//
arquivo

Archive for

A cara máis dura da crise cada día ao peche dun supermercado de Cambados


Un cambadés residente do centro leva semanas tomando imaxes de persoas que se achegan a un coñecido supermercado ao seu peche. Achéganse na hora á que os empregados da superficie comercial tiran nos contedores da rúa de atrás os produtos que van caducar para recoller comida. Segundo o seu testemuño, hai tempo tamén ocorría pero o número de persoas era moi inferior, nos últimos meses ca crudeza da crise son moitas persoas as que rodean os contedores cada noitiña. Nesta imaxe que amosamos hai por primeira vez un neno duns tres anos.

Tamén nos comenta que no día de onte os camións de basura apareceron xusto á hora na que os empregados sacan a comida, co cal as persoas presentes tiveron que sacala ás presas. Di a testemuña, que os camións adoitan recoller esa “basura” máis tarde, quizais teñan ordes de adiantar a recollida para evitar estas imaxes.

Este tema xa entrou na precampaña galega a través dunha proposta de Alternativa Galega de Esquerda que quere impulsar no Parlamento unha lei para estimular ás grandes superficies a doar os alimentos próximos á caducidade que se atopen en bo estado.

A seguir amósanse moitas das imaxes que tomou a persoa que nos facilita as fotos. Comenta que as máis claras son de Xullo, cando acudían unhas seis persoas ao día, logo as máis escuras xa son de Agosto cando aparecían unhas quince e por último a que amosamos na entrada é de onte.

Recollida comida superRecollida comida superRecollida comida superRecollida comida superRecollida comida superRecollida comida super

Recollida comida super, a set on Flickr.

Aragunde non convocará a comisión de investigación polo caso Tourís


A petición do BNG vai ser rexeitada polo Goberno de Cambados, segundo adiantou o alcalde Luís Aragunde. O rexedor non considera necesaria esta comisión, xa que os edís do BNG poden solicitar os expedientes que precisen. Obvia o alcalde que noutros casos cando menos escuros, como o de Pinal de Maza (no que tamén está relacionado Cores Tourís) o Concello leva desde hai dous plenos sen contestar ás preguntas dos nacionalistas e se lle obstaculiza o acceso aos expedientes. Aragunde insiste sobre o tema Tourís que o Concello lle condeceu a obra a Excamel SL por ser “a máis barata”. Lembrar que as gravacións que están xa no xulgado de Arzúa relacionan esta adxudicación co pago de 9.000 euros a Cores Tourís, que agora é candidato ao Parlamento polo Partido Popular.

Nas redes sociais

Outubro 2012
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.