//
estás a ler...
., Cambados

O Bloque pregunta no Pleno quen sufragou o translado Madrid-Cambados da estatua de Fraga


O Pleno da Corporación, mañá Xoves, volverá tratar o tema da estatua a Fraga grazas a unha moción do BNG ao respecto. Os nacionalistas queren saber algo (porque o goberno local foi totalmente opaco ao respecto), desta volta sobre como se colocou dita escultura. Preguntan quen pagou o translado desde Madrid a Cambados do Manuel Fraga de bronce; se foi o Concello ou algunha outra institución pública, e se colaborou na colocación en Torrado algún traballador dependente das mesmas institucións. Tamén queren saber en que acta de goberno se reflicte a petición de persoas ou colectivos privados de facerlle esta homenaxe ao ex presidente da Xunta (despréndese desta pregunta que esta información non foi publicada polo goberno).

MONTAXE coa foto da inauguración da estatua

Ademais destas preguntas, o BNG interesarase outra vez polo tema de Maza, xa que Aragunde leva desde Maio sen responderlles ás preguntas; e tamén sobre o tema da estación eléctrica en Vilariño. O PSOE, pola súa parte, terá preguntas sobre o aparcamento en Cambados, os pasos de peóns en Castrelo, o tema de Maza, ou o saneamento no Saco de Fefiñáns logo de que se anunciara a colocación das comportas. Tamén pedirán as contas da Festa do Albariño, preguntarán acerca da estación eléctrica en Vilariño e interesaranse sobre o estado de conservación do parque de Torrado. O pleno terá lugar mañá xoves ás 21 horas e, coma sempre, é aberto ao público.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Agosto 2012
L M M X V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: