//
estás a ler...
., Cambados

O BNG responde a Tourís: “Cre o ladrón que todos son da súa condición”


O Bloque de Cambados non quere entrar nas “descalificacións e mentiras” de Cores Tourís sobre a familia de Montse Prado, e só lle lanzan unha mensaxe: “Cre o ladrón que todos son da súa condición”. Segundo os nacionalistas, o delegado da Xunta en Pontevedra emprega o seu cargo para atender negocios persoais, como se puido comprobar anteonte cando Tourís fixo servir a comparecencia ante a prensa para cargar contra Prado en lugar de falar sobre o tema que motivaba a rolda de prensa.

Vista de Maza a comezos de verán

O BNG salienta que mentres Tourís dixo que ten “todos os permisos” para converter o monte de Maza nunha plantación de Albariño, nin o Concello nin Medio Rural foron quen de contestar sobre o tema. De feito, no pleno da Corporación de mañá Xoves o Bloque vai volver preguntar sobre o asunto porque o goberno local leva desde Maio sen respostar a preguntas deste polémico caso. Víctor Caamaño cre que as declaracións de Cores Tourís se enmarcan na recente convocatoria electoral para o 21 de Outubro, na que os cidadáns poderían decidir “apealos dos cargos que ocupan” e iso sería para eles “unha traxedia” porque non están aí para gobernar senón atender aos seus negocios persoais.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Agosto 2012
L M M X V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: