//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados, Galiza, Ricardo Domínguez Rey

O peor amigo do can…Louzán


Alguén dixo nunha ocasión que “O nivel de avance dunha sociedade pode medirse na forma na  que  esta  trata ós seus animais”.

Se me deixades quería falarvos dun amigo, un amigo que ven acompañando ao ser humano dende fai miles de anos, sendo uns dos primeiros animais que ó  home domesticou e que non é outro que  o can.

Falar do home e do can e falar dunha relación coma hai poucas na natureza entre dous animais de distinta especie; é falar dunha relación de amizade, de fidelidade, de amor, dun cariño que todos os que tedes cans entenderedes a que me estou referindo.

Os cans prestan servizos esenciais como son ó de guías de persoas cegas, en caso de desastres naturais son a mellor ferramenta para atopar superviventes entre os escombros, tamén son esenciais  na loita contra o narcotráfico ao localizar alixos; foi un can (a cadela Laika), na carreira espacial,  o primeiro ser vivo terrestre en orbitar arredor da terra (o cal custoulle a vida); tamén utilízanse, os cans,  en terapias de estimulación en persoas con autismo e incluso, hai estudios psicolóxicos que  demostran que, en persoas depresivas, o feito de ter mascotas como cans, reduce significativamente o intento de suicidio, debido a mutua relación de dependencia afectiva existente entre ambos.

Cóntovos todo isto en relación á canceira de Meis que está a xestionar á Deputación de Pontevedra do señor Louzán  e que, como din  as protectoras de animais, se está pensada para uns 500 cans aproximadamente e si se calcula que en toda á provincia son mais de 2000 os animais destinados a ela, temen, loxicamente, por un exterminio indiscriminado dos mesmos.

Segun diversos medios nunha reunión celebrada entre Louzán e ás asociacións protectoras, o presidente da Deputación espetoulles :  “A mi los perros me la sudan”, é lóxico, coñecendo o personaxe en cuestión, o amor e o cariño á raza canina non representan ningún dos valores polos que se move , o que é seguro e que si mañá os cans cagasen pepitas de ouro (perdón pola expresión), Louzán converteríase no seu mais acérrimo defensor, non vos estrañe que adaptaría esas pousadas tan fashion que está facendo (e que tanto custan a tódolos pontevedreses) para adaptalas a tan nobles animais.

 

Aínda que sendo xuntos a Louzán gústanlle  moito os animais; en concreto dous tipos, por un lado, os touros, sobre todo, para ir a velos na praza de Pontevedra durante as festas da Peregrina, e poder sentarse ao carón de Rajoy (outro gran amante dos animais) e ver como o van facendo sufrir,matándoo  pouco a pouco…… puro arte e cultura (perdón polo sarcasmo); o outro tipo de animais que lle gusta a Louzán son   ós  de mar (pero non pensedes en delfíns, Louzán non é tan sensiblero) mais concretamente ós  que se poden comer acompañados cunha botella de albariño : nécoras, centolas, lumbrigantes etc. …distes animais o noso querido presidente de seguro que,  tamén, é un gran defensor.

Quero destacar a formidable labor que o refuxio de animais de Cambados con Olga Costa á cabeza leva a cabo, fago extensible esta felicitación a tódolos refuxios que como o do noso pobo están en contra  do exterminio irracional de cans e, convidarvos, a manifestación que o venres dia 21 de setembro terá lugar en Pontevedra, eu por razóns obvias non poderei asistir pero todo meu animo e  apoio a tan nobre causa.

Para finalizar, quero contarvos unha anécdota particular (algo que xa empeza a facerse habitual), o pouco tempo de adquirir a miña casa actual, e sobre todo, a raíz dunha oleada de roubos e asaltos a chalets  que houbo por esa época en moitas  urbanizacións  de Barcelona e Catalunya (incluída a  miña) por bandas, decidín adoptar un can, para elo acudín a  un refuxio de animais ( como o de Cambados), é incrible á intelixencia destes animais, en canto me viron, todos empezaron a ladrar para chamar a miña atención, pois saben que cando entra un descoñecido era para levarse a un deles, finalmente optei por unha preciosa cadela, pastora alemán e pódovos garantir que non hai animais mais agradecidos sempre que chego a casa están esperando no xardín, a veces simplemente para recibir unha caricia, unha palmada no lombo, digo están, porque, posteriormente, tamén recollín un can, (outro pastor alemán), e dende logo para os meus fillos , como para á miña muller e mais eu son dous membros mais da familia e, dende logo é o mellor sistema de alarma (pode dar fe de elo  o pobre do meu carteiro).

Feitos como este da canceira   retratan un pouco mais que tipo de persoa e o Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, e só podo dicir que canto mais coñezo a Rafael Louzán mais amo ós meus cans.     UN SALUDO A TODOS

 

Ricardo Domínguez Rey. 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Setembro 2012
L M M X V S D
« Aug   Oct »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: