//
arquivo

Archive for

Carlos Canay e Diego Cores fanse co V Torneo de Tenis 24 horas


O torneo 24 horas de tenis foi disputado desde a mañá do sábado 6 de Outubro até o día seguinte nas pistas do Pombal. Na súa quinta edición, foi Carlos Canay, de Vilagarcía, quen se proclamou campión da categoría absoluta sendo segundo Javier Oliveira do CT Cambados. Na categoría sub 14 foi Diego Cores o campión e Pablo Reboeiras o subcampión. O V Torneo 24 horas foi organizado polo Club de Tenis de Cambados e contou coa colaboración do Concello.

O BNG ofrecerá unha charla-coloquio sobre servizos públicos o xoves


O Bloque Nacionalista Galego organizou en Cambados unha charla-coloquio para o vindeiro xoves ás 18.30 horas no colexio Magariños.O tema central da mesma é o estado dos servizos públicos baixo o goberno do Partido Popular e as alternativas que propón esta formación de cara a vindeira lexislatura.Participarán Víctor Caamaño e Montse Prado e ao final os asistentes poderán intervir tamén.

O caso Tourís salta aos medios galegos mentres o PP de Cambados apoia ao ex alcalde e o BNG pide investigar


A nova sobre as gravacións nas que presuntamente se relaciona a Cores Tourís co cobro dunha comisión para que o Concello de Cambados adxudicara obras á empresa Excamel SL, saltou xa ás páxinas de todos os diarios. Hoxe La Voz de Galicia publica o asunto na páxina principal da súa web e os diarios comarcais recollen a demanda do BNG de crear unha comisión de investigación no Concello para esclarecer a relación desta empresa co goberno local. Luís Aragunde, quen asinou as obras en cuestión, dixo estar moi confiado na inocencia de Tourís e o propio ex alcalde dixo que el non ten nada que ver neste asunto. Seguir lendo

Nas redes sociais

Outubro 2012
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.