A presentación de AGE na nosa comarca tivo lugar nun lugar con moito simbolismo, o hospital do Salnés. Segundo o cabeza de lista da coalición, Juan Fajardo, esta elección do emprazamento era necesaria para seguir denunciando os “continuos incumprimentos” dos gobernos coa área sanitaria da nosa bisbarra. Para el, o hospital do Salnés é un exemplo máis de que como “algúns” pretenden convertir a sanidade galega nun negocio de “catro construtoras”. Fronte a iso, Alternativa Galega de Esquerda pretende coa súa forza que se deixe de “vilipendiar á clase traballadora” e de “asoballar o pobo galego” desde o seu propio Goberno. Fajardo insistiu que a coalición, ademais de pousar un pé no Parlamento, debe ter outro na rúa, onde unha masa social apoie un troco nas políticas que se están a aplicar e que están abocando ao empobrecemento da maioría. Para o vilagarcían é importante que haxa un cabeza de lista do Salnés porque “aquí sabemos como traballa o Partido Popular” por mor da Deputación de Pontevedra, e ese “caciquismo reaccionario” debe contrarrestrase dende o seu propio foco.
Ramón Mouriño, membro de Anova, encargouse de introducir aos membro das lista de Pontevedra da nosa comarca. No posto 14 figura Chus Pérez, de Esquerda Unida, e no número 8 Bernarda Rubianes de Anova. Ámbalas dúas son veciñas de Vilagarcía. Pero é que a propia candidatura de Pontevedra está encabezada por Juan Fajardo, voceiro de EU na corporación arousana. Mouriño congratulouse porque un representante do Salnés vaia sentar no Parlamento e asegurou que “será un excelente deputado”. O voceiro de Anova tamén sinalou que Alternativa é un soplo de aire novo moi necesario, fronte ao “hastío” que provocan en moita xente os partidos convencionais.
CAMPAÑA EN TODOS OS CONCELLOS
Na rolda de prensa, os representantes de Alternativa manifestaron que a campaña no Salnés chegará a todos os Concellos a través de múltiples actos que irán sendo anunciados. Tamén se prevé que se acheguen até a nosa comarca o voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras e pola banda de EU é probable que o fagan a súa coordinadora nacional, Yolanda Díaz e o deputado andaluz Sánchez Gordillo.
A Sanidade é a maior desfeita / tropelía de Feijoó … e non fai falla ir ao Hospital do Salnés para decatarse. Aquí en Cambados tes a posibilidade de ter un médico de atención primaria unha vez a semana cun pouco de sorte … insistín no particular cunha facultativa, para qué demos pagas os teus impostos para ter un servizo que non ten nen celeridade, nen eficacia (economía sí, a da austeridade de Feijoó) … resposta: “queredes que esto cambie, pos xa sabedes o que tedes que facer o 21-O”, PALABRAS TEXTUAIS da médico, que está ata os mismísimos do SERGAS, unha chapuza en mans destes do PP. Vas a calquera Colexio de Educación Básica Obligatoria (gratuíta con Feijoó non) e a mestra te recibe con cara amargada, porén non hai profesores de apoio para os meniños que amosan dificultades especiais na aprendizaxe, e desdóblase para que Alberto e Rajoy lle quiten a paga de NADAL para sanear o banco do PP (BANKIA). Por riba REFORMAN O SISTEMA EDUCATIVO QUE VAI CUSTAR 300 MILLÓNS DE EUROS, cando nos oito anos de desgoberno de España de Aznar permitiu co auxe da construción que deixaran os estudos milleiros e milleiros de estudantes decindo que non era básico ter estudos, ¿Cómo que non? ¿E agora quen os vai contratar? Así estamos: nen sanidade, nen educación nen prestacións sociais … namentras Alberto invita a cubatas e orquesta á mocidade porén lle importa un carallo, e non falemos do xeito que trata as mulleres:
Mi madriña. Esta fino de carajo. De fiesta en fiesta….Pero creo que esto xa ten tempo.
Pos non é o único: ten unha tropa de moita valía …
http://www.diarioelaguijon.com/noticia/6381/CORRUPTOMETRO/El-alcalde-de-Puenteareas-dice-que-un-alcalde-no-puede-trabajar-por-1800-euros.html
O que non hai e vergonza. Pois si non lle gusta o que cobra que volva o seu antigo traballo, (si o tiña). Que tampouco creo que sea eso o que cobra. SEguro que e mais.
O seu pai inhabilitado de por vida … unha televisión local que custa os veciños 260.000 euros e ten coma ingresos 10.000, e os veciños de Ponteareas o votan en masa, porén están a esperar que os coloquen nun “chope” bó, coma aquí Aragunde. E a Galiza dos BALTAR, dos CUÍÑA CRESPO, aínda que este último leve as siglas de ANOVA só basta darse un paseo por LALÍN para decatarse de como fixo a súa fortuna personal, Empresario caciquil creo se chama o término. Pos temos un pobo que está en mans de xente a que lle traen sen coidado os veciños: xogan con eles aproveitándose da necesidade e da falla de Cultura Política que temos fai 500 anos, desde que os Reis Católicos someteron e castraron a partes iguais ao Pobo Galego. Tes razón Alberto: necesitamos que nos sigades a expoliar, que os 11.000 millóns de euros para a BANCA O FAGADES CO TEU “COMPI” RAJOY a costa de recortar en Sanidade, en Prestacións sociais e en educación, para así continuar manipulando á xente en beneficio non da colectividade, senón do peto destes Alcaldes mediocres que temos, que obedecen a voz do seu amo, de nome Louzán, Tourís ou Alberto. O proxecto que teñen para os que non comulguen coas súas ideas é a emigración, e eles a seguir vivendo con 1800 euros máis prebendas … traballan moito: había que levalos nunha chalana a pescar pola Ria un par de días, ou telos no tellado dunha obra, ou limpando 20 habitacións de Hotel: penso que pedían a baixa laboral de tanto stress.
Saúdos, e que veña a III República. As institucións que temos na súa meirande parte son Franquistas, e non queren trocalas porén vailles de cine deste xeito, e quedan parvos cando a cidadanía se manifesta … e falan do artigo 8 da Constitución, que os protexa as Forzas Armadas … se non hai políticos disque toman o mando os militares ou as dictaduras … un interesante dilema ético.
Pois si ainda asi gaña, como sera a oposicion?
Pos como gaña Louzán: sabémolo todos , C-A-C-I-Q-U-I-S-M-O