//
estás a ler...
., Cambados

Curiosidade: Zapatero bebe Albariño mentres Rajoy (cabaleiro do Albariño) elixe Rioja


Un lector achéganos un recorte dun dos últimos número da revista Interviu, na que falan dos gustos do ex presidente español, Rodríguez Zapatero, e do actual, Mariano Rajoy. A el, entre toda esta información de dubidosa importancia/interese, chamoulle a atención o referido aos viños. Durante os últimos anos vimos como o Concello de Cambados convidaba (a cargo de todos) a Mariano Rajoy a comer de balde no Xantar do Albariño en “calidade” de Cabaleiro. Suponse que estes cabaleiros deben levar polo mundo adiante o noso viño e xuran defendelo sempre. Pois ben, ao noso lector chamoulle a atención que o propio Mariano Rajoy presuma de elixir un viño doutra Denominación de Orixe nas súas viaxes, neste caso Rioja, e que sexa precisamente o seu antecesor quen si beba viño Albariño. Zapatero (que non nos consta que fora nin convidado a Festa), segundo esta revista, elixía albariño Ábalo Méndez nos voos VIP como xefe de goberno. O dito, nada máis que unha curiosidade. O destacable do artigo, máis ben, sería a necesidade de reducir este tipo de gastos.

Conversa

3 thoughts on “Curiosidade: Zapatero bebe Albariño mentres Rajoy (cabaleiro do Albariño) elixe Rioja

  1. HAY QUE FACERLLE UNHA ESTATUA POR PROMOVER O ALBARIÑO, AHAHAHAHAHAHA

    Posted by SEÑOR X | 11/10/2012, 6:40 pm
  2. Ainda se esta a tempo para invitar a Zp a ser cabaleiro do albariño. Agora ten tempo libre. Bueno, e antes tamen.
    E o da estatua tamen, sairia mais barata que a de Fraga. A este non fai falla que lle fagan cabeza.

    Posted by MARIA | 11/10/2012, 9:59 pm
  3. O que se lle olvidou poñer foi que Mariano lle da o Whisky e Jose Luís a Ginebra. E xa si o mezclan co viño…..Asi estamos.

    Posted by MARIA | 11/10/2012, 10:02 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Outubro 2012
L M M X V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: