//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

Tourís di na Voz de Arousa que é unha mentira que levara cartos por comisións en obras de Cambados


O ex alcalde e agora candidato a parlamentario polo PP contesta hoxe ás preguntas de Serxio González en La Voz de Galicia de Arousa. Na entrevista, Tourís aproveita para negar que cobrara comisións na adxudicación dunhas obras en Burgáns, tal e como deixaría entrever unha cinta que custodia agora o xulgado de Arzúa. Cores Tourís di que non quere falar do tema, en mans dos seus avogados, e que falará disto despois das eleccións.

Sobre os propios comicios Tourís déixanos unha das súas “perlas”: “PSOE, BNG, Beiras e os comunistas, un conglomerado moi prexudicial, tamén para a comarca” segundo o ex alcalde de Cambados. Tamén é preguntado pola candidata do Bloque e veciña como el de Oubiña: “A relación nunca foi boa, para que enganarnos”. Precisamente, desde o blog “A ti meu Cambados” que publica o concelleiro Xaquín Charlín, calificouse onte de “covarde” e “cagón” a Cores Tourís por ter rexeitado, supostamente, debater en Tele Salnés con Prado. Finalmente o PP enviará á tamén cambadesa Rosa Oubiña. Será mañá luns ás 22.30 horas.

Conversa

7 thoughts on “Tourís di na Voz de Arousa que é unha mentira que levara cartos por comisións en obras de Cambados

  1. Cada vez que se achegan unhas eleccións, sexan locais, autonómicas ou xerais, semella que o antigo e noble pobo de Galicia quere confiar de novo nun partido serio e coherente. Un partido que está traballando arreo para sacarnos da ruina na que nos meteu de cabeza un PSOE representante da esquerda máis sectaria e demagóxica. Cando se achega a cita coas urnas os nacionalistas, que adoitades exercer como maiordomos dese PSOE inepto, perdedes os nervos e deixádesvos levar polos máis baixos instintos. Ante a inmimente derrota electoral que predín as enquisas, tirades de insulto: o alcalde Aragunde “non para de engordar”; Tourís é “un cagón”; Rosa Oubiña é unha “inútil”. Ese o voso nivel dialéctico cando se trata de debatir o mellor para Galicia? E logo vos sorprenderedes da maioría absoluta do PP? Lamentable, triste, vergoñento… Que o nacionalismo de Cambados estea liderado por un concelleiro larán e falabarato ao que seguen como años ao matadoiro Victor, Montse, Duarte e compañía. Óscar: A ver se Beiras pode reconducir esta situación.

    Posted by Jacinto Cobas | 14/10/2012, 7:21 pm
    • Totalmente de acordo contigo Jacinto. I e que non teñen mellor forma de desprezar que o insulto. Pero deches no clavo coa descripcion do concelleiro. Ainda lles pica un pouco o 11-3-3. Que se sigan rascando que ainda lle queda.

      Posted by MARIA | 15/10/2012, 12:53 am
  2. gallá Jacinto: hai que voltar a un comezo con Beiras. Hai un relato que fala que un día pola mañá Buda erguéuse triste e nervoso, e saíu a dar un paseo pola horta e deitouse ao carón dunha árbore … un elefante faloulle (xa sei JACINTO que os elefantes non falan, porén Buda acadara o sexto sentido no nivel do coñecimento coma Frijolito, e podía escoitar as prantas, cos animais, incluso as pedras ..) e dixo: “non me gosta que esteas tan triste”. Entón ergueuse, e percurou unha saída, voltar ao principio do camiño … se hai que voltar a un principio da Autonomía, haberá que facelo todos os que queren autogoberno e tomar decisión por nós mesmos, non que os mercados nos dean órdenes. A min Jacinto, que me dean clases os da dereita de educación, dame a risa … éstes do PP son xente de armas, mataron a tódolos intelectuais deste país … as armas que empregan son as finanzas … para consolidar un sistema salvaxe e capitalista onde xa remataron coa clase media: son ricos e pobres, e punto pelota, como di María. Que Luis estea como queira, aínda que se comporte nos PLENOS DA CORPORACIÓN coma nunha verdulería, e os seus Concelleiros con il. Lles restan dous telediarios (da TVG,a súa) Que xa van nove veces que se saltan a lei eleitoral, e que falar do que comenta o TOURÍS hoxe na Voz de Galicia … é moi forte ,,, Tourís é un maleducado e un groseiro, porén cando da explicacións “menta” a familia dos demáis, e non falemos do cobro de comisións … neso é un experto. Eu teño as miñas obligacións coma veciño de Cambados, él ningunha. Nen solicitar licencia municipal cando “obra” nun dos seus terreos … e que alguén me explique coma sendo Alcalde construíuse no Pombal nun espazo que por expreso desexo da súa propietaria debera ser para actividades culturais e deportivas, un feixe de edifcios que son un adefesio … pelotazo urbanístico … e do Campo Verde, que dicir … e por certo Jacinto e María: tedes amnesia coma o axente Jason Bourne, cando non lembrades os modos e as formas coas que gobernou Cambados …
    Saúdos

    Posted by oscarman | 15/10/2012, 12:50 pm
  3. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/10/07/galicia/1349628406_294003.html
    Que me decides … esto son imaxinacións dunha mente “perturbada” …. “vostede olla moito Dr. Van Helsing, demasiado, para un dome que vivíu unha soa vida” (Drácula, Bram Stoker)

    Posted by oscarman | 15/10/2012, 1:01 pm
  4. http://www.farodevigo.es/galicia/2012/10/13/supremo-anula-adjudicacion-bipartito-24-parques-eolicos-565-megavatios/695637.html ¿e esto son imaxinacions dunha mente perturbada?¿quen vai pagar esto,ti,jorquera ou quintana e o seu amigo do yate?

    Posted by mari | 15/10/2012, 3:14 pm
    • Non vos podo deixar nen 24 horas sen que esteades rumiando coma os bois, Mari … o concurso eólico .. pos trangalladas houbo nos partidos de turno (do PP tamén …) … sacades peito cando o actual goberno de Galiza é o pior de toda a Historia da Autonomía. Hoxe comeza o xuízo do Prestige, catástrofe na que namentras ocorría, Fraga estaba de caza, sen mentar a Aznar …. agora o domingo Rajoy en Rois e Alberto en Monforte, e coidado de non saír xuntos nunha foto en campaña, non é apropiado (a min daríame vergoña arrepentirme do meu líder) ,,, no PSOE están orgullosos con Pachi Vázquez, no BNG con Jorquera, e en AGE con Beiras … vós escondedes a Mariano porén leva feito un desastre desde que chegou … un Presidente que comparece no Congreso 1 vez ao mes, que fala coma vós da herencia recibida cando dixo que non faría tal (coma vós, mesmamente) e que, “y tú más” … CANDO BAIXEN AS PENSIÓNS O MES PRÓSIMO haber se ten valor de vir a Galicia sen escolta … segue mentindo, e desaparece coma o Guadiana, coma a Alcaldesa de Sanxenxo na Procesión de San Roque, e Frijolito no Grove, baixo protección policial .. son desvaríos dunha mente perturbada, ja, ja. Xa llo dixo Pachi a Frijol: atrévete a entrar nun Centro de Saúde, ou nun Colexio ti só, e non digamos nunha oficina de Emprego … as finanzas son unha arma, o gatillo son as políticas do Partido do Paro… DEIXARVOS DE HISTORIAS … en 4 anos desfeita total … sodes unha marea negra coma a do Prestige, porén imos a limparvos antes de que vós, cos vosos amigos os Banqueiros, nos matedes por inanicción .. por certo, Mari, en Bankia había un tal Rodrigo Rato .. a súa muller é a nova Directora de Paradores (qué curioso), a moza a verdade é que vale, xa se está facendo notar …
      Saúdos

      Posted by oscarman | 16/10/2012, 7:55 pm
  5. ¿ai porque tedes que tar orgullosos de beiras?si ese persoaxe nos vai representar vaia por dios,vergoña axena me da.esi lees o meu comentario falo do que falo,non ando a votarlle piropos a feijo nin o pp,que todo o que vos vai en contra tomadelo sempre co pp,Asi que amin non me veñas que si pp que si feijoo,E xa vendo a que armou o bipartito en tempos de bonanza non me quero imaxinar o que farian en tempo de crisis

    Posted by mari | 16/10/2012, 10:21 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Outubro 2012
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: