Informa hoxe La Voz de Arousa na súa edición en papel que dous veciños de Oubiña, Montse Prado e Duarte Correa, foron propostos pola asemblea do BNG do Salnés no proceso de confección de candidaturas. O martes pola noite os militantes da comarca tiñan unha reunión para propoñerlle á dirección candidatos para as listas de Pontevedra. Desa xuntanza saíron seis nomes; os dous xa citados, relacionados con Cambados, e o do responsábel comarcal Xoán Allegue, a responsábel de Vilagarcía Rosa Abuín, a concelleira en Sanxenxo Sandra Fernández, e Victoria Canoura polo Grove. O vindeiro xoves a asemblea comarcal reunirase de novo para avaliar a proposta que lles veña da Executiva. Montse Prado é na actualidade Secretaria de Organización do BNG, ocupando o posto número 3 no organigrama interno do Bloque; Duarte Correa pola súa parte foi responsábel comarcal no Salnés e candidato a deputado nas Cortes o pasado Novembro.
A COALICIÓN ANOVA-EU, A NOVIDADE PARA O 21-O
Pola súa banda, é xa coñecido que Esquerda Unida e Anova (a recente formación liderada por Xosé Manuel Beiras) teñen practicamente pechado un acordo electoral, que xa se denomina oficiosamente como “Syriza Galega”. Trátase dunha fronte ampla de esquerdas, nun momento de “emerxencia nacional”. Outras formacións minoritarias debaten se entrar a formar parte deste proxecto. Como exemplo, Equo en Galiza xa manifestou a súa intención de sumarse. Compromiso por Galicia atópase tamén nun proceso de debate arredor desta cuestión.
Esta coalición, que ten expectativas de entrar no Parlamento Galego, faría seguramente que as listas que aprobara EU para concorrer en solitario teñan que ser modificadas. A ese respecto, Juan Fajardo, concelleiro en Vilagarcía, estaba designado como cabeza de lista en Pontevedra. Haberá que agardar á semana que vén para ver como se confeccionan as novas listas, que agora darán entrada tamén a membros de Anova. Na comarca, destaca o ex concelleiro nacionalista de Ribadumia, Ramón Mouriño.
“Magnífica unión de dúas águias”: eu aínda non teño claro o sentido do meu voto (é persoal e indelegable) porén, en verbas de Jorquera, reflicte que tomaron coñecemento dos erros do anterior Goberno, e están dispostos a escoitar e adeprender do pasado. Impresiona escoitar esta declaración dun Político en activo, de verdade, asemade teñen na súa maior parte unha soberbia atroz. Sorte a candidatura do BNG.
Saúdos
E sorte tamén a Syriza Galega do meu compañeiro e amigo Juán Fajardo, e do meu mestre Xosé Manuel Beiras, do que adeprendín a realidade social e económica do noso país. Os seus ensaios teñen vixencia, porén é un estadista e sería un bó xestor; penso que a idade non é unha eiva, tendo en conta que a xente nova coma Aragunde, Tourís, Feijoó son MEDIANÍAS … non podo crer o que leo cando Luis chama a atención a oposición polos seus erros gramaticais … de min burlouse tamén en pleno exame decindo “que este non sabe nin facer unha tabla” … sendo membro do Tribunal … endexamáis pedirá perdón porén ten unha capcidade enorme para gardar rencor .. iso que me din de que é unha boa persona será cos seus, agora que estou disposto a aceitar as súas desculpas … na vida todos somos capaces de xulgar e analizar aos demáis, asemade o realmente difícil é perdoar … (“Devolve ben por mal, non mal por mal”- Romanos 11)
P.d: ten confesións na parroquia co Pai Aldao Luis Aragunde (xa sei que na Biblia di que só hai un pai, que é o que está no ceo) asemade para min Don José é unha persona prósima, cercana, e boa persona: non se burla de ninguén coma Luis … burlarse da falla de cultura ou educación dos demáis é algo noxento. Qué políticos …
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/elecciones-gallegas-2012/2012/09/08/regreso-beiras/0003_201209G8P14993.htm
Persoalmente o regreso de Beiras vexo xa fora de lugar, ainda que esta no seu dereito. Igual que veria fora de lugar que volvese Gonzalez e Aznar. Penso que esta xente xa son o pasado. E agora hai sabia nova, sobre todo no nacionalismo galego, que hai moita xuventude e ben preparada. Ainda que seguramente o parlamento galego quedara mais o menos como esta.
María … saraiba é o que non hai … a pouco que leras, te decatarías de que o que temos no PARLAMENTO DESAPARECE NA SÚA MEIRANDE PARTE …. hai un cambio (non troco) radical segundo as enquisas, porén Feijoó mentiunos de xeito descarado a tódolos Galegos. Disque precisa 4 anos máis, e que veñen os Comunistas a facer de Galiza unha nova Rusia. Por Deus, que noxo da o Partido Popular … agora resulta que sabendo que nas cidades perderán por goleada, pensan que poden manipular á xente de idade no interior coma antes, decindo barbaridades e metendo o medo no corpo ante a chegada doutra “resma” de Stalin … por Deus: colle calquera xornal, libro, e te decatarás de que ese sistema non é válido: que en CUBA viven de puta madre o Raúl Castro e a súa pléiade de estrelas do poliburó, namentras o pobo está esfameado … que en Corea do Norte por moita bomba atómica que posúen, non teñen nin para leite os nenos, e que o único que resiste é China grazas aos seus recursos naturais, e unha poboación que sofre una tiranía encuberta … que resulta que ANOVA, BNG e PSG van a instaurar o terror ??? ja, ja, ja, Alberto, vaite para a túa casa, que non tes coñecemento do mundo onde vives … que xa non estamos no século XX …
Saúdos.
Mira que non terá o Beiras defectos-eso si,non gosta de Luis Mariano e flores Imperiales-para dicir que a súa idade é considerable mesmo diria que unha obviedade,logo pódese dicir que Beiras é un continuísta?que sempre está no seu mundo pechado?que non aporta nada novidoso ao eleitorado?se ollas maria para ese nacionalismo NOVO?refíreste ao do BNG?coa proposta de Montse e Duarte?plural?non deixo de me ruborizar,vivan os Vellos que como os grandes roqueiros nunca morren e o vello-como lle chamamos en ANOVA-dará a sua última batalla pero estou convencido que será a penúltima
Perdoa Oscar, pero ler si leo. Ainda que non tonterias como as que describes no anterior comentario. Prefiro ler literatura que se aprende mais. E que os libros teñan mais de 700 paxinas.
Por certo, non creo que se viva tan ben en Cuba cando os cubanos, que poden e teñen oportunidade, prefiren botarse o oceano e afogar intentando alcanzar territorio enemigo. Os do territorio enemigo cando viaxan a Cuba de puterio, fanno en primeira clase. Algo que tamen me indigna. Gustariame que non tivera que ser asi. Viva Cuba libre, libre de americanos e de Castros.
E corto que me vou do tema.
Pos imaxino que queres o mesmo para Galiza María: que se vaia Alberto, e en España, Mariano: non sí ??? Non hai diferenza algunha do que está a pasar o pobo Cubano, que o pobo Galego…. ámbolos dous estamos sometidos …. tan só cambian os matices.
Saúdos
http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/menu.do?Informacion:Campanas:378212
Como diria Luis Aragunde; non me jodas Oscar. Para empezar e acabar, o proximo otono os galegos temos o privilexio de “elexir democraticamente o noso presidente”.
E proximamente tal como vai esto en España tamen. ¿Dende cando os cubanos non teñen este privilexio? Por idade nin ti nin eu que son algo maior que ti acordamos tal cousa. Creo que os matices estan ben diferenciados. E o que non queira velo e que necesita gafas ou unha operacion ocular urxente. Ainda asi respeto a tua opinion.
Teño que recoñecer o taxante da miña afirmación, desculpa María se te ofendín. Porén o 21-O a democracia de No me Jodas Óscar – Aragunde, fará que non haia un só TAXI en Cambados, asemade haberá visitas a mansalva o Asilo de Ancianos, os geriátricos, os enfermos crónicos, e tamén terá o seu espazo o cemiterio, non vaia ser que haia algún votante o que non lle dean a papeleta do PP en man, ao millor ten “hipoxia” e non está morto, e poder votar a Alberto … democracia orgánica, democracia popular, se te parece que o 5% coma criba para ter representación Parlamentaria é democrático, tí mesma … foi Fraga o que ideou a lei para converter GALIZA nun trastorno bipolar con rasgos esquizoides … así estamos. O de onte en Cataluña significa que “España no va bien”.
Saúdos
Ah, e perdoa pola expresion que utilicei emulando o alcalde. Para nada me sentin ofendida. Saudos. E felicidades polo bog.
Estou totalmente de acordo contigo. E a min dame vergoña axena. Pero tamen vin sair da casa vellos coa mascara e a bombona ir a votar. E non levaban a papeleta da gaivota. Eso seguro. Con toda seguridade era a do puño e a rosa. Saquei a conclusion porque o que empuxaba o carrito iba nas listas do Psoe.Non era en Cambados. Non sei o que pasou en Cataluña, pero España xa hai uns aniños que non vai ben.
A min me acontece coma a Ramón Sampedro (Javier Bardem, en Mar Adentro): “Escoito na radio debates, porén me vai a marcha” .. ja, ja tamén gosto de ollar a ese bellezón de Fernanda Tabares en V Televisión (ten un fogonazo increíble), e por suposto leo a diario A TI MEU CAMBADOS (Chon) e CAMBADOS.TK (Óscar Pardo). O mundo é mais interesante con eles dentro, diría o meu admirado “friki” do cinema Hannibal Lecter. Se o bó do doutor Lecter ven a Cambados pode comer toda clase de “viandas”, asemade hai grandes palomas volteadoras coma tí, e non podería contigo…
Imos a lea: que o CACIQUISMO está instalado na Sociedade Cambadesa e supón un cancro difícil de curar é obvio … o meu compadre Xan Galbán nun post anterior o apuntaba de xeito maxistral, é un grande cociñeiro coma Anthony Hopkins. Qué se pode facer para erradicalo? : pedagoxía, respeto e conciencia cívica .. valores ou “mantras”, coma di Domínguez, son o único que bastión nos que apoiarse cando veñen mal dadas … Marco Aurelio falaba das 4 grandes virtudes: sabedoría, templanza, coñecimento, e valor ……
Bks María.