O Bloque Nacionalista Galego de Cambados presentou alegacións á declaración como Ben de Interese Cultural de Fefiñáns. Certo é que a declaración da Xunta recolle a protección do Pazo e da Igrexa de San Bieito e estabelece un perímetro de protección, pero esquece un elemento moi importante a xuízo dos nacionalistas: a propia Praza. O BNG lembra que esa praza está atravesada por unha estrada (a PO-550) e este uso fai que o pavimento empedrado estea moi deteriorado, e que o tráfico tamén podería afectar á conservación dos edificios agora protexidos. O BNG entende que unha das peculiaridades do Pazo de Fefiñáns fronte a outros pazos galegos é o carácter urbano que lle dá a praza, e non entenden como non sei inclúe na declaración. Os nacionalistas sempre defenderon a peonalización deste espazo cambadés.
Conversa
Aínda non hai comentarios.