//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados, Galiza, Ricardo Domínguez Rey

Aragunde, GRAN exemplo (do que nunca debe ser un alcalde)


“Chon é un cabrón”, “Xaquín esta tolo”, “Charlín e un maleducado”….cando fai uns meses empecei a colaborar no blog “A ti, meu Cambados” algúns mostraban a súa estrañeza  pois non entendían que vertese a miñas opinións nun medio, para algúns, tan particular.

Dende logo non serei eu quen critique a liña editorial dese ni de ningún outro medio, Xaquín Charlín (como responsable de dito blog) está no seu lexítimo dereito de dar informacións, de  expresar as súas opinións como considere oportuno dende a liberdade de expresión, co  o seu estilo, as súas formas pero, dende logo, son tan respetables coma as de calquera outro. Fai unhas semanas falaba cunha amiga  periodista, moi boa por certo (e lectora dese blog), e me comentaba que Xaquín peca de faltón, que a veces recurre   nas súas ilustracións  a imaxes demasiado ferintes  ou de dudoso gusto, opinión coa que moita xente estará dacordo pero que, que en ocasións, é un recurso periodístico mais; e  que , por exemplo, utilizaron publicacións míticas como “El Papus”, revista, xa desaparecida, de finales do franquismo (e que en 1977 sufriu un atentado terrorista da extrema dereita) ou, mais, recentemente “El Jueves” a cal, afortunadamente, segue publicándose.

O que está claro é que, polo numero de entradas e  visitas, dito  blog é moi seguido xa sexa  para criticar o seu autor, por curiosidade, por coñecer o seu punto de vista ou simplemente por coincidir co que aquí se fala e se  comenta.

Resalto todo isto porque do que non teño a mais mínima duda é de que Xoaquín Charlín González, con todo o que poida ser, do que todo o que se lle poida chamar, repito, non dubido en absoluto, que, no momento en que entra no salón de plenos do concello, en calidade de membro da oposición, sabe gardar as formas, e a súa actitude é a que corresponde ao cargo que ostenta; ten a responsabilidade de representar a xente que o avalou co seu voto e lle dou a súa confianza; todo isto é extensible  a Víctor Caamaño Rivas e María Xosé Cacabelos Domínguez do BNG e a Rafael Blanco Guerreiro, Fátima Abal Roma e a Lucas Vieites Fariña do PSOE, destaco os nomes destes homes e mulleres porque, persoalmente, teñen todo o meu ríspeto  e admiración, pois, hoxe por hoxe é moi complicado realizar a función que veñen realizando como oposición no concello de Cambados, tendo que aguantar a mala educación, os atropelos e os improperios do alcalde e os seus esbirros.

 

 

A última mostra de todo isto foi o pleno do 30 de agosto, no que se tratou as contas municipais,  non  só  polo famoso “¡non me jodas Víctor!” no   que demostra  o alcalde que non ríspeta nin a institución nin o cargo que ostenta senón pola actitude mostrada ao largo do pleno tanto por Aragunde como polo resto dos seus concelleiros.

Nunca ocasión díxome un político,agora medio retirado,  que uns dos cargos mais reconfortantes, mais bonitos que pode haber no eido da política é o de alcalde, non pola súa relevancia (salvo que o sexas de Madrid, Barcelona ou algunhas das grandes capitais) senón porque é un  cargo no que te escolleron os teus veciños, os teus concidadáns, xente que en moitos casos veuche nacer e crecer, e porque rexerás o goberno do pobo no que te criaches e no que vives;  Luís Aragunde é un dos peores alcaldes da historia de Cambados, non teño a menor dubida, minte ( ¿queda alguén que dubide de que idea da estatua de Fraga partiu do concello?), é parcial, subxectivo, antepón os seus intereses persoais e os do seu partido aos de todo un pobo, goberna de forma caciquil e déspota, coa súa actitude nos plenos ademais de faltarlle ó ríspeto os membros da oposición como persoas, fáltalle o ríspeto a toda a xente que votou por esas formacións políticas, igualmente, fáltalle ó ríspeto a xente do PP que lle dou o seu voto e que  con esta actitude non esta  respondendo á confianza dada; o problema non é que non teña aptitudes ou as capacidades intelectuais necesarias; para ser alcalde dun pobo como Cambados non hai que ser licenciado en ciencias políticas, é tan sinxelo como procurar gobernar para tódolos veciños, por igual e aplicando un criterio correcto para cada decisión.

O problema do alcalde de Cambados é , simplemente, que é un lacaio, só obedece a voz do seu amo que non é outro que Tourís  que é realmente quen segue a gobernar en Cambados na distancia ¿acaso alguén o dubida?, Aragunde soamente está agardarlle ó sillón, non ten criterio nin discurso e segue a ser o que sempre foi o chico dos recados de Tourís e que aínda hoxe estase a preguntar como chegou a alcalde; dende logo, nin  o personaxe  podía chegar tan alto nin o cargo caer tan baixo.

O alcalde de Cambados (e os seus servos) coa súa actitude fáltanlle o ríspeto a todo un pobo, pensan que o concello é a súa finca particular (o tema do Pinal da Maza é bo exemplo de elo) a a súa actitude nos plenos e un reflexo mais desa forma de facer política.

En canto a resposta que o alcalde  lle  dou o grupo socialista dicíndolle que o escrito que presentaron tiña faltas de ortografías é a  resposta mais clara que pode dar un mediocre, aínda que iso fose certo, que non o sei ¿acaso as supostas faltas de ortografía réstanlle contido ó escrito? ¿desvirtúan o que alí se está formulando? ; repito,  é a resposta dun mediocre que como non ten que contestar ou non pode rebater o que lle están expoñendo intenta desviar o tema a un simple formulismo e demostra a catadura moral de quen está a gobernar Cambados; dende logo, entre a capacidade linguistica de Aragunde e a facilidade de Rosa Oubiña para citar ós clásicos, poderiamos cubrir os sillas vacias da “Real Academia da Lengua”.

En canto a resposta que dou  Euloxio Pomares dos  xubilados que cobraban 150.000 euros, dende o experiencia que  me da coñecer a esta persoa dende fai 37 anos e sabendo que non o fixo dende o cinismo,pois eu sempre o  tiven por unha persoa cabal (e salvo que  cambiase moito dende a última vez que falamos) quero pensar que a resposta foi  fruto do nerviosismo pois estou seguro que el sabe tan ben coma min que non hai pensións públicas desas cuantias (e que por desgraza, en moitos casos,  son mais ben  todo o contrario, é dicir, escasas ).

Tamén falouse no pleno do 30 de agosto do suposto éxito da etapa Cambados / Pontevedra  da vuelta ciclista a España do dia anterior, que non dubido que levase xente as rúas de Cambados pero da suposta promoción e repercusión que o pobo  tería na televisión podo dicir que foi nula por moito que digan Aragunde, Louzán ou Tourís, para elo baséome en datos, facilmente comprobables:

A audiencia desa retransmisión foi de 1.553.000 espectadores con un share do  13 %, que para o que non este familiarizado con audiencias televisivas, direille que é un resultado moi pobre ( a outra retransmisión deportiva dese dia da primeira de Televisión Española acadou 9.000.000 espectadores e un 53% de share),  como anécdota comentar que o programa mais visto a hora que se retransmitía  a volta era “Sálvame” en Telecinco con 1.837.000 espectadores e un share do 17 %  polo que eu aconséllolle a Aragunde, á luz destes datos , que se quere promocionar Cambados, se invente un “affaire” con Belén Esteban; podería saír  en Telecinco amosando lugares do noso pobo; por exemplo frente a Torre de San Saturniño podía dicir, mirando compunxido  á cámara: “aquí xureille amor eterno a Belén”,  na plaza de Alfredo Brañas, sentado na terraza da “A Leria” comentaría: “aquí Belén e eu  compartimos unha botella de albariño” ou na plaza de Fefiñans podería dicir: “aquí díxenlle a Belén que era tan fermosa como este pazo” podo garantizar que saldría mais barato, a deputación non se gastaría 150.000 euros para nada  e seria mais promoción para Cambados,  creo que xa está tardando en facer dona do Albariño a ex de Jesulin.

Por certo, unha dubida que se me ven a cabeza xa que falamos do “Serenísimo Capitulo dos Cabaleiros do Albariño” se finalmente Jaume Matas, é condenado a ingresar en prisión pola sentencia recurrida ou por algunha das mais de 15 causas pendentes de xulgar, preguntome se lle quitaran o titulo de Cabaleiro do Albariño pois non creo que quede ben que o  nobre nome do noso pobo e do noso viño quede mesturado con un delicuente e, mais,  pola categoría de delitos cometidos; menos mal que os nosos políticos do PP en Pontevedra, non son coma este suxeto, todo o contrario son honradísimos señores que viven do seu soldo e non  confunden a súa actividade pública con negocios privados (deixémolo aí).

Quería acabar cunha anécdota persoal para que vexades que hai outras formas  de facer as cousas, como xa vos contei eu vivo en Catalunya, nun pobo similar en tamaño e poboación a meu amado Cambados, non é tan bonito pero fanse as cousas medianamente ben, para o que teña curiosidade chamase Llissa de Munt e para que vexades que non todos os políticos do PP son iguales, neste pobo goberna en coalición PSOE e PP, pois resulta que fai uns anos este concello quixo facerlle unha homenaxe a un dos seus veciños ilustres como é Francisco Ibáñez, quizais, o nome en si non vos diga nada pero si vos digo que é o creador de personaxes tan famosos como Mortadelo e Filemón, Rompetechos, el botones Sacarino e un largo etc.  mais de un  recordará capítulos da súa infancia (coma min) e que a dia de hoxe aínda continua ó pe do cañón, facendo pasar ratos agradables a moitos nenos (como ó meu fillo maior) pois como dicía, o concello para homenaxealo decidiu dedicarlle un parque infantil, cabe dicir que non ó fixo a escondidas ni atribúolle a súa auditoría a ningún suposto sector, todo o contrario,  o publicitou  con suficiente antelación para que a xente fixese chegar as súas suxerencias, opinións etc. solo  dicir que Don Francisco, hoxe en dia, ten en este pobo un parque  dedicado mentras que penso en toda á película (cómica) que Aragunde fixo no meu Cambados a conta da estatua a ese falso demócrata que foi Manuel Fraga Iribarne.

Por certo ¿entearémonos algún dia canto custou realmente a estatua de Fraga? ou quedara baixo o segredo de sumario  a que nos ten acostumado o ilustrísimo Sr. Alcalde Aragunde.

 

Sin mais saludos a todos

Ricardo Domínguez Rey. 

Conversa

13 thoughts on “Aragunde, GRAN exemplo (do que nunca debe ser un alcalde)

  1. Aragunde non é Ilustrísima, Ricardo, é Sr.Alcalde Presidente do Concello de Cambados … ese alcume vai adicado aos Alcaldes de Municipios de Gran Poboación e aos Vicepresidentes da Deputacións. Unha vez aclarado o asunto, decir que Luis está aí porén a xente votouno por aclamación. E lle restan tres anos … podemos subir a unha ábore coma en ARMARCORD (Fellini) e berrar “quero unha muller” ou “non quero a Luis coma Alcalde”, que iso é algo que non se pode trocar (intercambiar), ja, ja, ja.

    Con solución de continuidade decirte Ricardo que os que arrodean a Luis non son “esbirros”, iso é de mala educación, son os seus subordinados, e il o seu superior. E están con il porque lles peta. Un pouco de tino, Rey. Outra cousa é que a oposición se queixe, se opoña, e o seu cometido…e que os veciños de Cambados coma min fagamos uso da liberdade de espresión, non de mala educación, estamos tamén no noso dereito.
    Aclaradas as dúas cousas direite que aínda que os demáis empreguen uns métodos que rozan o que podemos denominar “exótico”, temos que diferenciarnos de iles, se non non amañamos nada. Imos a lea, que tocas moitos “paus”:

    1) CHON E O SEU BLOG: o leo a diario, porén coma veciño da vila nel se espresa e relata cantidade de cousas que o goberno Municipal oculta, coma fai cos expedentes do Pinal de Maza, coma as peleas entre Funcionarios, coma todo en xeral: é unha práctica habitual da dereita, a min no me sorprende en absoluto .. o secretismo e oscurantismo … tanto que temos un Presidente do Goberno de España “de despacho”, que aparece e facilita información pública cando lle da a real gana. Onte pensaba que os focos ían estar riba de Esperanza Aguirre, porén é a primeira en desaloxar o barco que se afunde (por algo Alberto Núñez Feijoó rexeitou ser Ministro)… pos ERREI: Tele Salnés tivo coma invitado a Xaquín no espazo CONTRASTES, e nada que ver a personaxe que interpreta no seu Blog, que a persona prósima, tolerante e directa que puido ollar todo o mundo. Quen queira PROBAS que sintonice o TV hoxe martes ás 14:30 horas, ou o domingo ás 17:30 …o botan en diferido ….

    2) Que Luis é un dos piores Alcaldes da vila é certo …( o pior foi Tourís por goledada ) porén lle falta preparación … a súa presentación e o seu aval de cara aos veciños foi ser un home bó e xeneroso, traballador e humilde ….. asemade o PODER corrompe, e Luis non ía ser unha excepción. Hai xente coa intelixencia política (Luis foi coma min o UNI, o único Instituto que había na nosa vila de aquela, e ten os seus puntos fortes e os seus débiles, coma tí) para tentar disfrazar esa realidade (xeneralizando, ollo) unha vez se relaxa e volta ao seu estado natural … eu non xulgo a Luis coma persona se non como Político, e é un segredo a voces incluso no seu propio partido, de que se voltou altivo, lonxano e pouco dialogante, coma vai a ser entón nos Plenos cando ten a oposición diante … está triste coma Cristiano Ronaldo ??? non será que pasado un ano das eleicións xa baixou da nube e olla a realidade durísima que estamos TODOS a vivir e non ten solucións a corto plazo ??? a min me falta información, pola forma de gobernar da dereita, e porque non convivo con il … asemade me fai graza que a xente poña argumentos enriba da mesa coma que “recibe a todo o mundo” .. home, non é un toxo coma Tourís, só faltaría que cobrando 5.000 euros ao mes máis dietas, non o fixera. Hai 1.700 parados que lles gostaría estar no seu lugar.

    Saúdos.

    Posted by oscarman | 18/09/2012, 12:50 pm
    • Apreciado Oscarman: ante todo quero agradecerte os teus comentarios, non só, no que respondes ao meu artigo senón tamén ás réplicas que lle fas a os demais, debo dicir que coincido en case todo contigo, eu, coma ti, solo critico o Luís Aragunde político, non teño nada contra a persoa, é mais pódoche dicir que antes de meterse a alcalde e incluso nos seus comezos como rexedor tiña boa relación con él e coa súa muller pois os coñezo dende tempos do BUP, e penso, tamén que o poder o a cambiado (a peor).

      Como che dicía coincido en case todo contigo pero quero aclararte un par de detalles que comentas, e nos que non coincidimos. O dicionario, na súa primeira acepción define “esbirro” como: ¨”persona contratada por otra persona para realizar abusos o atropellos” como definirías ti a persoas como os concelleiros do PP que van ós plenos só por cobrar as dietas de asistencia e se dedican a abusar da paciencia dos membros da oposición ao atropelar as súas intervencións lanzando bicos ó aire, botando risas, mostrando desprezo ó xogar co móbil ou levantarse no medio dunha intervención para saír a fumar, créeme Óscar, non é mala educación, pensei moi ben a palabra coa que quería definilos, actúan como auténticos esbirros; eles son os que mostran mala educación.

      Tamén corríxesme o de “Ilustrísima” pódoche dicir que non é un erro púxeno a posta (dudei entre esa expresión e a de “excelencia”) e penso que polo carácter do artigo vese claramente que o fago con un tono sarcástico para destacar como o cargo xe lle a subido á cabeza.
      En canto o ranking do peor alcalde de Cambados coincido en parte contigo que podo ser Tourís pero ¡¡¡¡ é que Aragunde a cometido tódolos pecados que cometeu Tourís en moito menos tempo!!!! de ahÍ que eu lle dea tan dudoso honor a Aragunde.

      En canto a Chon teño que dicirte que eu discrepo en moitos puntos con él (como él discrepará comigo en outros) pero el expresa a súa opinión (como os demais expresamos a nosa dende unha forma totalmente libre), como xa dixen nunha ocasión farían falta moitos Chons (e moitos Óscar Pardos) en Cambados, pero ti sabes tan ben coma min que en Cambados moita xente ten medo a expresar o que pensa por medo a esa xente, e Chon (como Óscar) son a súa voz.

      Tamén dis que Aragunde esta ahi por aclamación, mais que por aclamación, porque a maquinaria do PP en Cambados está moi ben engraxada, como dixen nun artigo aínda que puxesen un burro dos de catro patas, botarían a gañar, polo que o mérito de Aragunde e relativo; teñen moitas voluntades compradas : se o PP houbese enchufado no concello aos meus irmáns o ao meu pai, xa podía ser eu mais de esquerdas que Karl Marx, que votaría ó PP para ¨garantizar que eses familiares meus seguisen mamando da teta pública, si a iso lle sumas manobras de dudoso gusto (invítoche a que nas próximas eleccións te achegues ó asilo e mires quen se encarga de transportar os nacíanos a votar) veras que non é tanta a aclamación por Aragunde.

      No demais practicamente coincido a un cen por cen contigo, aproxímaste moito mais ti á realidade ó afirmar que Aragunde cobra 5,000 euros pois iso é o que lle custa ao concello, mes tras mes, (parte do que se lle desconta en concepto de IRPF, recupérano na corresponde declaración) aparte de dietas, pluses e gastos de representación que causan pánico ( ao alcalde tendría que caérselle a cara de vergoña ó presentar uns gastos de comida en catro meses de mais de 8.000 euros).
      Agradézoche ás túas observacións, reconfórtame saber que me lee xente con tanto espírito crítico, invítoche ( e penso que falo en nome de Óscar e Chon) a participar en “Cambados.tk” e “En a ti meu Cambados” como facemos outros, serás ben recibido. Alagar tamén o teu gusto cinematográfico as nomeado a dúas das miñas debilidades : Fellini, aínda que a miña favorita é “La Dolce Vita” ( xenial interpretación de Marcelo Mastroianni) e “A gran Evasión” (pódoche asegurar que a teño vista mais de 15 veces) onde sempre quixen ser Steve McQueen a bordo daquela moto.

      Saudos e que sepas que aquí tes un amigo.

      RICARDO DOMINGUEZ REY

      Posted by Ricardo Domínguez Rey | 22/09/2012, 12:01 am
      • Ricardo grazas polo teu post, queda aclarado dabondo o espresado nel. Eu coma tí coincidín con Luis e a súa moza no Instituto, e non me saúda e ten un xeito de ollarte que non me gosta, porén sabe que non eres da súa camada, polo tanto un inimigo. Cánovas e Sagasta no século XIX eran rivais políticos, asemade eran amigos. Cada un compartía unha visión do mundo diferente, porén o respeto e o interese xeral primaban por riba de calquera ideoloxía. O interese xeral en Cambados é o interese do PARTIDO POPULAR, non existen os veciños que non comulgan coas súas ideas, practican a teoría da anomia, a mesma que predicaron penalistas Alemáns com Durkhem e Merton: este é de tal familia e vota tal, etiqueta pegada na frente visible… Catalogan a oposición de non ser construtiva e colaboradora, cando coñezo a moitos deles, e superan en espírito democrático e condescendencia a ese feixe de esbirros que ten ao seu redor Máximo (Aragunde). Coma en GLADIADOR distrae o pobo con festexos, comidas, cenas, convites, simposios, e o realmente importante qiue hai que debater e argallar, nada de nada. Non era coñecedor na súa totalidade da actitude pasota dos Concelleiros do PP, polo que a partir de agora asistirei en persona aos Plenos, é gravísimo iso de ser certo, unha aldraxe en toda regla.

        Con respecto a Chon non teño o gusto de coñecelo, só a traveso da Rede e da Prensa, e me parece un home con valor, coñecimento , sabedoría …. porén templanza non ten moita … que empregue aos mortos coma no seu post sobre o finado Rafael Blanco para que pida perdón Aragunde polos presuntos erros gramaticais dos que llle fixo sabedor (e a todo Dios de paso, un crack Luisiño) , non é lícito nen moral. Porén son máis os acertos que os erros, se os pos nun ha balanza.

        Óscar Pardo sí ten templanza, aínda que do libro da vida leu máis Chon coma é normal pola diferencia de idade. Facían un bó tandem no BNG, unha mágoa que abandoara a formación. Eu son apartidista aínda que recoñezo que sinto admiración por Xosé Manuel Beiras. Boto en falla os políticos de entón, ata de Fernández Albor, fíxate ben.

        Saúdos, e os meus parabens polos teus artigos.

        Posted by oscarman | 22/09/2012, 1:45 pm
    • Apreciado Oscarman: ante todo quero agradecerte os teus comentarios, non só, no que respondes ao meu artigo senón tamén ás réplicas que lle fas a os demais, debo dicir que coincido en case todo contigo, eu, coma ti, solo critico o Luís Aragunde político, non teño nada contra a persoa, é mais pódoche dicir que antes de meterse a alcalde e incluso nos seus comezos como rexedor tiña boa relación con él e coa súa muller pois os coñezo dende tempos do BUP, e penso, tamén que o poder o a cambiado (a peor).

      Como che dicía coincido en case todo contigo pero quero aclararte un par de detalles que comentas. O dicionario, na súa primeira acepción define “esbirro” como: ¨”persona contratada por otra persona para realizar abusos o atropellos” como definirías ti a persoas como os concelleiros do PP que van ós plenos só por cobrar as dietas de asistencia e se dedican a abusar da paciencia dos membros da oposición ao atropelar as súas intervencións lanzando bicos ó aire, botando risas, mostrando desprezo ó xogar co móbil ou levantarse no medio dunha intervención para saír a fumar, créeme Óscar, non é mala educación, pensei moi ben a palabra coa que quería definilos, actúan como auténticos esbirros; eles son os que mostran mala educación.

      Tamén corríxesme o de “Ilustrísima” pódoche dicir que non é un erro púxeno a posta (dudei entre esa expresión e a de “excelencia”) e penso que polo carácter do artigo vese claramente que o fago con un tono sarcástico para destacar como o cargo xe lle a subido á cabeza.

      En canto o ranking do peor alcalde de Cambados coincido en parte contigo que podo ser Tourís pero ¡¡¡¡ é que Aragunde a cometido tódolos pecados que cometeu Tourís en moito menos tempo!!!! de ahÍ que eu lle dea tan dudoso honor a Aragunde.

      En canto a Chon teño que dicirte que eu discrepo en moitos puntos con él (como él discrepará comigo en outros) pero el expresa a súa opinión (como os demais expresamos a nosa dende unha forma totalmente libre), como xa dixen nunha ocasión farían falta moitos Chons (e moitos Óscar Pardos) en Cambados, pero ti sabes tan ben coma min que en Cambados moita xente ten medo a expresar o que pensa por medo a esa xente, e Chon (como Óscar) son a súa voz.

      Tamén dis que Aragunde esta ahi por aclamación, mais que por aclamación, porque a maquinaria do PP en Cambados está moi ben engraxada, como dixen nun artigo aínda que puxesen un burro dos de catro patas, botarían a gañar, polo que o mérito de Aragunde e relativo; teñen moitas voluntades compradas : se o PP houbese enchufado no concello aos meus irmáns o ao meu pai, xa podía ser eu mais de esquerdas que Karl Marx, que votaría ó PP para ¨garantizar que eses familiares meus seguisen mamando da teta pública, si a iso lle sumas manobras de dudoso gusto (invítoche a que nas próximas eleccións te achegues ó asilo e mires quen se encarga de transportar os nacíanos a votar) veras que non é tanta a aclamación por Aragunde.

      No demais practicamente coincido a un cen por cen contigo, aproxímaste moito mais ti á realidade ó afirmar que Aragunde cobra 5,000 euros pois iso é o que lle custa ao concello, mes tras mes, (parte do que se lle desconta en concepto de IRPF, recupérano na corresponde declaración) aparte de dietas, pluses e gastos de representación que causan pánico ( ao alcalde tendría que caérselle a cara de vergoña ó presentar uns gastos de comida en catro meses de mais de 8.000 euros).
      Agradézoche ás túas observacións, reconfórtame saber que me lee xente con tanto espírito crítico, invítoche ( e penso que falo en nome de Óscar e Chon) a participar en “Cambados.tk” e “En a ti meu Cambados” como facemos outros, serás ben recibido. Alagar tamén o teu gusto cinematográfico as nomeado a dúas das miñas debilidades : Fellini, aínda que a miña favorita é “La Dolce Vita” ( xenial interpretación de Marcelo Mastroianni) e “A gran Evasión” (pódoche asegurar que a teño vista mais de 15 veces) onde sempre quixen ser Steve McQueen a bordo daquela moto.

      Saudos e que sepas que aquí tes un amigo.

      RICARDO DOMINGUEZ REY

      Posted by Ricardo Dominguez Rey | 22/09/2012, 12:07 am
  2. Señor Oscarman, pode vostede demostrar que o sr. Aragunde cobra 5.OOO euros.? Veu vostede a sua nómina? Dudo que a eseñe. Si tarda tantos meses en entregar a documentacion que lle pide o Bng, non creo que sexa tan explendido de enseñar o que cobra cada mes. Como tampouco creo que sea esa cantidade. Pero non podo demostralo, e vostede?

    Posted by MARIA | 19/09/2012, 12:20 am
  3. Aí vai o documento: 46.000 euros máis dietas, viaxes e prebendas estipuladas reglamentariamente, uns 60.000 euros o ano, calculo eu polo baixo. Por certo María: non me corresponde nengunha distinción / título coma Señor, non desempeño cargo algún. Saúdos
    A.MARTÍNEZ – CAMBADOS Cambados se convirtió ayer en el primer ayuntamiento de O Salnés que celebra el pleno de organización. En la sesión se confirmó que el alcalde, Luis Aragunde, será el concejal de Cultura, y que Antonio Iglesias Pombo repite como primer teniente de alcalde.
    En el grupo de gobierno hay dos liberados. El propio alcalde, que percibirá un sueldo de 46.179,14 euros brutos anuales, e Iglesias Pombo, con una retribución de 25.760 euros brutos anuales. El salario del regidor es por dedicación a tiempo completo, y es la misma que durante 2010. El de Pombo, por su parte, experimenta un incremento de algo más de 1.000 euros brutos al año, y es por una dedicación parcial. El primer teniente de alcalde es asimismo concejal delegado de Obras y Servicios.
    El sueldo de Aragunde sigue siendo así uno de los más bajos de O Salnés –cobra unos 2.200 euros netos mensuales– y manifiesta que “me gustaría bajarlo, pero hay que sopesar las horas que trabajas y la responsabilidad que tienes”.
    Además, declara que “bajo mi punto de vista es un muy buen sueldo”, y que “me considero un afortunado por poder ser alcalde de mi pueblo y por la retribución que tengo, porque hay muy poca gente que cobre ese dinero”. En lo referente a la asignación de Iglesias, el alcalde de Cambados reconoce que “no es el mejor momento para subir sueldos, pero entiendo que era algo justo porque es una persona que también soporta una gran responsabilidad y que trabaja prácticamente las mismas horas que yo”, a pesar de que su dedicación es parcial.
    En el pleno se indicó también que el segundo teniente de alcalde es Juan José Cores Chaves, que fue el número 2 en la lista del PP en las elecciones. Él se va a ocupar de las áreas de Hacienda y Patrimonio, además de presidir la Comisión Especial de Cuentas. Cores Chaves será asimismo el portavoz del grupo municipal conservador, junto a Eulogio Pomares Botana.
    La junta local de gobierno la integran Pombo, Cores Chaves, Isabel Varela Piñeiro, Mónica Brea Troncoso y Eulogio Pomares Botana. Isabel Varela se ocupa de las competencias de Industria y Trabajo; Brea Troncoso, de las de Comercio y Turismo; y Pomares Botana, de Urbanismo.
    Los demás concejales del gobierno local son Candelaria Martínez Eiras, delegada de Educación; Rodrigo Rey Vázquez, de Asuntos del Mar; Juan Ramiro Gómez Blanco (Juventud y Deportes); Ana Isabel Oubiña Santos (Sanidad y Servicios Sociales); y Ricardo Quintáns Cores (Medio Ambiente y Medio Rural). Se aprobaron finalmente las retribuciones del personal de confianza, que son el asesor del alcalde, el jefe de prensa y el diseñador de publicaciones.
    En el pleno de organización se acordó también la designación de tres concejales del PP como representantes de Cambados en el pleno de la Mancomunidade. Son Luis Aragunde, Antonio Iglesias y Eulogio Pomares.
    Los plenos ordinarios van a seguir celebrándose el último jueves de cada mes par. En cuanto a las juntas locales de gobierno, se van a convocar una a la semana, los lunes. Los concejales de los tres partidos van a cobrar durante el presente mandato 100 euros por cada pleno al que asistan; 80 euros por estar en las juntas de gobierno; y otros 60 por la asistencia a las comisiones informativas. Además, los tres partidos políticos de la corporación se llevan una asignación de 600 euros anuales. Todas las cuantías se aprobaron por unanimidad de los tres partidos.

    Posted by oscarman | 19/09/2012, 10:37 am
    • Aquí queda claro que non cobra eso que di vostede. E ademais foi aprobado por unanimidade. ¿Vostede cree que si se puxese 5000 euros de soldo o mes, iban a aceptalo a oposicion? eu creo que non. E con razon. Os politicos cobran unha burrada paro o que fan. solo si recortaran os diputados provinciales xa se aforraría moitisimo. ¿Alguen sabe o que se dedican?

      Posted by MARIA | 19/09/2012, 2:54 pm
  4. Oscarman: Luis cobra a metade (aproximadamente) do que ti dis. É un dos alcaldes menos cobróns da comarca. 5.000 euros non os cobran nin os deputados autonómicos. Tabuyo e Jorquera sí que puideron chegar preto desa cantidade como deputados nacionais. Sede respetuosos coa verdade e non inventedes cifras para atacar ás persoas que queredes denigrar. María: a nómina de Luis é pública, pode solicitala un grupo politico no Concello e facilítanlle os datos. Xa se publicou a cifra cando se aprobaron os soldos no Pleno.

    Posted by Tomás | 19/09/2012, 1:41 pm
    • ¿Denigrar? Un pouco de por favor Tomás, que non somos José Mouriño. Eu non digo de que non teño Alcalde, digo, que baixo o meu punto de vista, non está preparado para desenrolar as tarefas propias do posto, aínda que está lexitimado polas furnas para intentalo. Outra cousa é que o faga ben. E un exemplo de tal extremo, e que descoñece a verba “empatía” … De verdade que vai a ser certo iso que reflicte Chon no seu Blog de que a súa Excelencia Presidente da Xunta de Galicia reuniuse con vós para darvos consignas de que vos defendades en Internet nos debates e no intercambio de ideas, que non vós espresades o suficiente. Pos alédome de que des a túa opinión Tomás, e ogallá que moitos coma tí fagan o mesmo.
      Que Luis está desagradable coa Oposición (nula empatía) é un feito, e que presuntamente non cumpre a lei tamén; colle se queres o Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais 2568/1986 de 28 de Novembro … só te animo a que leas os PRAZOS que incumple o Goberno Municipal (cáseque todos) imposibilitando as tarefas da oposición. Eu non formo parte dela, asemade teño algún libro, e me repugnan / dan noxo eses comportamentos sectarios dos que adolece. Non me vale que non hai persoal dabondo nin tempo: iso está moi ben para saír do paso na Prensa, porén a realidade e que en moitos Concellos se fai, con menos medios e presuposto que o de Cambados. O que fai falla é talante democrático, respeto, e unha intercomunicación sana co resto dos membros elexidos democráticamente por moitos Cambadeses, que están sendo cercenados nos seus dereitos un día sí e outro tamén. O dos soldos está aprobado nun Pleno co acordo dos 3 grupos de oposición porén hai gastos superfluos: unha semana en FITUR, para non facer nada, … porén os Hoteis de Cambados excepto o Parador, estano a pasar moi mal, pos resulta que non din nin pío de que o Presi da Deputación gaste 15.000.000 de euros de fondos de Europa, para montar un “holding” en mans de xente de afora, que non me veñan coa lea do Concurso coma fai coa Perrera, que pode concursar calquera veciño …que teña cartos claro … por Deus …. primeiro hai que axudar á xente da vila, tanto aos Hoteleiros coma a Olga, que levan traballado anos e anos … aos Autónomos, aos pequenos empresarios … Máis gastos superfluos: viaxe a Alemaña, a qué ??? que Industrias se instalaron aquí sendo il Alcalde, que a maior Empresa da vila é o Concello Tomás .. colle o capítulo de Gastos do Presuposto Municipal (ESTÁ NO BOP) E QUE ME CONTEN QUÉ EMPRESA GASTA ESE VOLUME DE CARTOS PARA PAGAR OS SEUS TRABALLADORES …. PODERÍA CONTINUAR, PORÉN OS VECIÑOS DE CAMBADOS SABEN QUE O QUE DIGO É CERTO … houbo un Alcalde que non cobraba un peso, e que sí deixou un legado importante sen axudas de Europa, de Madrid. da Deputación, de Fraga … fondos propios, xestión austera e eficaz, capacidade e ilusión: XOÁN ANTONIO PILLADO SILVOSO … GASTOS PARA OS VECIÑOS DA VILA: O EUROS / ARAGUNDE: 46.000 EUROS MÁIS VIAXES PARA NON SOLUCIONAR NADA, DIETAS PARA FALTAR O RESPETO NOS PLENOS Á OPOSICIÓN E PREBENDAS EN OBRAS DE TODO TIPO, PARA O SEU EQUIPO DE GOBERNO …
      Saúdos

      Posted by oscarman | 19/09/2012, 2:53 pm
    • REalmente non me importa a nomina de Luis, solo que non me gusta que se falte a realidade. Por eso lle respondin a oscarman. Pois asi xa sabe donde mirar para comprobar. Gracias.

      Posted by MARIA | 19/09/2012, 2:57 pm
  5. Oscarman: a túa táctica evasiva é moi coñecida. Píllante nun renuncio flagrante (nada menos que adxudicarlle ao alcalde o doble do seu soldo, 5.000 euros). Entonces, vas e afondas na falsidade ao dicir que son 60.000 euros ao ano (ou sexa 5.000 mensuais) sen especificar que estás a falar de cifras en bruto, non netas. Non aclaras que o alcalde cobra 2.250 euros netos ao mes, o resto é de Seguridade Social, IRPF, etc. Despois lanzas vinte cortinas de fume para que os lectores se esquezan da túa falsidade. Non che vou contestar a todos os plantexamentos porque non me chegarían os límites deste blog e hai cousas máis importantes que facer. Se Luis non está preparado para o cargo, xa se darán conta os electores e decidirán en consecuencia nas próximas eleccións municipais, só faltan 3 anos. Paciencia.

    Posted by Tomás | 20/09/2012, 12:21 pm
    • A grande evasión de John Sturges é un dos meus filmes favoritos, Tomás, neso levas razón. E a cortina de fume é otro grande testemuño fílmico de Ang Lee (Tigre e Dragón). Eu a paciencia a levo comigo, é unha virtude teologal, coma a caridade, a fe, e a esperanza de que algún día os veciños de Cambados reparen no que significan 30 anos de goberno Popular. Luis está en “excedencia” coma Xerente da Lonxa: foron a buscalo á Lonxa porén era a persona idónea segundo o PP pola súa xestión eficaz, polo seu talante democrático, e a súa empatía … leva dous aniños coma Alcalde, e lle desexo sorte nas súas funcións, asemade se o seu traballo descorre neses rueiros, tódolos veciños verémonos beneficiados. A día de hoxe os resultados non van nesa liña, eu coma cidadán estou no meu dereito de dala miña opinión aparándome na liberdade de espresión e ideas. O soldo segundo il obedece a súa responsabilidade coma rexedor, e levas razón que cada 4 anos a xente co seu voto avalará (ou non) a súa xestión. Os números non minten: é público o rexistro de actividades e o de bens patrimoniais, así o reflicte a nova redacción da Lei De Bases de Réxime Local. Eu o que quero e que a miña vila e os seus veciños progresen, no teño nengún interese personal en que non ocorra. Agora ben: o que sinalo é un ruxe ruxe na rúa, no son inventos. Cada un é libre de pensar sen facer dano a ninguén, non sei porque te alteras cando non lle metín o dedo no ollo a ninguén. É bó que exista crítica, namentras seña constructiva, non polo feito de ofender gratuitamente.
      Saúdos.

      Posted by oscarman | 20/09/2012, 1:17 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2012
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: