//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

O PSOE sen representación comarcal nos postos de saída. No BNG, Montse Prado número tres por Pontevedra


PSOE e BNG van despexando as incógnitas sobre as súas listaxes electorais. No ámbito socialista, tras uns últimos días convulsos as novas revelan que por primeira vez en moitos anos a comarca arousá quedará sen representación no grupo parlamentar do PSOE. Trala renuncia de Modesto Pose a integrar a lista (Pose estaba abertamente enfrontado a Pachi Vázquez), o vilagarcían Julio Torrado foi o elixido das bases para substituílo. Porén, as listaxes sufriron cambios de orde ao chegar a Compostela e Torrado foi tirado fóra dos postos de saída. Unha decisión que, ademais de causar malestar nas agrupacións da bisbarra, deixará fóra do Parlamento a unha comarca que historicamente estivo representada.

Modesto Pose e Julio Torrado | Iñaki Abella, FdV

No lado do Bloque, a Executiva aprobou as listaxes, que agora pasarán ás comarcas para a súa aprobación pola militancia. No caso d’O Salnés, as bases xa se pronunciaran por un grupo de nomes para integrar a candidatura de Pontevedra, e finalmente será Montse Prado a elixida. Ela concorrerá no número tres da lista nacionalista, por detrás de Carlos Aymerich e Carme Adán. Montse Prado é Secretaria de Organización do Bloque e veciña de Oubiña, na anterior lexislatura fora delegada da Consellaría de Industria. Sitúase así Prado en postos de saída, xa que o BNG ten agora catro deputados e a recente enquisade La Voz dalle tres para o 21-O.

No caso da nova coalición Alternativa Galega de Esquerda integrada por Esquerda Unida e Anova, será hoxe cando os militantes de EU dean o visto e prace ao acordo programático ou non. Na nosa comarca as asembleas teñen lugar en Vilagarcía e O Grove. No caso de Anova, a asemblea comarcal celebrouse no día de onte en Barrantes e sobre a mesa estivo o estado da negociación con EU e as candidaturas para os comicios que veñen. Compromiso por Galicia, pola súa parte, insiste en que acudirá en solitario aos comicios galegos, e este venres n’O Grove hai unha presentación a cargo de Xoán Bascuas, Rafael Cuíña e Alfredo Bea na Casa de Cultura Lueiro Rey, ás 20 horas.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2012
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: