Este luns 8 de Outubro ás 16.15 horas terá lugar a proxección do documental a cargo dun grupo de ex alumnos do centro da CNT. Sueños colectivo trata principalmente das colectividades de Aragón do ano 1936, tanto antes como despois da guerra civil, e conta coa participación dos protagonistas das mesmas, asi como de diversos historiadores que analizan os problemas da sociedade daquel tempo e a forma que se buscou para atallalos. Podes ler máis do filme premendo neste link.
Hoxe a medianoite comeza a campaña electoral, coa tradicional pegada de carteis. Durante os vindeiros días sucederanse os actos tamén na nosa comarca, e está previsto que PP, PSOE, BNG e Alternativa realicen actos no noso Concello. Esperamos dar conta deles desde esta web.
A nivel nacional é importante sinalar que mañá o CIS publicará dúas enquisas electorais, unha sobre Euskadi e outra sobre Galiza. Cabe lembrar que os últimos inquéritos coñecidos deixaban aberta a posibilidade de que o PP acadara maioría absoluta.