O pleno do mes de Agosto foi moito máis polémico do esperado. O alcalde amosouse algo nervioso durante o transcurso da sesión, e isto fixo que en máis dunha ocasión se enzarzara co voceiro do BNG logo de interrumpilo. No público membros das Xuventudes Socialistas, representantes sindicais da Policía Local (debatíase a eliminación da paga extra dos traballadores públicos) ou a deputada Rosa Oubiña. Preme en “Seguir Lendo” para ver toda a crónica, con vídeo e audios.
Contas de 2011 – Aprobadas (PP a favor, BNG e PSOE en contra)
A parte máis importante do pleno de onte era a económica: a aprobación ou non das Contas de 2011. O goberno local e o PP presentábanas como “con beneficios” ao salientar un suposto superávit de case 50 mil euros, e Aragunde afirmou que están “moi orgullosos do labor económico que estamos a facer no noso Concello”, xa que segundo o alcalde a nosa vila goza de boa saúde económica, cunha oferta cultural que segundo el supera a todos os Concello da comarca e co gasto máis grande da provincia en escolas deportivas.
Para a oposición as contas non son tan positivas, de feito PSdeG e BNG votaron en contra. Para os socialistas liderados por Rafael Blanco, é significativo que dos 300 folios das Contas “máis da metade” sexan reparos de legalidade fronte a unha minoría de resultados contábeis. Fixo fincapé nas irregularidades que se detectan nas nóminas ou nos continuos retrasos nos prazos na contratación de obras.
Para o BNG non hai tal superávit, senón que se gastaron 700 mil euros máis do ingresado, e se as contas se presentan como positivas é por “axustes contables” con remanentes doutros exercicios e asuntos pendentes de cobro de 2010 e outros que non se cobraron. Víctor Caamaño detecta tamén falla de transparencia da contratación de persoal (que Intervención sinala nas Contas) e na externalización de servizos, así como no recoñecemento extraxudicial de crédito que o goberno local emprega xa ano tras ano para gastos, por exemplo, da Festa do Albariño. Como irregularidades no tema de persoal, Caamaño destacou que o Concello estea a pagar complementos de produtividade a algúns traballadores “sen que se definiran uns criterios” para avaliar esa produtividade; ademais puxo enriba da mesa o tema das horas extra dalgúns empregados: mentres a lei marca como máximo 80 ao ano e o asesor do alcalde (cargo político, non funcionario) cobrou en 2011 un total de 534 horas extra.
No turno de réplica, o concelleiro do PP José Juan Cores, defendeu as Contas e respecto ás múltiples críticas realizadas asegurou que algunhas cousas “pueden ser irregulares o no, la realidad es que es legal”. Quizais nun despiste, o concelleiro popular dixo que en Cambados os impostos só subiran en relación ao IPC, algo que desde o BNG lle lembraron rapidamente que non era certo, posto que varias taxas subiron máis que o índice de prezos.
Como anécdota, o primeiro “encontronazo” da sesión foi neste punto, cando Aragunde cortou a Caamaño recortándolle que o regulamento limitaba os tempos de intervención. Víctor protestou porque era a primeira vez que se aplicaban pero o alcalde, levantando a voz e visiblemente nervioso, mandou ir remantando mentres afirmaba que “si se dixo sendo ti concelleiro” (que había limite de tempo).
O segundo foi ao rematar este debate, cando Caamaño facía referencia ao tema de La Vuelta a España, que Aragunde sacou no pleno a pesar de non vir demasiado a conto do debate. Como se pode ver no vídeo, Víctor Caamaño se felicitouse do éxito da Volta, pero un comentario irónico sobre a visita do Papa fixo que Aragunde lle espetara “Como a viaxe do Bloque a Cuba, non me jodas Víctor”. A partir de aí o alcalde interrumpiu ao edil nacionalista en varias ocasións.
O concelleiro do PP José Juan Cores sorprendeu aplaudindo ao final da votación cando o PP, como era previsible, sacou adiante as contas cos seus votos. A conduta deste concelleiro a miúdo parece que tenta provocar a algún dos edís da oposición, até agora felizmente sen resultado. Aragunde tivo que reprendelo por este feo xesto.
Renuncia da paga de Nadal dos liberados no Concello – Aprobada por unanimidade
Este punto saiu adiante por unanimidade, aínda que Víctor Caamaño (BNG) quixo deixar claro que o seu grupo estaba en contra da retirada da paga extra aos funcionarios por non ser eles os culpables da crise, e dixo que non era xusto que os políticos puideran elixir se se sumaban ou non a este recorte mentres aos funcionarios se lles quita por decreto.
Moción do BNG para a supresión do copago farmacéutico – Rexeitada (BNG e PSOE a favor, PP en contra)
O voceiro do BNG pediu aos grupos que apoiaran a moción para instar á Xunta a que, dentro das súas capacidades, limitara o impacto da medida do goberno do Estado e suprimira o copago farmacéutico a pensionistas. O PSOE anunciou que votaría a favor e que non só lles precupaba este copago senón tamén especialmente a retirada de cantidade de medicamentos do catálogo que sufraga a seguridade social. Eulogio Pomares foi o encargado de opoñerse a esta moción polo PP, e dixo que o sistema que plantexa o goberno central é un “sistema progresista” (sic) e que introduce exencións en varios grupos, como parados sen subsidio ou persoas con pensións non retributivas. Para os demais pensionistas introduce tramos respecto á renta. Na réplica Caamaño repetiu que se trataba dunha medida para “quitarlle aos máis débiles” e que xente que cobra 500 euros logo de traballar 40 anos agora ten que pagar as medicinas. O momento de maior polémica produciuse cando o concelleiro do PP pediu outra vez a palabra e lle espetou ao do Bloque: “Si tú consideras más débil a un pensionista que cobra 150.000 euros que a un parado que ha perdido el derecho a percibir el subsidio de desempleo…Pues me parece un poco fuerte”. Caamaño, visiblemente molesto pediu seriedade deste o seu escano e afirmou “non coñezo, non xa pensionista, senón a ninguén en Cambados que cobre iso (150.000 euros ao ano)”. O balbordo tamén se fixo notar entre o público, sorprendido polo que dixera o edil do PP.
Moción do BNG para compensar aos empregados municipais pola supresión da paga extra – Rexeitada (BNG e PSOE a favor, PP en contra)
Caamaño sinalou outra vez que os funcionarios non teñen culpa da situación de emerxencia creada en maior medida polo desastre financeiro, e pediu chegar un acordo plenario para rexeitar a retirada da paga extra e compensar aos empregados municipais mediante outra fórmulas legais. Aragunde amosouse contrario á rebaixa salarial dos traballadores pero dixo que esta medida era debido á “irresponsabilidade doutros gobernos” (en clara referencia ao PSOE) e que moitos traballadores do Concello “debían cobrar máis”. Aínda así asegurou que non pode acceder á iniciativa do BNG porque segundo el sería ilegal. Caamaño recordou que sería ilegal pagar a paga extra, pero non compensalos buscando outras fórmulas, e rematou dicindo que era curioso que “a xente que máis ten e que máis tivo que ver coas causas da crise son as que saen mellor paradas das medidas deste goberno do Partido Popular”.
Preguntas ao goberno
Este tema, como sempre, non dá para demasiado comentario porque as respotas do alcalde non adoitan pasar dos monosílabos. Destaca que finalmente as preguntas do BNG respecto a escultura de Fraga non foron respondidas porque non se rexistraron 48 horas antes, deberán agardar até Outubro. Tampouco respondeu Aragunde por segundo pleno consecutivo ás preguntas sobre o Pinal de Maza. Os nacionalistas levan desde Maio agardando resposta neste polémico tema que salpica a un edil do PP e ao ex alcalde Cores Tourís. Do PSOE destaca a pregunta sobre o saneamento do Saco de Fefiñáns, Aragunde dixo que Augas de Galicia comezará as obras “nas vindeiras datas”, a pesar de que na prensa se anunciou que comezarían en Xuño.
A nota discordante púxoa de novo o alcalde, que lle pediu aos concelleiros do PSOE que revisen as “faltas de ortografía” dos seus escritos. Este comentario xerou moito malestar na oposición, chegándose a escoitar ao concelleiro do BNG Xaquín Charlín dicirlle a Aragunde “iso é unha puñalada trapera”. A verdade é que os edís da oposición non contan, a diferenza do alcalde, de asesores que lles redacten os escritos, e ademais, Aragunde corre moito menos risco de cometer faltas xa que as súas respostas non soen pasar do “si”, “non”, ou “quizais”. O alcalde demostrou unha terrible falla de educación neste sentido.
El problema radica en quién presenta una moción que le pasa el partido y no se molesta en leer la publicación en el BOE.
El «Artículo 94 bis. Aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica ambulatoria del Real Decreto-ley 16/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes para garantizar la sostenibilidad del Sistema Nacional de Salud y mejorar la calidad y seguridad de sus prestaciones.
Establece en el apartado 5 “d) Para las personas que ostenten la condición de asegurado como pensionista de la Seguridad Social y sus beneficiarios cuya renta sea superior a 100.000 euros consignada en la casilla de base liquidable general y del ahorro de la declaración del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas, hasta un límite máximo de aportación mensual de 60 euros.
Yo ne me invento nada simplemente nuestro grupo prepara las mociones.
Fai clic para acceder a BOE-A-2012-5403.pdf
Ninguén puxo en dúbida o que di o RD, máis ben que o que estabelece ese decreto sexa xusto. Xustificar o copago (ou máis ben, repago) das medicinas a pensionistas escudándose en como trata o RD ás pensións de máis de 100.000 euros ao ano é simplemente non entrar a debatir sobre o tema proposto.
Igualas sistema progresivo (que non progresista) con estabelecer pagos por tramos de renta. O progresivo é aplicar iso no sistema fiscal, de maneira que quen máis teña máis pague, e non no sistema asistencial onde eu penso que o xusto é que todos dispoñamos dunha Sanidade de calidade e gratuita. Ao PP non lle interesa iso, o que está a facer coas medidas de “axuste” (=recorte) é perxudicar aos máis débiles e deixar que os que culpables desta crise non só se vaian “de rositas” senón que saian mellor parados. Explícame por que, senón, non se acomete unha reforma fiscal profunda? Por ideoloxía, porque o PP nunca vai perxudicar ás rentas altas senón que seguirá esmagando ás clases traballadoras. Así de simple.
E aínda así, e se queres que entre na túa lóxica de sistema de tramos, dicirche que a un pensionista que cobra 600 euros ao mes suponlle infinitamente máis pagar 8 ao mes polos seus medicamentos que a unha persoa que cobra 8.333 € ao mes (100 mil ao ano, seguindo co exemplo) pagar 60 euros ao mes. E claro, no primeiro grupo vas atopar moitísimas máis persoas que no segundo.
El RD Ley 16/2012 no introduce el copago, que ya existía, sino que modifica el artículo 94 e introduce el artículo 94 bis “Aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica ambulatoria”.
Estoy seguro que el portavoz del BNG que presentó la moción no leyó el citado RD Ley 16/2012, la moción del BNG solicita: “Instar á Xunta de Galiza a desenvolver unha normativa propia, en virtude das competencias sanitarias que lie atribúen as leis galegas e o Estatuto de Galiza, que reduza o impacto da medida imposta polo Goberno do Estado ñas economías familiares galegas e suprima o copago farmacéutico para as persoas pensionistas”
Lo que dije en el Pleno del pasado jueves y mantengo es que no todos los pensionistas tienen la misma renta. Un pensionista con renta inferior a 18.000 tiene que pagar un máximo de 8 € mensuales y podemos discutir el copago, pero que si es justo introducir el copago al pensionista que sus ingresos sean de 100.000 o superiores. Y que legislar en este sentido no es retrogrado.
Menos mal que o nosso alcalde sabe escrever sem gralhas ortográficas; aínda que vendo como demostra o seu gram intelecto nos plenos e intervençons públicas dubido moito que saiba redactar algo por si mesmo…
Eu son autonoma e teño que pagar as miñas receitas. Gracias a Deus son catro o ano, sin contar os dous ou tres resfriados que practicamente me automedico (craso erro, pero e asi). Pero vou con frecuencia o centro medico e vexo constantemente as mismas caras, e amigas que traballan varios centros da comarca dinme o mesmo. Hai persoas que fan moito abuso dos medicamentos. Sobre todo os maiores. A miña avoa ainda ten na comoda montes de medicamentos de cando non se tomaba en conta a cantidade e o tempo de administracion. E un gasto para todos. E ahi que reducilo como sea. E a unica maneira de que aprendamos. Cando nos tocan o bolsillo e mais nestes tempos. E a partir de mañan nin che conto.
E agora voume encher o tanque da gasolina. Un saudo.