//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

Aragunde xa era alcalde cando se adxudicaron as obras das presuntas comisións a Tourís


Hoxe El País publica máis datos sobre as gravacións entregadas ao xulgado de Arzúa nas que supostamente se escoita como o pai dun empresario afirma que Tourís recibiu cartos a cambio de adxudicar obras. As obras en cuestión foron dadas a esta empresa (Excamel SL) no ano 2010, sendo alcalde xa Luís Aragunde. De aí que na gravación se especifique que non foi Aragunde que tería recibido os cartos senón Cores Tourís (“9.000 euros fueron para Cambados para el alcalde, no, para Tourís“). En concreto, a obra foi adxudicada por procedemento negociado sen publicidade e ten un valor de 112 mil euros (a información aínda está colgada na web do Concello). Tratábase de rehabilitar os servizos deportivos de Cambados e Burgáns.

En todo caso, a denuncia á que acompañaban estas gravacións foi retirada, e polo de agora non se sabe se o xuíz, a Fiscalía, ou outras autoridades están a actuar para empregar esta información na contra de Tourís ou do ex alcalde de Antas de Ulla, tamén implicado.

O que resulta curioso e que máis de 24 horas despois de que esta información vira a luz  a prensa comarcal non tratara tan importante caso nas súas follas. Si o fixo o Faro de Vigo para informar de que Tourís rexeita que tivese beneficiado á empresa do fillo  do ex alcalde de Melide e que tivese recibido comisións por elo. Ademais, desde o PP botan balóns fora porque non hai imputación e a gravación podería non ser válida para enxuizar a Cores Tourís ao non ter sido autorizada por un xuíz. Lembrar que o ex alcalde  de Cambados concorre ás eleccións en postos de saída. Tamén o dixital GaliciaConfidencial publica información ao respecto.

ACTUALIZACIÓN: O CONCELLO TEN “CONFIANZA PLENA” E O BNG QUERE INVESTIGAR

O Concello de Cambados emitiu hoxe un comunicado no que aseguran teñen confianza plena en José Manuel Cores Tourís, xa que para eles o ex alcalde dirixiu o goberno de Cambados durante once anos “sen que houbera a máis mínima sombra” (a pesar de que a presunta comisión teríaa cobrado con Aragunde xa na alcaldía). Tamén sinalaron desde a Alcaldía que as obras da discordia levounas Excamel SL porque ningunha das que habitualmente traballa co Concello podía achegarse ao seu orzamento. Lembrar que a adxudicación foi sen publicidade. Desde o PSOE respectan a presunción de inocencia pero piden igualdade de trato a uns e outros políticos implicados nestes presuntos casos de corrupción. O Bloque xa anunciou que o grupo municipal pedirá que se abra unha comisión de investigación a nivel municipal para aclarar a relación entre o goberno e a empresa que levou as obras.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Outubro 2012
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: