A tristísima nova do pasamento de Rafael Blanco Guerreiro coñeceuse onte á tarde. O socialista tomara o relevo logo da demisión de Domingo Tabuyo tralas pasadas eleccións, e estaba a traballar arreo no seo do Concello e da comarca (era coordinador do PSOE a nivel Salnés). Ademais, estaba implicado na asociación de motos vellas do Salnés. Traballaba no Concello de Caldas, era natural de Ferrol e residente en Cambados dende que casara había anos. Tiña 45 e deixa unha filla pequena.
O Concello de Cambados decretou dous días de loito e mañá Xoves ás 14.30 terá lugar un pleno extraordinario.
O máis sincero pésame aos achegados, compañeiros, amigos e sobre todo, á familia.
Actualización 20/9 ás 13 horas. Artigo “In memoriam” de Domingo Tabuyo.
Actualización 21/9. Artigo “In memoriam” de Adrián Rodríguez no Diario de Pontevedra.