//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

“Alternativa Galega”, nova coalición de esquerdas entre a Anova de Beiras e Esquerda Unida


Onte a medianoite remataba o prazo para presentar coalicións electorais entre varios partidos políticos de cara ás eleccións do 21 de Outubro. A incógnita a despexar era se cristalizaba a proposta de Xosé Manuel Beiras de crear “un fronte amplo” de esquerdas para rematar coas políticas de agresión á maioría social aplicadas tanto en Galiza, como en España e Europa. Finalmente esta fórmula si terá lugar, baixo o nome de “Alternativa Galega”, baseada na unión da formación soberanista Anova e de Esquerda Unida. No último día desmarcáronse os galeguistas de centro-esquerda de Compromiso por Galicia por non sentirse incluídos no acordo, ao que se adheriron tamén na última xornada.
Na vindeira semana aclararase o programa pactado, que xirará no anti-neoliberalismo e nas políticas de esquerda e de defensa do país. Sábese que xa que o histórico Xosé Manuel Beiras encabezará a candidatura d’A Coruña, seguido da coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz.

ALTERNATIVA GALEGA NO SALNÉS

Xosé Manuel Beiras será número 1 n’A Coruña

Esta nova coalición prevé entrar con forza no panorama político galega, obtendo representación no Parlamento que podería ser clave tanto na formación de gobernos como na actividade lexislativa. N’O Salnés Anova conta con estrutura organizativa (en forma de asemblea de base), que se reunirá o vindeiro martes para avaliar os preacordos con EU e para traballar na fase de proposta de candidatos. É probable que na provincia de Pontevedra sexa Esquerda Unida quen aporte o cabeza de lista, que sería o concelleiro arousán Juan Fajardo, e que o resto da lista sexa composta por membros de ambalas dúas formacións e doutras minoritarias (como Equo) que amosan interese por estar nesta Alternativa Galega. Ademais, as asembleas de EU terán que pronunciarse a finais da semana que vén sobre os acordos acadados para que a coalición técnica sexa finalmente unha realidade e o 21 de Outubro haxa unha nova papeleta nos colexios electorais.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2012
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: