//
estás a ler...
., Cambados

Volven as comportas do Saco de Fefiñáns


Un dos temas máis polémicos dos últimos anos volve á palestra informativa. O goberno local e a Xunta anuncian, máis unha vez, a instalación das comportas para regular o volume de auga pechada no Saco de Fefiñáns. Este espazo no Pombal é zona marisqueira que foi degradándose nos últimos anos até ser declarada “zona C”, onde non se pode mariscar.Unha das demandas do colectivo de marsicadoras era que antes de falar de comportas se acometera un saneamento integral do Saco. Algo que trala presión exercida por este importante grupo (lembremos que é un dos únicos sectores que segue a crear emprego en Cambados) tiveron que asumir, cando menos de palabra, desde os gobernos do PP.

Exemplo de modelo de comportas | Diario de Arousa

Aínda que se anunciara meses atrás que o saneamento do Saco ía ser acometido durante o mes de Xuño, o certo é que nada se sabe de se finalmente se actuou na zona e de cales foron os resultados de ditas obras. O que si sabemos hoxe é que Portos está a ultimar a tramitación da adxudicación das obras das comportas, cuxo valor ascenderá a uns 100 mil euros neste 2012 e máis de 300 mil no vindeiro exercicio.

Resulta curioso que unha obra tan discutida como esta no propio sector (ademais de no social e político) se priorice sobre outras que o PP leva anos (lexislaturas, mellor dito) prometendo, como é a construción dunha nova Praza de Abastos ou os mútliples proxectos de aparcamentos. O proxecto do Saco conlevaría, segundo o alcalde Aragunde, a construción da famosa praia para Cambados, así como a creación de instalacións para actividades náutico-recreativas a realizar no propio Saco.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: