//
estás a ler...
., Cambados

El País destapa gravacións segundo as cales Tourís tería recibido 9.000 euros a cambio de adxudicacións


O xornal El País na súa edición galega publica hoxe unha nova na que se relaciona ao ex alcalde de Cambados cun presunto caso de corrupción. O artigo en cuestión fai referencia a unhas gravacións que se atopan no xulgado de Arzúa nas que o ex senador Miguel Pampín fala de supostos pagos irregulares da empresa do seu fillo, a cambio de adxudicacións públicas. Un dos salpicados por estas conversas é Cores Tourís, do que o ex senador di, falando dos pagos: “9.000 euros fueron para Cambados para el alcalde, no, para Tourís”. Outro dos implicados é o ex alcalde de Antas de Ulla, que segundo estas informacións tería embolsado 11.000 euros.

A nova salta precisamente en campaña electoral cando Cores Tourís non só formou parte do equipo de confianza de Núñez Feijóo como delgado en Pontevedra, senón que ocupa tamén un lugar preferente na candidatura por Pontevedra. Cabe agardar unha reacción dos demais grupos e do propio partido de Tourís ao respecto.

Conversa

16 thoughts on “El País destapa gravacións segundo as cales Tourís tería recibido 9.000 euros a cambio de adxudicacións

  1. Porque no pusisteis nada de los detenidos del BNG en la operación POKEMON??

    Posted by Ángel | 07/10/2012, 5:49 pm
  2. “En primeiro lugar, debemos respectar a presunción de inocencia, e se se produce unha imputación non temos dúbida que o compañeiro asumirá responsabilidades políticas de motu propio, non fará falta esixirllo”

    Posted by merchi | 07/10/2012, 10:52 pm
    • Bos días: a presunción de inocencia a temos tódolos cidadáns Merchi. Porén a presunción de “facto” é que aquí algo cheira mal. Lin onte atentamente en El PAÍS a nova e a súa redación e respetuosa e directa. Simpelmente refire que se presentou unha querela nun Xulgado, que incluía unha hora e media de conversación telefónica onde se falaba do pago de 9.000 euros ao Superedelegado en concepto de comisión “polos servizos prestados” nunha obra …Ao pouco tempo, en Xullo, o mesmo que a puxo retirouna, curioso polo menos é. Tamén refire que asemade o xuíz pode continuar de oficio o procedemento….

      Baixo o meu punto de vista é moi grave o que reflicte de ser verdade. A defensa di que a gravación foi acadada sen consentimento do maxistrado, o que fai sospeitar polo menos de que non queren que se remexa máis na cuestión. Por certo Merchi: responsabilidade política non ten de nengún xeito TOURÍS, ás probas me remito: nunha leira da súa propiedade acometese un movimento de terras sen a preceptiva licencia municipal e enrócase coma no xadrez sen dar explicacións, ao revés: “e ti máis”, o mesmiño que Frijolito ( “onte tivo que saír pitando do Grove” ). O xuíz Pedraz dixo que a clase política actual é decadente. Moi apropiado o comentario para o efecto. Por certo: Tourís non é Bobby Fisher.
      http://es.wikipedia.org/wiki/Bobby_Fischer
      Saúdos
      p.d: vou facer un esforzo e escoitar esta noite na TVG a PACHI VÁZQUEZ E ALBERTO NÚÑEZ (21:30 h.): ESTOU SEGURO QUE SAIRÁ A CUESTIÓN, Tourís é nº 7 na Lista do PP por Pontevedra …e veciño de Cambados.

      Posted by oscarman | 08/10/2012, 12:21 pm
  3. ja ja ja ja ja, Touris dimitir, asumir responsabilidades, je je je, Merchi, ti ou non coñeces ao persoaxe ou estas de coña marinera. Touris non marcha nin de coña, de feito a denuncia xa foi retirada polo denunciante. Notase que ao final houbo “arreglo”.

    Posted by augadoce | 08/10/2012, 4:39 pm
  4. Primeiro: aquí non hai ningunha imputación xudicial ou policial como no caso de Ourense. Segundo: Hai unhas supostas gravacións privadas de conversas privadas (non ordenadas polo xulgado nin tuteladas pola Policía como en Ourense). Terceiro: As gravacións privadas non teñen validez xurídica a non ser que vaian acompañadas doutros indicios ou probas estimadas polo xuiz. Cuarto: Se non hai nada máis que o publicado en El País, non hai caso. Quinto: Se Tourís cobrou unha comisión está acabado, igual que o alcalde de Ourense e os concelleiros nacionalistas imputados alá. Escribo dende un punto de vista xurídico, non político.

    Posted by Adriano | 08/10/2012, 5:37 pm
  5. Esa frase foi a que pronunciou Montse Prado polo do membro do bng implicado na operacion pokemon.jajaja,ratas ainas en todolos lados,

    Posted by merchi | 08/10/2012, 6:32 pm
    • Javier Cámara: “Puede que esos Chinos estén trabajando, Torrente”
      Santiago Segura:”¿Haciendo reparto en moto a las cuatro de la mañana? Aquí hay caso, Adriano, aquí hay caso”
      (Torrente, el brazo tonto de la Ley)

      Esa gravación non está autorizada, porén temos que principiar Adriano a entender que aínda que as cousas se axusten ou non á legalidade, non deixan de por sí ser un documento, sonoro neste caso. Eu teño que intervenir no debate, co permiso do meu tocaio Óscar Pardo … a pouco interese que poña un, en calquera dos xornais da nosa Galiza reflictense cousas semellantes … sen ir máis lonxe, un dos imputados na Operación Pokemon, á xuíza Pilar de Lara:

      “Pero vostede en que país vive Señoría: todo o mundo paga os favores deste xeito, os permisos de obras, as licencias dos aparcamentos, etc, etc”. Teño o artigo de El PAÍS que fala de Tourís diante miña e reflicte que anteriormente á licitación, xa estaban as faturas feitas … auga e aceite.

      Eu a título individual son crítico coas políticas de Feijóo, asemade coma o coordinador Cayo Lara de Esquerda Unida en V Televisión, recoñezo en Alberto Núñez Feijóo un político de primeiro orde, con dialética, con sentido común, e con valores propios de xente con preparación universitaria. Esto que quede claro (coma a auga). Se non erro no meu vaticinio, coma o xuíz siga adiante co procedimento de oficio, Tourís lle dura a Alberto dous telediarios: os que tarda en cesalo. Que vaia poñendo algunha vela a algún Santo da súa devoción, se así ocorre. Eu coma moitos Cambadeses profeso devoción ao Nazareno, en serio: a xente de esquerdas non somos todos ateos, hainos crentes e temerosos de Deus. Fai bastante tempo que Tourís “anda a broncas con Deus”, él o sabe millor que ninguén, porén hai pouca xente que crea nel, nin na garda Pretoriana do PP. A xente decatase de que subiu moi rápido, e que olla por riba do hombreiro aos que o ensalzaron, e iso na dereita é un crime. A lealdade da que falaba Vito Corleone en El PADRINO …. e a confianza que Núñez Feijóo ten en él, poden esvaecerse a pouco de que non teña un pouco de tino. Ao tempo …
      Saúdos
      p.d: non me gostaría estar no gañate de PACHI VÁZQUEZ esta noite, ten un rival temible diante. Di que Alberto vive no seu mundo, e que él no das familias que non chegamos a fin de mes. É unha boa frase, a segunda en pouco tempo do ex-Alcalde do Carballiño, a ver se lle planta cara. Eu coma parte interesada (son Galego e Español), estarei pendente do que aconteza. Mañá continuaremos debullando a realidade (“Está escrito”- T.H. Lawrence)

      Posted by oscarman | 08/10/2012, 8:46 pm
  6. Tamen lle poderian preguntar hoxe o Sr. Pachi Vazquez sobre o seu piso en Villapsoe na illa de arousa. A maior aberracion urbanística dende hai moitos anos. A poucos metros do mar. E diante de unhas casas con orden de derribo. Manda carallo. Hai para todos. Non se debe poñer a man no lume por ningun político . Sales escaldado.
    Ah, tamen ten un piso ahí o señor Pepe Blanco. Ex-ministro de Fomento.

    Posted by MARIA | 08/10/2012, 8:28 pm
  7. Parece que non so en Villapsoe

    Posted by MARIA | 08/10/2012, 8:34 pm
  8. María, non te enoxes, porén a miña casa é GALIZA …. E ESTÁ DO SEGUINTE XEITO GRAZAS AO PP:

    Posted by oscarman | 09/10/2012, 2:12 pm
  9. “Fundido en negro”, miña raíña: non fixo nadiña do que prometeu. Mentíu a tódolos GALEGOS E GALEGAS…….. O que fas María, e non te alporizes, é demagoxia. Porén o de Alberto é pior: segue mentindo en TV e pensa que somos parvos. Alá cada quen, aí vai o documento (en blanco) de Frijolito:
    http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/10

    Posted by oscarman | 09/10/2012, 2:22 pm
  10. Non me enoxo. Parece ben todo o que dis i estou de acordo. Unha cousa non quita a outra. Que Feijoo sexa un mentireiro non quita que os demais tamen o sexan. Pero habera que darlle a oportunidade para que o fagan. De verdade que espero que gañe Vazquez e que teña a sua oportunidade de….pifiala….coma todos. Esto non hai Dios que o arregle.

    Posted by MARIA | 09/10/2012, 4:50 pm
    • María: se pos nun programa informático o programa eleitoral de Feijóo da ERRO (coma o enlace anterior) , e se premes imaxes pos A NADA, coma a que describía Michael Ende na súa fermosa novela A Historia Interminable. Por onde pasa non queda nada en pé. Eu non sei se hai algún guerreiro coma Atreyu, ou algún amuleto coma Auryn nalgún lugar da nosa Galiza. O noso pobo esmorece namentras …. o que non vou deixar e que aconteza sen loitar.
      Este fin de semana María visitei a un vello amigo no Hospital Público de Vigo … alí cheiraba coma unha “fosa séptica” .. as enfermeiras choraban polos pasillos dicindo que enviaban coma material sanitario ferramenta mercada nos “Chinos”, e que non estudaran unha carreira para tratar coma lixo ás persoas, as mesmas as que Feijóo engana. O envían ás poucas horas á súa casa “sondado”, coa a única axuda dunha enfermeira un par de horas tres días á semana .. esa é a austeridade da que se jacta Feijóo. Unha persoa maior cotizando toda a vida (pagando ollo, porén non lle están a regalar nada, que xa pagou arrastrando o corpo perante 40 anos, para a traten deste xeito, coma un refugallo. Pos estou a pensar en sacar un Curso destes de CCC de Diplomado en Enfermería porén pode ocorrer que eu teña que facer de enfermeiro, e che recomendo que o fagas tí tamén. O que funcionaba coma un reloxo, o destrúen para vendelo coma algo de “marca” (privada), ao alcance dos máis solventes.
      Coa educación máis do mesmo: non hai nengunha clase de respeto aos docentes, que están traballando o que non deberan para pagar as “facturas” dos BANCOS. ¿É normal? Se principio sector por sector, esto é unha brigada de demolición de bárbaros. Se hai alguén con peso político, e que non quere ollar en pintura Alberto é Beiras: se o colle onte no programa de TV o esmaga no sentido metafórico da palabra. Temos unha oposición feble con Pachi Vázquez e Jorquera, síntoo se molesto a alguén decindo tal, porén a carón de Alberto son persoas, teñen sentimentos e valores, dos que adolece á dereita, a que lle vai de cine tal coma están as cousas.

      Saúdos

      Posted by oscarman | 09/10/2012, 6:57 pm
      • Estou dacordo contigo en que Beiras “esmagaria” a Feijoo. Mais ben o merendaría. Ainda que a min non me gusta Beiras recoñezo que e asi. Pachi Vazquez non ten carisma ningún. Pero bueno, tampouco o tiña Zapatero e mira donde chegou; a cobrar unha pension vitalicia coma outros dous. Personalmente ,a min gustabame moitisimo Quintana. A Jorquera non o coñezo moito.
        Saudos.

        Posted by MARIA | 09/10/2012, 10:41 pm
  11. Boas tardes: a verdade é que me perdo 24 horas Cambados.tk e esto está que arde … o de onte en TV foi unha perda de tempo lastimosa. Todo o mundo sabe que o debate DE VERDADE é hoxe á noite. PSOE e BNG se necesitan mutuamente, asemade me parece lóxico que non se tiren pedras … Galiza é unha sociedade clasista e conservadora, non son suficientes 30 anos de democracia … e as coalicións desde cando son malas, María ??? PSOE E PP gobernaron o País Vasco, en Andalucía goberna PSOE e EU, e en Cataluña PP e CIU.
    O luns Alberto estivo “de cine”: paseino bárbaro co contrato de PEMEX …. parecía Groucho Marx en Una Noche en la Ópera .. “a parte contratante da primeira parte, é a parte contratante da segunda parte”, cun contrato que dí que non hai contrato, foi “cojonudo”. E o dos colexios con separación de sexos que di Alberto que permitiu o Bipartito non é verdade: foi o Constitucional, ten amnesia Feijóo coma o axente Jason Bourne … é un heroe de acción. Eu para a miña filla en Reis vou pedir un “madelman” – “feijjooman” … un home coma ese é o soño de calquera pai de Galiza: sabe tres idiomas e todo: Español, Galego e Francés, Inglés non, porén non había clase nos Peares desa asignatura, e non ten tempo. Come fóra da casa desde hai 20 anos …non ten tempo para cociñar, non vai polo tanto o Mercadona e non sabe que coa subida do IVE con 20 euros levas para casa o Fairy, un paquete de kleenex e un pedazo de queixo. Non entra nos Hospitais, tan só inaugura e marcha … que se percuren a vida os facultativos, os que felicitou o luns por traballar arreo por Galicia, Galicia, Galicia … que panexírico Alberto, namentras lles quitas aos Funcionarios a paga de nadal, porén VALORAS o seu traballo e o seu sacrificio .. para que despós desfagas os aforros dos Galegos e os teñas no limbo, namentras os BANCOS seguen cobrando as súas comisións e intereses …Gordon Gekko en Wall San Caetano Street ..e que o deste home é de CINE. Esta noite non estou para naide: ceno con Alberto en TV …. coas súas lentillas de cor azul, o seu pin azul, a súa garavata azul …

    Posted by oscarman | 10/10/2012, 8:05 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Outubro 2012
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: