Un veciño de Corbillón, Lois Baúlo, avisou en repetidas ocasións ao goberno local (a Luís Aragunde en persoa) da existencia dunha especie invasora fronte ao seu domicilio. Trátase do “plumacho” arxentino, unha especie que a moitos soará porque foi usada polas administración públicas para encher rotondas e medianas nas estradas. Esta planta resultou ser moi dañina por invadir os ecosistemas propios, algo que foi denunciado por grupos ecoloxistas e recoñecido pola propia administración. O Ministerio de Medio Ambiente, por poñer un exemplo retirounas do Carreirón hai un par de anos. Baúlo, que é técnico de medioambiente, sabíao, e tras comprobar que o Concello non ía facer nada decidiu eliminalas antes de que espallasen as esporas para reproducirse. Algo que lle custará agora 80 euros, a multa que lle expediu a Policía Local por segar esta nociva planta. Info. do Faro de Vigo.
Conversa
Aínda non hai comentarios.