Un cambadés residente do centro leva semanas tomando imaxes de persoas que se achegan a un coñecido supermercado ao seu peche. Achéganse na hora á que os empregados da superficie comercial tiran nos contedores da rúa de atrás os produtos que van caducar para recoller comida. Segundo o seu testemuño, hai tempo tamén ocorría pero o número de persoas era moi inferior, nos últimos meses ca crudeza da crise son moitas persoas as que rodean os contedores cada noitiña. Nesta imaxe que amosamos hai por primeira vez un neno duns tres anos.
Tamén nos comenta que no día de onte os camións de basura apareceron xusto á hora na que os empregados sacan a comida, co cal as persoas presentes tiveron que sacala ás presas. Di a testemuña, que os camións adoitan recoller esa “basura” máis tarde, quizais teñan ordes de adiantar a recollida para evitar estas imaxes.
Este tema xa entrou na precampaña galega a través dunha proposta de Alternativa Galega de Esquerda que quere impulsar no Parlamento unha lei para estimular ás grandes superficies a doar os alimentos próximos á caducidade que se atopen en bo estado.
A seguir amósanse moitas das imaxes que tomou a persoa que nos facilita as fotos. Comenta que as máis claras son de Xullo, cando acudían unhas seis persoas ao día, logo as máis escuras xa son de Agosto cando aparecían unhas quince e por último a que amosamos na entrada é de onte.
Recollida comida super, a set on Flickr.
EU VIN COMO O NENO COMIA A COMIDA QUE ACABAB DE COLLER DO CONTENEDOR!!!!!
PERO ESO A LUISIÑO NON LLE PREOCUPA, SO VALE PARA COBRAR COMISIONS DE EXCAMEL CON TOURIS, VAYA PAR DE LADRONS
Non sei como vos atrevedes a facer campaña con esto… lamentable…
“Señor Z…P” a min o que me parece lamentable é que isto estea a suceder. Lamentable será, en todo caso, que se mire para outro lado…
Señor X, e a vostede non lle parece vezgonzoso ver a un neno coller algo da basura e comelo e non facer nada? Si estaba alí porque non o impediu? Porque non o levou a sua casa e lle dou algo de comer da sua nevera.
Tamen veu a Luis cobrar comisions? Do outro non digo nada.
Asi funciona esta sociedade; eu vin, a min me dixeron, eu oín. Si o ves e non fas nada eres complice do que pasa.
Si pensades que esto vai facer cambiar o voto de algunhas persoas estades moi equivocados. Esto ven pasando dende hai anos.
María, como sabe vostede o que fixo ou deixou de facer o “Señor X”? Sabe vostede se o impediu, se lle deu de comer, ou se foi el quen tomou as imaxes para concienciar ao resto do pobo e alarmar sobre esta situación? Eu non o sei, porque non sei quen é “Señor X”, supoño que vosté tampouco.
Pero tamén lle digo que a solución non pasa simplemente por darlle de comer a ese neno, senón primeiro porque esa xente non teña que coller a comida dun contedor, e segundo porque non necesiten que lles dea comida. Isto vén pasando desde hai anos pero ademais isto pasa cada día máis. Non sei se a xente cambiará ou non o voto, pero senón o cambia por isto, senón o cambia polo desmantelamento da sanidade, senón o cambia polo empeoramento do ensino…entón imos moi pero que moi mal. Saúdos
SAUDOS
eu sei cal e ese super e parece indignante ke se conten MENTIRAS¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ eses contenedores sacanse por atras porke os veciños lle molesta o cheiriño ke desprenden e os contenedores recollenos tan rapido porke os veciños lle molesta o cheiriño¡¡¡¡¡ e hay orden para facelo asi pareceme moi mal ke ese veciño ke kitou as fotos non sepa o ke solicita a sua comunidade de veciños. e a parte dende fai catro anos sempre vai a mesma xente e so hai 2 persoas novas visto polos meus ollos¡¡¡¡ todos sabemos ke hai moita xente pasando fame pero non se deben contar tantas mentiras porke hai xente ke sae perxudicada sen ter porke¡¡¡¡
Levas razón Josefina: creo que non vale todo con tal de facer política. Esas dúas familias son Rumanas, o que non quere dicir que seña lamentable que ocorra. Non misturesdes churros con merinas … que aquí en Cambados, ninguén, en situación de necesidade, queda sen comer, nin ter un teito … outra cuestión é vivir con dignidade. Eu son crítico coas políticas de Aragunde, porén estádevos a pasar. Non matou a Kennedy, nen a muller de Roman Polanski, e me consta de que ten o seu corazón. O que acontece é que non lle fai caso, é moi racional … ten que server a quen lle deixou no trono (Tourís), “e adorar al niño” (Feijóo). Ese é o problema da clase política: pensan que a súa merda cheira millor que a dos demáis, e non é tal. Empatía, humildade, ser condescendente co que non pensa coma tí, ou o que é o mesmo, tolerancia, non teñen na súa meirande parte. ..Tocaio Óscar Pardo: non vale todo en campaña eleitoral, vai a ser que Jodie Foster ten á xente rebuscando nos contenedores tamén.
Óscar, eu non mencionei a Aragunde nin na entrada principal nin nos meus comentarios… Dito isto, cónstame que non todos os que acuden son rumanos, se a súa procedencia importa o máis mínimo.
E en canto o tema político, eu discrepo. Creo que este sistema en si, pero sobre todo as políticas que se aplican que veñen marcadas polos coñecidos poderes oligárquicos (aplicadas por quen sabemos) levan ao empobrecemento do que chamamos a maioría social. Non o invento eu, son estatísticas (http://praza.com/economia/1668/a-onu-critica-con-dureza-os-recortes-de-mariano-rajoy/ ). En Galiza un de cada catro nenos vive xa na pobreza, para mostra a última campaña da Cruz Vermella, que por primeira vez pide axuda para a xente de aquí no canto de para enviar fóra. E isto todo, amigo Óscar, é política. Se o obviamos seguirán esmagándonos e provocando situacións peores. Se o queres ver como electoralismo es libre de velo así pero non é o meu propósito.
Aclarado o asunto. Se este matiz entra no debate, é necesario entón. Opino coma tí que o día que non haia políticos, só restan as ditaduras e os miltares, por iso estou tan preocupado pola decadencia (en xeral) que citaba o xuíz Pedraz da clase Política. E non vou mentar ao Ministro de Educación porén é másima espresión da oligarquía da que falas. Eu coma pai que son, estou sensibilizado co asunto. Saúdos
Vamos a ver, por partes, eu vivo ali e vexo todolos dias a xente coller comida, na xunta de veciños acordouse que falaran co super para que fagan como no consum, non que os sacaran por atras por que molestaban os cheiros, no consum do cine vello non se ve xente nos contenedores por que a venden a menor precio antes de que caduque, o de sacalos por atras foi iniciativa do supermercado, non da comunidade de veciños, que eu fun a esa xunta e se pediu que falaran co super para que solucionara o problema, co respecto a que son Rumanos, eu non lle pedin o documento de identidade a ningun deles, pero falan entre si en español, alguns son de etnia xitana e outros non, cada dia son mais, si o principio, cando fun a vivir para ali eran 3 agora hai dias que son 15, e non estou todolos dias mirando para eles por que me da pena, e o de que eu teña que darlle de comer o rapaz de tres anos, fario encantado, pero eso non deberia ser asi, para que esta a asistenta social do concello, a parte de meterse en litixios por herencias, ademais dame vergoña ver que o lado donde estan collendo basura persoas para comer, a diputacion gastara mais de un millon de euros con cartos publicos en arranxar un par de edificios privados, nos que non podes entrar se non eres socio.
antes estas cousas pasaban lexos de aquí e mirábase para outro lado,pero ahora cas políticas de este goberno xa se ve a onde nos están levando.Cada día son moitas persoas as que teñen que depender do que lle den pidindo nas entradas dos supermercados.O que ten que facer o goberno e dar postos de traballos a todos por un igual,no so darllos os seus amiguiños,porque para pagar os impostos somos todos iguales.
Reblogged this on ENRIQUEoubiña and commented:
Alguns pensas eu a crise ocorre noutro lado…
esos “pobres” chegan en furgonetas e un mercedes, recollen os alimentos caducados e lévanos en caixas para logo revendelos. Esta práctica é habitual dende hai anos nas cidades e, ahora exportado a vilas máis pequenas. Xeralmente son mafias e convido a quen queira comprobalo, a que se acheguen unha noite a un deses contedores e intenten coller algo, podedes quedar sin mans.
Eu nunca vin un mercedes, mais ben furgonetas destartaladas e unha parella nunha scooter, e si o que levan e para vender, por que o comen namais sacar do contenedor? Eu non sei se hai mafias ou si e por necesidade, o que me parece lamentable e a resposta do concello de Cambados, dicindo:
El Concello reconoce tener referencias de la existencia de ciudadanos que buscan comida en los contenedores próximos a un supermercado de calle Lugo. No obstante, sospecha que podría tratarse de personas residentes fuera de la localidad pues, por los datos que maneja, los cambadeses que están atravesando dificultades para conseguir alimentos, tendrían cubiertas sus necesidades básicas a través de los servicios sociales y las asociaciones sin ánimo de lucro que operan en la villa. Con todo, insistió en su existencia para recordárselo a las personas que precisaran de ayuda antes de recurrir a este método que, tristemente, ya se ve en muchas localidades.
Fuentes municipales indicaron que saben del caso por comentarios que le ha trasladado algún vecino. Sin embargo, según las mismas informaciones, se trataría de personas de fuera del municipio. De hecho, creen que los cambadeses que tienen necesidades de este tipo reciben la atención necesaria a través del banco de alimentos municipal, así como de entidades con las que colabora como Cáritas, Amigos de Galicia… que, destacaron, realizan una labor fundamental. Del mismo modo consideran que la población -tanto los que hacen uso de ellos habitualmente, como los que no- conoce estos medios y la posibilidad de acudir a ellos. De hecho, el número de solicitudes de ayudas se ha visto incrementado.
No obstante, sospecha que podría tratarse de personas residentes fuera de la localidad (nin se preocupan en comprobalo, pero como deixes o coche mal aparcado 3 minutos multante fixo)
Fuentes municipales indicaron que saben del caso por comentarios que le ha trasladado algún vecino. Sin embargo, según las mismas informaciones, se trataría de personas de fuera del municipio( A min dixeronme que …. Eu escoitei que … Un veciño veu o concello e dixo que … E despois din que o de Touris e mentira por que o din dous particulares, MANDACARALLO)