O BNG de Cambados vén de publicar unha nota no blog de Víctor Caamaño na cal dan a coñecer que as facturas relacionadas con xantares e outros eventos semellantes, suman 3.746€. Así se reflectía nas actas da correspondente Xunta de Goberno. O período é o comprendido entre o 28 de Maio e o 6 de Xuño, uns dez días. O BNG local non entra a “valorar se é moito ou pouco” pero déixao enriba de mesa a título informativo.
Hoxe tiveron lugar dous plenos extraordinarios en Cambados. Un deles tiña como obxecto elixir por sorteo ás persoas que formarán parte das mesas no día das eleccións galegas. O outro foi o que tiña por obxecto proceder respecto ao cese do concelleiro Rafael Blanco, tristemente falecido como xa informamos nos días pasados. Respecto a esta última cuestión soubemos por medio da prensa que a persoa quen ocupará o seu lugar na Corporación será Ángel Manuel Giráldez.
A persoa que seguía da lista socialista era Sara González pero renunciou en favor de Giráldez, quen xa fora concelleiro en lexislaturas anteriores. Este incorporarase ao grupo do PSdeG-PSOE na vindeira sesión ordinaria, prevista para a última semana do mes de Outubro (os plenos en Cambados celébranse tan só unha vez cada dous meses). Segundo o blog “A ti meu Cambados”, os concelleiros presentes nos dous plenos extraordinarios de hoxe renunciaron aos 100 euros que perciben por asistencia a estas sesións.
O alcalde de Cambados, Luís Aragunde, visitou hoxe co delegado da Xunta en Pontevedra as obras realizadas nas rúas Beleco e Illa de Arousa. Non se trataba dunha visita “técnica” senón propagandística, só así se explica que acudiran medios como Canal Rías Baixas. O alcalde fixo declaracións aos xornalistas recalcando a inversión económica e as vantaxes das melloras introducidas.
A Lei Electoral prohibe, desde a convocatoria de eleccións, a inauguración a obras públicas e a visita ás mesmas por parte das autoridades. Seguir lendo
Para votar por correo de xeito convencional (desde calquera parte de España), tes que solicitalo até o 11 de Outubro. Para iso só tes que achegarte a unha oficina de Correos, encher o impreso que alí terás ao teu dispor e acreditar a túa identidade con DNI, pasaporte ou carné de conducir. Entre o primeiro de Outubro e até o 14 recibirás no domicilio que indiques a documentación necesaria para votar. No caso de que non esteas nese domicilio Correos deixarache os papeis na oficina máis cercana. Tamén é preciso identificarse para recoller, sexa no domicilio, sexa na oficina, a documentación para votar. O último paso é emitir o voto. O elector seguirá as indicacións que se lle dean nos papeis e entregará nunha oficina de Correos o sobre no que incluirá a papeleta (ou non, no caso de votar branco) que desexe elixir. O último día para envialo é o 17 de Outubro.
Todo o proceso é de balde. Lembra que unha vez solicites votar por correo, non poderás facelo na mesa presencialmente o día das votacións aínda que non emitiras finalmente o voto por correo.
Aínda que as grandes cooperativas do Salnés anunciaran nos últimos días que as condicións facían previsible comezar a vendima a partires do Luns que vén no Condado e no Rosal e logo na nosa comarca, as últimas predicións de choivas poderían retrasar o comezo dos traballos. Haberá que ver, pois, se o sol se mantén no ceo ou as posibilidades de choiva se materializan ao longo dos vindeiros días.
A tristísima nova do pasamento de Rafael Blanco Guerreiro coñeceuse onte á tarde. O socialista tomara o relevo logo da demisión de Domingo Tabuyo tralas pasadas eleccións, e estaba a traballar arreo no seo do Concello e da comarca (era coordinador do PSOE a nivel Salnés). Ademais, estaba implicado na asociación de motos vellas do Salnés. Traballaba no Concello de Caldas, era natural de Ferrol e residente en Cambados dende que casara había anos. Tiña 45 e deixa unha filla pequena.
O Concello de Cambados decretou dous días de loito e mañá Xoves ás 14.30 terá lugar un pleno extraordinario.
O máis sincero pésame aos achegados, compañeiros, amigos e sobre todo, á familia.
Actualización 20/9 ás 13 horas. Artigo “In memoriam” de Domingo Tabuyo.
Actualización 21/9. Artigo “In memoriam” de Adrián Rodríguez no Diario de Pontevedra.
Alguén dixo nunha ocasión que “O nivel de avance dunha sociedade pode medirse na forma na que esta trata ós seus animais”.
Se me deixades quería falarvos dun amigo, un amigo que ven acompañando ao ser humano dende fai miles de anos, sendo uns dos primeiros animais que ó home domesticou e que non é outro que o can.
Falar do home e do can e falar dunha relación coma hai poucas na natureza entre dous animais de distinta especie; é falar dunha relación de amizade, de fidelidade, de amor, dun cariño que todos os que tedes cans entenderedes a que me estou referindo.
Os cans prestan servizos esenciais como son ó de guías de persoas cegas, en caso de desastres naturais son a mellor ferramenta para atopar superviventes entre os escombros, tamén son esenciais na loita contra o narcotráfico ao localizar alixos; foi un can (a cadela Laika), na carreira espacial, o primeiro ser vivo terrestre en orbitar arredor da terra (o cal custoulle a vida); tamén utilízanse, os cans, en terapias de estimulación en persoas con autismo e incluso, hai estudios psicolóxicos que demostran que, en persoas depresivas, o feito de ter mascotas como cans, reduce significativamente o intento de suicidio, debido a mutua relación de dependencia afectiva existente entre ambos.
Cóntovos todo isto en relación á canceira de Meis que está a xestionar á Deputación de Pontevedra do señor Louzán e que, como din as protectoras de animais, se está pensada para uns 500 cans aproximadamente e si se calcula que en toda á provincia son mais de 2000 os animais destinados a ela, temen, loxicamente, por un exterminio indiscriminado dos mesmos.
Segun diversos medios nunha reunión celebrada entre Louzán e ás asociacións protectoras, o presidente da Deputación espetoulles : “A mi los perros me la sudan”, é lóxico, coñecendo o personaxe en cuestión, o amor e o cariño á raza canina non representan ningún dos valores polos que se move , o que é seguro e que si mañá os cans cagasen pepitas de ouro (perdón pola expresión), Louzán converteríase no seu mais acérrimo defensor, non vos estrañe que adaptaría esas pousadas tan fashion que está facendo (e que tanto custan a tódolos pontevedreses) para adaptalas a tan nobles animais.
Aínda que sendo xuntos a Louzán gústanlle moito os animais; en concreto dous tipos, por un lado, os touros, sobre todo, para ir a velos na praza de Pontevedra durante as festas da Peregrina, e poder sentarse ao carón de Rajoy (outro gran amante dos animais) e ver como o van facendo sufrir,matándoo pouco a pouco…… puro arte e cultura (perdón polo sarcasmo); o outro tipo de animais que lle gusta a Louzán son ós de mar (pero non pensedes en delfíns, Louzán non é tan sensiblero) mais concretamente ós que se poden comer acompañados cunha botella de albariño : nécoras, centolas, lumbrigantes etc. …distes animais o noso querido presidente de seguro que, tamén, é un gran defensor.
Quero destacar a formidable labor que o refuxio de animais de Cambados con Olga Costa á cabeza leva a cabo, fago extensible esta felicitación a tódolos refuxios que como o do noso pobo están en contra do exterminio irracional de cans e, convidarvos, a manifestación que o venres dia 21 de setembro terá lugar en Pontevedra, eu por razóns obvias non poderei asistir pero todo meu animo e apoio a tan nobre causa.
Para finalizar, quero contarvos unha anécdota particular (algo que xa empeza a facerse habitual), o pouco tempo de adquirir a miña casa actual, e sobre todo, a raíz dunha oleada de roubos e asaltos a chalets que houbo por esa época en moitas urbanizacións de Barcelona e Catalunya (incluída a miña) por bandas, decidín adoptar un can, para elo acudín a un refuxio de animais ( como o de Cambados), é incrible á intelixencia destes animais, en canto me viron, todos empezaron a ladrar para chamar a miña atención, pois saben que cando entra un descoñecido era para levarse a un deles, finalmente optei por unha preciosa cadela, pastora alemán e pódovos garantir que non hai animais mais agradecidos sempre que chego a casa están esperando no xardín, a veces simplemente para recibir unha caricia, unha palmada no lombo, digo están, porque, posteriormente, tamén recollín un can, (outro pastor alemán), e dende logo para os meus fillos , como para á miña muller e mais eu son dous membros mais da familia e, dende logo é o mellor sistema de alarma (pode dar fe de elo o pobre do meu carteiro).
Feitos como este da canceira retratan un pouco mais que tipo de persoa e o Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, e só podo dicir que canto mais coñezo a Rafael Louzán mais amo ós meus cans. UN SALUDO A TODOS
Ricardo Domínguez Rey.
Este xoves 20 de Setembro ás 20.30 horas no Salón de Peña en Cambados, o BNG celebra un acto político no cal participará o seu candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Francisco Jorquera. Ademais del, intervirán o voceiro municipal Víctor Caamaño e a candidata Montse Prado. O lema dos nacionalistas para esta precampaña é “En Bloque podemos!” e estase a centrar na defensa da soberanía e da xustiza social. Até agora o candidato está elixindo un formato desenfadado, de pequenas xuntazas nos Concellos, para facer chegar a súa mensaxe e darse a coñecer.
“Chon é un cabrón”, “Xaquín esta tolo”, “Charlín e un maleducado”….cando fai uns meses empecei a colaborar no blog “A ti, meu Cambados” algúns mostraban a súa estrañeza pois non entendían que vertese a miñas opinións nun medio, para algúns, tan particular.
Dende logo non serei eu quen critique a liña editorial dese ni de ningún outro medio, Xaquín Charlín (como responsable de dito blog) está no seu lexítimo dereito de dar informacións, de expresar as súas opinións como considere oportuno dende a liberdade de expresión, co o seu estilo, as súas formas pero, dende logo, son tan respetables coma as de calquera outro. Fai unhas semanas falaba cunha amiga periodista, moi boa por certo (e lectora dese blog), e me comentaba que Xaquín peca de faltón, que a veces recurre nas súas ilustracións a imaxes demasiado ferintes ou de dudoso gusto, opinión coa que moita xente estará dacordo pero que, que en ocasións, é un recurso periodístico mais; e que , por exemplo, utilizaron publicacións míticas como “El Papus”, revista, xa desaparecida, de finales do franquismo (e que en 1977 sufriu un atentado terrorista da extrema dereita) ou, mais, recentemente “El Jueves” a cal, afortunadamente, segue publicándose.
O que está claro é que, polo numero de entradas e visitas, dito blog é moi seguido xa sexa para criticar o seu autor, por curiosidade, por coñecer o seu punto de vista ou simplemente por coincidir co que aquí se fala e se comenta.
Resalto todo isto porque do que non teño a mais mínima duda é de que Xoaquín Charlín González, con todo o que poida ser, do que todo o que se lle poida chamar, repito, non dubido en absoluto, que, no momento en que entra no salón de plenos do concello, en calidade de membro da oposición, sabe gardar as formas, e a súa actitude é a que corresponde ao cargo que ostenta; ten a responsabilidade de representar a xente que o avalou co seu voto e lle dou a súa confianza; todo isto é extensible a Víctor Caamaño Rivas e María Xosé Cacabelos Domínguez do BNG e a Rafael Blanco Guerreiro, Fátima Abal Roma e a Lucas Vieites Fariña do PSOE, destaco os nomes destes homes e mulleres porque, persoalmente, teñen todo o meu ríspeto e admiración, pois, hoxe por hoxe é moi complicado realizar a función que veñen realizando como oposición no concello de Cambados, tendo que aguantar a mala educación, os atropelos e os improperios do alcalde e os seus esbirros.
A última mostra de todo isto foi o pleno do 30 de agosto, no que se tratou as contas municipais, non só polo famoso “¡non me jodas Víctor!” no que demostra o alcalde que non ríspeta nin a institución nin o cargo que ostenta senón pola actitude mostrada ao largo do pleno tanto por Aragunde como polo resto dos seus concelleiros.
Nunca ocasión díxome un político,agora medio retirado, que uns dos cargos mais reconfortantes, mais bonitos que pode haber no eido da política é o de alcalde, non pola súa relevancia (salvo que o sexas de Madrid, Barcelona ou algunhas das grandes capitais) senón porque é un cargo no que te escolleron os teus veciños, os teus concidadáns, xente que en moitos casos veuche nacer e crecer, e porque rexerás o goberno do pobo no que te criaches e no que vives; Luís Aragunde é un dos peores alcaldes da historia de Cambados, non teño a menor dubida, minte ( ¿queda alguén que dubide de que idea da estatua de Fraga partiu do concello?), é parcial, subxectivo, antepón os seus intereses persoais e os do seu partido aos de todo un pobo, goberna de forma caciquil e déspota, coa súa actitude nos plenos ademais de faltarlle ó ríspeto os membros da oposición como persoas, fáltalle o ríspeto a toda a xente que votou por esas formacións políticas, igualmente, fáltalle ó ríspeto a xente do PP que lle dou o seu voto e que con esta actitude non esta respondendo á confianza dada; o problema non é que non teña aptitudes ou as capacidades intelectuais necesarias; para ser alcalde dun pobo como Cambados non hai que ser licenciado en ciencias políticas, é tan sinxelo como procurar gobernar para tódolos veciños, por igual e aplicando un criterio correcto para cada decisión.
O problema do alcalde de Cambados é , simplemente, que é un lacaio, só obedece a voz do seu amo que non é outro que Tourís que é realmente quen segue a gobernar en Cambados na distancia ¿acaso alguén o dubida?, Aragunde soamente está agardarlle ó sillón, non ten criterio nin discurso e segue a ser o que sempre foi o chico dos recados de Tourís e que aínda hoxe estase a preguntar como chegou a alcalde; dende logo, nin o personaxe podía chegar tan alto nin o cargo caer tan baixo.
O alcalde de Cambados (e os seus servos) coa súa actitude fáltanlle o ríspeto a todo un pobo, pensan que o concello é a súa finca particular (o tema do Pinal da Maza é bo exemplo de elo) a a súa actitude nos plenos e un reflexo mais desa forma de facer política.
En canto a resposta que o alcalde lle dou o grupo socialista dicíndolle que o escrito que presentaron tiña faltas de ortografías é a resposta mais clara que pode dar un mediocre, aínda que iso fose certo, que non o sei ¿acaso as supostas faltas de ortografía réstanlle contido ó escrito? ¿desvirtúan o que alí se está formulando? ; repito, é a resposta dun mediocre que como non ten que contestar ou non pode rebater o que lle están expoñendo intenta desviar o tema a un simple formulismo e demostra a catadura moral de quen está a gobernar Cambados; dende logo, entre a capacidade linguistica de Aragunde e a facilidade de Rosa Oubiña para citar ós clásicos, poderiamos cubrir os sillas vacias da “Real Academia da Lengua”.
En canto a resposta que dou Euloxio Pomares dos xubilados que cobraban 150.000 euros, dende o experiencia que me da coñecer a esta persoa dende fai 37 anos e sabendo que non o fixo dende o cinismo,pois eu sempre o tiven por unha persoa cabal (e salvo que cambiase moito dende a última vez que falamos) quero pensar que a resposta foi fruto do nerviosismo pois estou seguro que el sabe tan ben coma min que non hai pensións públicas desas cuantias (e que por desgraza, en moitos casos, son mais ben todo o contrario, é dicir, escasas ).
Tamén falouse no pleno do 30 de agosto do suposto éxito da etapa Cambados / Pontevedra da vuelta ciclista a España do dia anterior, que non dubido que levase xente as rúas de Cambados pero da suposta promoción e repercusión que o pobo tería na televisión podo dicir que foi nula por moito que digan Aragunde, Louzán ou Tourís, para elo baséome en datos, facilmente comprobables:
A audiencia desa retransmisión foi de 1.553.000 espectadores con un share do 13 %, que para o que non este familiarizado con audiencias televisivas, direille que é un resultado moi pobre ( a outra retransmisión deportiva dese dia da primeira de Televisión Española acadou 9.000.000 espectadores e un 53% de share), como anécdota comentar que o programa mais visto a hora que se retransmitía a volta era “Sálvame” en Telecinco con 1.837.000 espectadores e un share do 17 % polo que eu aconséllolle a Aragunde, á luz destes datos , que se quere promocionar Cambados, se invente un “affaire” con Belén Esteban; podería saír en Telecinco amosando lugares do noso pobo; por exemplo frente a Torre de San Saturniño podía dicir, mirando compunxido á cámara: “aquí xureille amor eterno a Belén”, na plaza de Alfredo Brañas, sentado na terraza da “A Leria” comentaría: “aquí Belén e eu compartimos unha botella de albariño” ou na plaza de Fefiñans podería dicir: “aquí díxenlle a Belén que era tan fermosa como este pazo” podo garantizar que saldría mais barato, a deputación non se gastaría 150.000 euros para nada e seria mais promoción para Cambados, creo que xa está tardando en facer dona do Albariño a ex de Jesulin.
Por certo, unha dubida que se me ven a cabeza xa que falamos do “Serenísimo Capitulo dos Cabaleiros do Albariño” se finalmente Jaume Matas, é condenado a ingresar en prisión pola sentencia recurrida ou por algunha das mais de 15 causas pendentes de xulgar, preguntome se lle quitaran o titulo de Cabaleiro do Albariño pois non creo que quede ben que o nobre nome do noso pobo e do noso viño quede mesturado con un delicuente e, mais, pola categoría de delitos cometidos; menos mal que os nosos políticos do PP en Pontevedra, non son coma este suxeto, todo o contrario son honradísimos señores que viven do seu soldo e non confunden a súa actividade pública con negocios privados (deixémolo aí).
Quería acabar cunha anécdota persoal para que vexades que hai outras formas de facer as cousas, como xa vos contei eu vivo en Catalunya, nun pobo similar en tamaño e poboación a meu amado Cambados, non é tan bonito pero fanse as cousas medianamente ben, para o que teña curiosidade chamase Llissa de Munt e para que vexades que non todos os políticos do PP son iguales, neste pobo goberna en coalición PSOE e PP, pois resulta que fai uns anos este concello quixo facerlle unha homenaxe a un dos seus veciños ilustres como é Francisco Ibáñez, quizais, o nome en si non vos diga nada pero si vos digo que é o creador de personaxes tan famosos como Mortadelo e Filemón, Rompetechos, el botones Sacarino e un largo etc. mais de un recordará capítulos da súa infancia (coma min) e que a dia de hoxe aínda continua ó pe do cañón, facendo pasar ratos agradables a moitos nenos (como ó meu fillo maior) pois como dicía, o concello para homenaxealo decidiu dedicarlle un parque infantil, cabe dicir que non ó fixo a escondidas ni atribúolle a súa auditoría a ningún suposto sector, todo o contrario, o publicitou con suficiente antelación para que a xente fixese chegar as súas suxerencias, opinións etc. solo dicir que Don Francisco, hoxe en dia, ten en este pobo un parque dedicado mentras que penso en toda á película (cómica) que Aragunde fixo no meu Cambados a conta da estatua a ese falso demócrata que foi Manuel Fraga Iribarne.
Por certo ¿entearémonos algún dia canto custou realmente a estatua de Fraga? ou quedara baixo o segredo de sumario a que nos ten acostumado o ilustrísimo Sr. Alcalde Aragunde.
Sin mais saludos a todos
Ricardo Domínguez Rey.
“Plataforma contra a masacre de cans en Pontevedra”. Con este contundente nome a maioría de asociacións protectoras de animais se unen para tentar botar abaixo os plans da Deputación de Pontevedra en relación ao centro provincial de recollida de cans. Esta loita comezou precisamente en Cambados, da man da responsable do Refuxio Olga Costa, que leva meses protestando contra o que considera ilegal e inmoral. O vindeiro 21 de Setembro ás 21 horas a Plataforma convoca aos cidadáns interesados a manifestarse fronte a Deputación (Montero Ríos s/n). Seguir lendo