O Partido Socialista realizará o seu mitin central en Cambados o vindeiro mércores, 10 de Outubro, a partires das 20.30 horas. Será no Salón José Peña e intervirán o ex ministro José Blanco, o secretario de organización do PSdeG-PSOE e nº3 da candidatura, Pablo García, o candidato da comarca, Julio Torrado, e a voceira local Fátima Abal. Os socialistas cambadeses ademais queren facerlle unha pequena homenaxe ao recentemente falecido Rafael Blanco, que ocupaba desde as eleccións municipais a portavocía no municipio. Esta lembranza terá lugar momentos antes do mitin de campaña. Seguir lendo
O xornal El País na súa edición galega publica hoxe unha nova na que se relaciona ao ex alcalde de Cambados cun presunto caso de corrupción. O artigo en cuestión fai referencia a unhas gravacións que se atopan no xulgado de Arzúa nas que o ex senador Miguel Pampín fala de supostos pagos irregulares da empresa do seu fillo, a cambio de adxudicacións públicas. Un dos salpicados por estas conversas é Cores Tourís, do que o ex senador di, falando dos pagos: “9.000 euros fueron para Cambados para el alcalde, no, para Tourís”. Outro dos implicados é o ex alcalde de Antas de Ulla, que segundo estas informacións tería embolsado 11.000 euros. Seguir lendo