//
estás a ler...
., Cambados

As protectoras de animais mobilízanse contra os plans da Deputación


“Plataforma contra a masacre de cans en Pontevedra”. Con este contundente nome a maioría de asociacións protectoras de animais se unen para tentar botar abaixo os plans da Deputación de Pontevedra en relación ao centro provincial de recollida de cans. Esta loita comezou precisamente en Cambados, da man da responsable do Refuxio Olga Costa, que leva meses protestando contra o que considera ilegal e inmoral. O vindeiro 21 de Setembro ás 21 horas a Plataforma convoca aos cidadáns interesados a manifestarse fronte a Deputación (Montero Ríos s/n).

Cartel da mobilización do 21 de Setembro

Os principais motivos que aducen é que a Deputación plantexa unha “recollida masiva” de animais das rúas dos municipios da provincia sen garantir as condicións dos animais, nun centro inicialmente previsto para 500 cans e onde van custodiarse 2.000 agora. Lamentan que a Deputación só contemple a posibilidade de que a concesión das novas instalacións da Armenteira se lle dea a unha “empresa” e non ás protectoras, algo que segundo eles incumpre leis autonómicas, estatais e europeas.
De momento, a Plataforma recibiu o decidido respaldo do BNG, que nunha reunión con Víctor Caamaño lles transmitiu a vontade deste grupo de levar o tema ao parlamento galego e europeo. O PSOE tamén apoia as súas reclamacións.

Relacionado

Entrevista a Olga Costa en Cambados(tk) – Febreiro 2012

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2012
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: