//
estás a ler...
., Cambados

Tourís recorre ao ataque persoal para defenderse no caso do desmonte do Monte de Maza


Montse Prado e a súa familia foron onte o obxectivo das declaracións de Cores Tourís, ex alcalde e delegado da Xunta en Pontevedra. O político cambadés volveu recurrir máis outra vez aos ataques persoais para defenderse dunha acusación. O caso do Monte de Maza ten moito que ver co delegado da Xunta, xa que tanto a súa muller como o sobriño desta (e concelleiro do PP) están envoltos nunha serie de presuntas irregularidades na petición de permisos para desmontar o monte e convertilo en viñedo.

Como o BNG foi o grupo que destapou e que está a denunciar o caso en múltiples instancias autonómicas, Tourís encargouse onte de lanzar un recado á formación nacionalista: “Sacamos máis permisos dos que nos corresponde” e recordou que Montse se opuxera ao Polígono e que segundo el “pediu para plantar viño no monte comunal”. As acusacións foron máis alá, e Tourís mesturou á familia de Montse Prado acusando a unha irmá de ter construido a casa “nunha carballeira” e afirmando que o Concello paralizou unhas obras na casa da nai.

Iso si, as obras do Pinal de Maza continúan; 80.000 metros cadrados de monte están pelados e listos para comezar a producir.  Hai días o BNG recibiu unha sorprendente contestación de Medio Rural asegurando que o departamento “non tiña constancia” da transformación ocorrida no Pinar. Aínda así a Xunta asegurou que estas obras serían sancionadas se ocorreron. O Bloque xa remitiu fotografías do antes e o despois.

Conversa

2 thoughts on “Tourís recorre ao ataque persoal para defenderse no caso do desmonte do Monte de Maza

  1. este tio e parvo de todo si a miña casa estaba nuhna carballeira por que firmou el o permiso pa facela

    Posted by toño | 29/08/2012, 1:11 am
  2. Este é o peor político que tivo Cambados que eu tivera que soportar,e o digo en primeira persona,é peligroso por que toma as cousas do común como algo personal e canto mais cerca estexas de onde el vive,mais o personaliza,por iso o odio a Montse e todo o que representa na Aldea que el quixera tomar coma súa,sempre se rodeou de garda pretoriana mais que de xente pensante,maleducado e cousas peores que non podo demostrar amais de medriocre para o futuro e listo do presente,e fala moito que o atraso en Galiza non só é económico,e que Frijolito lle dese o premio ao cacique moderno fican fotografados

    Posted by xan galban galiñanes | 29/08/2012, 1:23 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: