Foi alcalde de Cambados, senador en Madrid (por certo, un dos galegos menos traballadores na Cámara Alta) e agora era Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra. Hoxe Feijóo anuncia o seu cesamento, pero non, non se trata de apartalo da vida política senón de premialo e elixilo para as listaxes do PP por Pontevedra. Isto é así porque os altos cargos son inelixíbeis e polo tanto, deben cesar antes de integrar unha candidatura.
Tourís está envolto desde hai uns meses nunha forte polémica en Cambados, ao destapar o BNG unha presunta irregularidade urbanística na cal se convertiu solo forestal en viñedos (ver Pinal de Maza). Aragunde leva desde Maio sen dar resposta ao Bloque sobre este tema, moi posiblemente porque é consciente de que calquera intervención do Concello danaría as posibilidades de Tourís de continuar cun posto nalgunha instancia controlada polo Partido Popular, xa que o caso parece moi claro en detrimento de Tourís. Lembrar que o BNG ameazou até con levalo aos tribunais.
Hai unha semana preguntámonos en CTK se Tourís incumpriría outra vez a Lei Electoral como xa fixo o ano pasado, visitando obras en campaña electoral. Pois ben, desta volta non o fará simplemente porque non contará cun cargo institucional durante as semanas previas á campaña. Queda por ver se o alcalde Aragunde e Rafael Louzán serán capaces de manter o respecto á legalidade ou non. Tamén queda por ver que posto ocupará o ex alcalde na lista por Pontevedra do Partido Popular.
Tourís lle qita o posto a Rosa Oubiña … aínda que o seu noxento vaticinio de que Montse Prado ía quedar sen chope (lea do Pinal de Maza) non se cumprirá, do que me aledo porén é un comentario soez e maleducado, sen mentar o falar da familia de Montse, está fóra de lugar … e a defensa dun mediocre cando sabe que a LOUGA refire que o movimento de terras precisa Licencia. De tódolos xeitos o BNG de Cambados que saiba que se todo transcorre como viu acontecendo, ten inmunidade Parlamentaria a partir do 21-0 Tourís.
Saúdos
A “colación” de Touris na lista do PP en postos de saída é nin mais nin menos a demostración do medo que ten o PP a perder as próximas eleicións. Se non hai goberno, non hai cargo público nin super-delegado, así que mellor ir nas listas, non vaia a ser o caso e polo menos asegurar o salario de deputado.
E lamentable que o PP leve nas listas a un persoaxe que durante a súa traxectoria política tanto como alcalde como logo de delegado ten demostrado que sempre utilizou o cargo para conseguir os seus negositos… Un tipo que non dubida en atacar con insidias persoais aos seus rivais políticos, como o sempre quixo facer con Montse Prado dende o tema do monte de Oubiña. E despois Feijoo vai presumindo de candidaturas, por dios…