//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

Feijóo adianta as eleccións a Outubro


O 21 de Outubro será a vindeira cita electoral. Así o decidiu o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen fixo uso da súas competencia exclusiva para adiantar as eleccións que doutro xeito se celebrarían en Marzo de 2013 e que agora volverán coincidir coas eleccións bascas. Este anuncio enmárcase a todas luces na complicada situación que se atopa tanto o país como o partido que goberna (PP) canto a expectativas electorais. Ademais, o anuncio colle á oposición un tanto “desarmada”; a un PSOE sen ter elixido aínda o seu candidato e a un Bloque que vén de varias escisións. Pola súa banda, as novas formacións no campo do nacionalismo, Anova e Compromiso por Galicia, non foron quen de confluír e encararán a súa primeira proba electoral con grandes  dificuldades. Formacións que nunca foron decisivas en Galiza, como Esquerda Unida, poderían dar a sorpresa ante a desorganización da esquerda nacionalista.
Desde Cambados(tk) agardamos cubrir efectivamente esta importantísima cita coas urnas, poñendo especial énfase no que aconteza na comarca e sobre todo, en Cambados.

Conversa

5 thoughts on “Feijóo adianta as eleccións a Outubro

  1. No se que me da que tan mala esta la situación del pais pero creo que el PP volvera a gorbernar en Galicia.

    Posted by Ángel | 27/08/2012, 8:50 pm
  2. Si o pp non volve a gañar a maioría , con quen pactara o psoe? Cos centos de partidos que sairon de Bng? Pois podemos chegar a marzo do 2013 sin que se acaben de poñer de acordo. Pois ainda que son de esquerdas non teñen nada que ver entre eles. Xa o demostraron a ultima vez. Asi que mais vale malo coñecido que moitos malos coñecidos. Solo e a miña humilde opinion. Pido respeto. Gracias.

    Posted by MARIA | 28/08/2012, 12:49 am
  3. Maria, non valoraches a posibilidade de que un partido ou unha alianza postelectoral tipo PSOE/BNG pode gobernar en minoria chegando a acordos cando sexa preciso?

    Posted by Carlos | 28/08/2012, 8:58 am
  4. Si que poden chegar a acordos, solo si o que teña menos votos acepte todo o que faga o que ten mais. Acaso non viches o que pasou no Pais Vasco, salvando as distancias. O pp doulle o apoio o psoe sin meterse en nada. Pero o final acabou por meterse e todo se acabou. Eu prefiro que gobernen en maioria sexa quen sexa. Bueno,no. Ou o PP ou o BNG. O Psoe nin de lonxe.

    Posted by MARIA | 29/08/2012, 8:32 pm
  5. Entre quen entre vanse cagar pola pata abaixo. Estan retrasando o rescate polas eleccions, pero o primeiro que chegue xa o pedira. Asi que mellor pensado , que gañé o Psoe, e que se caguen solos eles. Xa que zp se foi de rositas….

    Posted by MARIA | 29/08/2012, 8:37 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Agosto 2012
L M M X V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: