisamente non teñen de humildade, de dignidade, en resumidas contas de humanidade; políticos como o teu compañeiro de partido e Presidente de Baleares que ten o descaro de dicir que moita xente prefire vivir do subsidio do paro antes de saír a buscar traballo; políticos como a deputada Fabra do Congreso dos deputados que lle di os parados : “que se jodan”
…….. se tiveses un mínimo de vergoña, Rosiña, estarías caladiña, dándolle grazas a Deus e bicando o chan por onde pasa o iluminado que un dia te colocou onde estas e non criticarías a xente que realmente a chegado onde está por méritos propios a diferenza de ti.
Na cita de Ciceron que che pasaron , porque, repito dubido moito que saibas quen era este personaxe, di tamén “”El presuposto debe equilibrarse, el Tesoro debe ser reaprovisionado, la deuda pública debe ser diminuída” Iso non o dirás polo alcalde de Cambados? O cal derrocha os cartos do concello en estatuas estúpidas, en invitar a centos de come baldes no parador o Domingo de Albariño ou pulirse en apenas 4 meses máis de 8.000 euros en comidas oficias etc. … por se non o sabías, ti que es unha eminente política, o Concello de Cambados ten actualmente unha débeda de máis de 3.600.000 Euros ( o 44 % do seu presuposto anual) e ti vesnos a falar de equilibrio no presuposto. Que graciosa eres, bonita.
Quero finalizar cunha entrevista que che fixeron hai uns 8 ou 10 anos na radio, preguntábache a periodista que libro estabas lendo ti dixeches toda chea “El Codigo Da Vinci” (creo que era esta obra pero non estou seguro) a continuación, pregúntache de que vai, e a túa resposta (textual) : “bueno, en realidad, sólo he leído la portada, pero lo tengo en la mesilla de noche para leer”, e xa ves, hoxe en día, vesnos citando a clásicos como Cicerón, calquera día nos sorprenderás con outra cita de Kant ou de Descartes. É o que ten ser unha persoa ilustrada e cultivada coma ti.
Despídome e, por certo, Rosa encantaríame que me agregases a túa lista de amigos de Facebook, seguro que non me aburriría.
Saúdos a todos.
Ricardo Domínguez Rey.