//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Óscar Pardo-Planas, Cambados, Galiza, global

A pobre democracia municipal


O pasado xoves asistín ao Pleno da Corporación de Cambados en calidade de oínte (pois todas as sesións do órgano representativo municipal son públicas). Non é primeiro pleno ao que acudo, nin será o último. A pesar de que foron moitos os que, antes da eleccións municipais, louvaron a Luís Aragunde polo seu “talante” diferente, eu non vin que tralo paso do tempo as actitudes dos edís e dos alcaldes do PP se diferencien demasiado.

Obviamente sempre hai cambios que se desprenden das personalidades de cada un; Cores Tourís foié, e atreveríame a dicir (oxalá me equivoque) que será un perfecto maleducado. Foino nos plenos pero tamén fóra deles, fomos moitos os que sufrimos a súa insolencia e o seu carácter sectario persoalmente. Aragunde prometíase diferente pero, ao fin e ao cabo, o sillón da Alcaldía e a maioría absoluta rematou por convertelo en algo semellante. Continuas interrupcións aos edís da oposición (resulta moi curioso que o volume do micro do alcalde, estea ademais, máis alto que todo o resto…), normalmente burlescas, faltas de respecto dos concelleiros do PP como saír a fumar no transcurso do debate, pasarse a sesión escribindo no móbil, aplaudir, rirse… Unha pequena mostra tentei reflectila no resumo do último pleno, nun vídeo no que se lle escoita ao alcalde respostar ao concelleiro do BNG: “non me jodas, Víctor” entre risas dos seus edís; ou cun audio dunha rastreira chamada de atención do alcalde ás “faltas de ortografía” dos escritos do Partido Socialista.

Fóra disto, a democracia municipal representada nos Plenos é ben pobre. Estas sesións, onde está representada a soberanía do pobo de Cambados, están limitadas en contidos. Primeiro, e isto é algo que eu descoñecía, porque entre os tres grupos só pode presentar catro mocións para o debate. O resto ha de ser presentado como preguntas ao goberno. Estas preguntas non dan lugar a debate, tan só son respostadas por Aragunde con escuetos “si”, “non”, “xa veremos”… E en moitas ocasións tamén bota man de “precisamos aínda documentación para poder responder”. Isto fai que temas como o do Pinal da Maza, que poderían ser constituíntes de irregularidades de tipo urbanístico que beneficiaron a un concelleiro do PP ou ao ex alcalde Tourís, leven desde Maio sen ser aclarados.

En Cambados, ademais, celébrase o mínimo de sesións de Pleno que marca a lei: tan só se celebra un cada dous meses. E o resto de temas, como se aproban? En Xunta de Goberno, algo así como o que sería o “Consello de ministros” a nivel Estado. Esas reunións, a diferenza dos plenos, non son de carácter público, é dicir, ti e mais eu non podemos acudir a elas. En teoría empregaríase para que o goberno local desenvolva o seu día a día executivo, pero na realidade cambadesa este órgano é empregado para evitar que temas espiñentos cheguen ao Pleno, onde están todos os concelleiros –tamén da oposición- , a prensa, e a cidadanía que queira acudir. Respecto ás Xuntas de Goberno, o Concello ten que enviar as actas do que alí se decide á oposición, pero aínda que a lei marca un prazo máximo de 10 días para isto, xa van varias veces que o retraso acumulado é de máis de catro meses. O Valedor do Pobo tivo que actuar en varias ocasións ante denuncias do BNG, xa que cun Pleno cada dous meses e sen actas de goberno, o labor da oposición perde toda a súa capacidade.

Eu levo anos mantendo que Cambados precisa un cambio. Un cambio tamén político, por suposto. A necesidade deste cambio non só vén dada por cuestións programáticas (cambio nas políticas de contratación, peonalización do casco histórico, saneamento da costa, mellora da situación económica, dos programas culturais -ou coolturais como lles chama Aragunde-, da Festa do Albariño…). O cambio ten que traer en primeiro lugar outra forma de actuar por parte do goberno local. Comecemos polas cuestións éticas para logo trocar as políticas. Máis transparencia, non só cumprir os prazos de entrega da documentación á oposición senón melloralos e poñer a disposición da cidadanía por medio da páxina web de cantidade de información; máis debate, dobrar polo menos a cantidade de sesións plenarias e aumentar se é posible as mocións a presentar; novas  formas, rematar con xestos que pouco teñen que ver coa democracia, con expresións burlonas e outras faltas de respecto.

Que a xestión do goberno local sexa positiva depende de moitos factores, pero cambiar as formas na política municipal só depende da vontade de cada quen.

Óscar Pardo Planas. Preme aquí para ver todos os seus artigos.

Conversa

One thought on “A pobre democracia municipal

  1. Comentario dun Pepero de último modelo”Con Luis Aragunde podedes dicir o que queirades,pero é un alcalde que atende a todo o mundo e fala con todo o mundo”ben sabe el que co anterior empezaban a ter a alcaldia tambaleando e non era para menos.O PP na nosa vila representa o poder continuo,o favoritismo sempre que se poida,os intereses das familias de toda a vida,os novos intereses,e todo esto conxugado cuns poderes supramunicipais que venden amiguismo por obras e Cambados en palabras do Bipartito-sempre foi favorecido-mesmo co bipartito;pero non é así,Cambados fíxose a pesar do PP que non tiña nin idea do que facer cando chegou ao goberno municipal con aquel señorito de provincias Antonio Pillado,que non lle gustaba Cambados para educar os seus fillos e foise,logo viria Tirado que realmente foi o que instaurou como se debe gobernar dende unha alcaldia do PP,como se debe conservar o poder,como se debe dirixir sen que pareza que non cambias nada e a sua famosa frase de “Dios proveerá”-deus xa ten estátua na vila-pero o que eran os problemas reais de Cambados os estructurais os que fan que unha vila proguese os servizos básicos por exemplo de Tragove virian despois por que levan 25 anos gobernando e nin se atreven a celebralo por que son realmente OS DE SEMPRE.A Tourís nen nomealo por que cae polo seu propio peso.Pero entre tanto a oposición fixo o que poido?ás veces non e outras faltoulle ambición amais de vivir de cando se gobernou e mesmo foi a lousa que algúns non superaron.O Psoe para darlles de comer aparte.E os cidadans libres da vila?nas procesións,éche o que hai,pero xúroche Oscar que agora tedes unha grande avantaxe frente aos tempos idos,se che pareceu vergonzoso o do último pleno non sabes o que te perdeches con Tirado e Neghosito,que agora non hai só la voz e el faro,tedes unha ferramenta que xa quixeramos nós nos noventa que é internet,temos e digo ben en plural,temos que ser quen de chegar aos Cambadeses tal como somos e o mais importante tal como son eles e o futuro é noso por moita pel de ouvella sobre lobo que inventen

    Posted by xan galban galiñanes | 02/09/2012, 2:27 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Agosto 2012
L M M X V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: