A petición do BNG vai ser rexeitada polo Goberno de Cambados, segundo adiantou o alcalde Luís Aragunde. O rexedor non considera necesaria esta comisión, xa que os edís do BNG poden solicitar os expedientes que precisen. Obvia o alcalde que noutros casos cando menos escuros, como o de Pinal de Maza (no que tamén está relacionado Cores Tourís) o Concello leva desde hai dous plenos sen contestar ás preguntas dos nacionalistas e se lle obstaculiza o acceso aos expedientes. Aragunde insiste sobre o tema Tourís que o Concello lle condeceu a obra a Excamel SL por ser “a máis barata”. Lembrar que as gravacións que están xa no xulgado de Arzúa relacionan esta adxudicación co pago de 9.000 euros a Cores Tourís, que agora é candidato ao Parlamento polo Partido Popular.
O QUE DUBIDE QUE TOURIS NON ROUBOU ESES 9.000,00 € DO CONCELLO DE CAMBADOS E PARVO. E OXALA SO FORA ESA, POR QUE A MANSION QUE TEN NA MODIA SEGURO QUE XA A TEN PAGA A CONTA DE ROUBAR O SEU PROPIO POBO.
En plenas eleicións a petición do BNG é unha quimera … aínda que para sanear a democracia sería bó que a houbera. Tamén un artigo da C.E fala das interpelacións dos deputados e senadores aos membros do Goberno: pos o SR.RAJOY COMPARECE unha vez ao mes, cando reflicte o texto Constitucional que Mariano estudou na Facultade de Dereito pon que cada 15 días … Luis, Tourís, Mariano, Alberto, en canto chegan o poder, a lei son eles.
Saúdos
SI OS QUE ROUBARAN FORAN DO PSOE OU DO BLOQUE E O LEVARA A XUIZ DE LUGO XA ESTARIAN PRESOS, PERO AQUI FAN O QUE LLES DA A GANA, CON TAL DE ENCHUFAR ALGUN BULTO DE VEZ EN CANDO SEGUIRAN GAÑANDO AS ELECCIONS
Calma, Sr. X. Non escrebas en maiúsculas en Internet porén quere dicir que estás berrando, e aquí se escoita / le a todo o mundo namentras haia respeto. A lei é igual para todos, porén teñen que trincarte, e en condicións normais, o que mete no peto o que non é del, en condicións normais, remata caendo, coma lle pasou o do Códice Calixtino. Saúdos