Non só as persoas que estean en Galiza durante o 21 de Outubro poden votar. E ademais do voto por correo tradicional, que permite votar á xente que estea dispersa polo territorio español, existen dúas modalidades de voto para persoas que se atopen no estranxeiro.
Para aqueles que se atopen fóra de xeito temporal (Erasmus, outros estudantes, persoas que emigraran recentemente…) existe desde 2007 a posibilidade de exercer o dereito de voto por correo desde outros Estados. Tan só teñen que solicitalo antes do 22 de Setembro na Embaixada ou Consulado. Deben acudir persoalmente con DNI ou pasaporte e realizar dous trámites: inscribirse na embaixada e solicitar ao Censo este tipo de voto. Deste xeito, nos días seguintes recibirá no seu domicilio no que reside fóra de España as papeletas para poder votar, e terá que envialas por correo certificado antes do 17 de Outubro. Tamén poden votar os residentes ausentes inscritos no censo específico (o CERA). Eles teñen tamén que solicitalo antes do 22 deste mes e o proceso é semellante aínda que existe a posibilidade de votar en urna, ademais da postal. Podes ler todos os detalles nesta web oficial. Sobre o voto por correo normal (para os que estean lonxe do fogar pero en España) falaremos nos vindeiros días xa que os prazos son máis relaxados.
Conversa
Aínda non hai comentarios.