//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

O caso Tourís salta aos medios galegos mentres o PP de Cambados apoia ao ex alcalde e o BNG pide investigar


A nova sobre as gravacións nas que presuntamente se relaciona a Cores Tourís co cobro dunha comisión para que o Concello de Cambados adxudicara obras á empresa Excamel SL, saltou xa ás páxinas de todos os diarios. Hoxe La Voz de Galicia publica o asunto na páxina principal da súa web e os diarios comarcais recollen a demanda do BNG de crear unha comisión de investigación no Concello para esclarecer a relación desta empresa co goberno local. Luís Aragunde, quen asinou as obras en cuestión, dixo estar moi confiado na inocencia de Tourís e o propio ex alcalde dixo que el non ten nada que ver neste asunto.

Captura da mensaxe de apoio das NNXX en Facebook

O anuncio da Alcaldía no cal se recollen as polémicas obras está aínda colgado na web oficial de Cambados, ten data de Abril de 2010 e está asinado por Luís Aragunde. O prezo dos servizos contratados a Excamel SL foi de 95 mil euros máis 15 mil de IVE. A empresa comprometíase a contratar a un traballador parado.

Conversa

4 thoughts on “O caso Tourís salta aos medios galegos mentres o PP de Cambados apoia ao ex alcalde e o BNG pide investigar

  1. Estou vendo o debate bng psoe,¿que carallo de debate e este?parece unha pedida de man,e carallo QUE SE BESEN QUE SE BESEN QUE SE BESEN

    Posted by merchi | 09/10/2012, 10:12 pm
  2. Pero que debate es este?? jajaja si esto es una pastelada asquerosa! Solo falta que uno se agache y…Como se puede ser tan demagogo?? Es penoso escuchar tanta tonteria de lo que van a hacer..Que hicieron cuando estuvieron en el anterior bipartito?? NADA. Ahora si el país nose que, si el país nose cuanto..Que país?? ESPAÑA?? Que queremos otra Cataluña?? Otra Comunidad endeudada hasta las cejas?? Lo unico que quieren es saber como se van a repartir la tarta y el resto les importa un carallo!

    Posted by merchi | 09/10/2012, 10:55 pm
  3. De verdade que este ¿debate? é o mellor que lle puido pasar a Feijóo e a Galicia. Hoxe muitos galegos quitarán por fin a venda dos ollos.

    Posted by mari | 09/10/2012, 11:51 pm
  4. AQUI FALAN DOS DEBATES DA TELE EN VEZ DE FALAR DO ROUBO DE CARTOS PUBLICOS A TRAVES DE COMISIONS ILEGALES E QUE O PROPIO CONCELLO SE NEGA A INVESTIGAR, POR QUE DI QUE SON DOUS PARTICULARES.
    SE ERA O PAI DUN DOS SOCIOS, EX SENADOR E EX ALCALDE DO PP, E OUTRO SOCIO DA EMPRESA ADXUDICATARIA DAS OBRAS, ROUBAN NA VOSA CARA E DABOS IGUAL, O UNICO QUE VOS PREOCUPA E APLAUDIR A FEIJOO E A LUISIÑO A VER SI VOS ENCHUFA NO CONCELLO, ESO E DE BULTOS

    Posted by SEÑOR X | 10/10/2012, 6:35 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Outubro 2012
L M M X V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: