//
arquivo

Archive for

Curiosidade: Zapatero bebe Albariño mentres Rajoy (cabaleiro do Albariño) elixe Rioja


Un lector achéganos un recorte dun dos últimos número da revista Interviu, na que falan dos gustos do ex presidente español, Rodríguez Zapatero, e do actual, Mariano Rajoy. A el, entre toda esta información de dubidosa importancia/interese, chamoulle a atención o referido aos viños. Durante os últimos anos vimos como o Concello de Cambados convidaba (a cargo de todos) a Mariano Rajoy a comer de balde no Xantar do Albariño en “calidade” de Cabaleiro. Suponse que estes cabaleiros deben levar polo mundo adiante o noso viño e xuran defendelo sempre. Pois ben, ao noso lector chamoulle a atención que o propio Mariano Rajoy presuma de elixir un viño doutra Denominación de Orixe nas súas viaxes, neste caso Rioja, e que sexa precisamente o seu antecesor quen si beba viño Albariño. Zapatero (que non nos consta que fora nin convidado a Festa), segundo esta revista, elixía albariño Ábalo Méndez nos voos VIP como xefe de goberno. O dito, nada máis que unha curiosidade. O destacable do artigo, máis ben, sería a necesidade de reducir este tipo de gastos. Seguir lendo

LA4PARED no Rif-Rock este sábado


Este sábado de ponte teremos no Rif-Rock (Infantas 13) unha actuación en directo. Arredor da medianoite este grupo pontevedrés presentará en formato acústico o seu traballo, L4P2012Cuatro. Podes escoitar unha mostra do que fan neste vídeo. Os integrantes de La4Pared son  Adri (batería), Karallada (guitarra), Coco (baixo), e Gus (guitarra e voz). Aínda que o grupo se define como acústico-alternativo tampouco deixan atrás o sonido máis intenso das bandas de rock. E atención! Hoxe xoves 11 o Rif ten “Monkey Session”, é dicir, abre por ser víspera de festivo con improvisacións desde a cabina.

Vázquez (BNG) en Cambados, e Beiras (Alternativa) en Vilagarcía este domingo


O BNG realiza este domingo o seu mitin central de campaña en Cambados. Será ás 18 horas no Salón de Exposicións José Peña e contará coas intervencións do voceiro local, Víctor Caamaño, da candidata comarcal Montse Prado, e do portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez. Pechará o acto o cabeza de lista en Pontevedra, Carlos Aymerich. O BNG realizou esta semana o seu mitin comarcal. Seguir lendo

Nas redes sociais

Outubro 2012
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.