//
arquivo

Archive for

Volverán a incumprir Louzán, Aragunde e Tourís a Lei Electoral na campaña de Outubro?


Hai motivos para pensar que si, dada a experiencia de 2011. Durante o ano pasado houbo dúas campañas electorais, a das municipais en Maio e a das xerais en Novembro. O Partido Popular incumpriu en Cambados até en catro ocasións unha das normas que fixa a Lei Electoral, concretamente a que no seu artigo 50 prohibe aos gobernos “calquera inauguración de obras ou servizos públicos ou proxectos destes”, así como visitas ás mesmas. Isto, ademais, será tamén aplicable ás eleccións autonómicas. A continuación se enumeran as veces que os cargos do PP incumpriron en 2011 esta medida: Seguir lendo

Ignacio Trigo do Cangas e Diego Cores do Cambados fanse co Torneo do Albariño de Tenis 2012


O Club de Tenis de Cambados vén de rematar o seu Torneo do Albariño con moi boa participación de xogadores de toda Galiza, aos que agradecen a súa asistencia. Na categoría absoluta, Ignacio Trigo do CT Cangas foi o campión, e o cambadés Carlos Prado proclamouse subcampión. En Sub-12 foi Diego Cores (CT Cambados) o vencedor, quedando na segunda posición o seu compañeiro de equipo Pablo Reboeiras. Desde o Club de Tenis de Cambados agradecen ao Concello o seu patrocinio. Lembrar que as categorías sub-16 e +35 anos aínda non foron disputadas. O prazo de inscrición segue aberto e os partidos terán lugar 14 e 15 de Setembro. Seguir lendo

Nas redes sociais

Setembro 2012
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.