O BNG recibiu resposta da Axencia Galega de Protección da Legalidade Urbanística, pero non é demasiado satisfactoria xa que volve pasar a pelota ao tellado do Concello. Víctor Caamaño respondeu á Axencia que o goberno local demostrou até o momento pasividade e mesmo permisividade coa presunta infracción cometida en Maza, que salpica a un concelleiro do PP e á familia de Cores Tourís. Para Caamaño está claro que non é legal cambiar o uso do solo forestal para viñedo e que hai probas claras de que houbo movemento de terras (algo non conforme á norma). Para o BNG non é lóxico que a Axencia simplemente lle transmita ao Concello esta denuncia, porque o goberno de Aragunde leva desde Maio sen respostar sobre estas cuestións e, polo tanto, sen iniciar accións sobre o tema. Por isto, Caamaño pídelle a esta Axencia que inicie un expediente sancionador ou que polo menos se asegure de que o Concello vai facelo.
PRIVATIZACIÓN DA ESCOLA DE MÚSICA E CONSERVATORIO
O BNG presentou onte un escrito dirixido ao Alcalde para cuestionalo sobre a privatización dos servizos municipais da escola de música e conservatorio. Queren saber os nacionalistas que motivos se aducen para privatizar estes servizos, e se vai conlevar melloras nos mesmos. Tamén queren saber se o persoal e os pais e nais foron consultados sobre este cambio e cal foi a súa opinión.
Conversa
Aínda non hai comentarios.