//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

Este mércores, acto da Alternativa Galega de Esquerda en Cambados


A coalición Alternativa Galega de Esquerda vén de anunciar un acto público para este mércores 17 no noso Concello. Será no Salón José Peña ás 20.30 horas. A presentación correrá a cargo do membro de Anova e coordinador desta páxina web, Óscar Pardo Planas, e intervirán ao longo do acto tres persoas. Unha delas é Xesús Alonso Montero, militante de EU, ensaísta, membro da Real Academia Galega e do Consello de Cultura Galega. Outra é un militante recoñecido do nacionalismo galego, Francisco Trigo, quen durante anos foi parlamentario galego e quen formou parte do único goberno de esquerda en Cambados. A terceira é Bernarda Rubianes, representante da comarca na candidatura da Alternativa e tamén implicada no nacionalismo desde hai anos.

Alternativa está a complementar con estes actos en todos os Concellos da comarca o seu gran acto central,  que se celebrou onte na Praza de Peixería de Vilagarcía. Nel participaron ademais da xa citada Bernarda Rubianes, Juan Fajardo, Yolanda Díaz ou o aclamado Xose Manuel Beiras, e tivo un seguemento dunhas catrocentas persoas.

Conversa

6 thoughts on “Este mércores, acto da Alternativa Galega de Esquerda en Cambados

  1. ¡¡Socorro!!, precísase psiquiatra urgente
    CAMPAÑA ELECTORAL-2012
    AVISO URGENTE

    Para atención inmediata precísase dos servizos dun psiquiatra especializado en trastornos paranoides de personalidad, para atender a político con graves trastornos delirantes e psicóticos atípicos.

    Posted by mari | 16/10/2012, 10:33 pm
  2. Me lo imagino: Pachi reina madre para desfiles y fotografías de salón y recepciones, Jorquera a educación para poder culminar el sueño de Quintana de que los niños de 3 años canten el himno con el puño alzado; Díaz al frente del Movimiento para asegurarse que no haya un ciudadano sin afiliar a los sindicatos pagando cuota y Beiras en Cultura para organizar la quema de libros satánicos que no estén en gallego “internacional”. Resultado: suicidio colectivo y vuelta a las cavernas.

    Posted by mari | 16/10/2012, 10:37 pm
  3. Mari tedes unha enfermidade mental no PP de moita gravidade: que Frijolito MATA é certo, cun “goteo” por vía parenteral de moito coidado … este individuo vive o fío da irrealidade, coma o clip de David Bustamante … tedes un déficit de endorfinas, que son fundamentais na actividade cerebral (no hipotálamo, para ser exactos). Resulta que coma non tedes, acontece unha “sinapse”, e dúas células que tiñan que tomar un rueiro, bifúrcanse, e toman dirección distintas (Mariano e Rajoy). Resultado: un torrente de adrenalina que algún de vós somatizades en forma de delirios e xestos esquizoides. Le o anterior enlace se queres e comprenderás que son un feixe de metiras as espresadas por Frijolito, e volas credes coma antes ensinaban o catecismo …. te dicían Non, porén non explicaban por qué non … Se queres te adico a canción: “non eres de verdade, Mari”, “Misterio de feminidade”, “Tan só tí”, “Cómplice de Alberto”, “Por amor ao PP daba la vida”, “Co corazón cheo de anisedade”

    (sen censura, en Castelán)

    Posted by oscarman | 17/10/2012, 2:16 pm
    • Moi bonita cancion Oscarman. A min gustame esta. Este domingo Todo e posible. Que cada un o interprete como queira. Para eso esta a democracia.

      Posted by MARIA | 18/10/2012, 12:06 am
  4. Moita xente mata o amigo de Beiras, Artur Mas, por pechar hospitais en cataluña, que pasa, que en Galicia morren nos hospitais por falta de atención e en Cataluña non morren por falta de hospitais?? El mesmo se contradí apoiando as políticas do catalán e logo dos recoretes en Cataluña non dí nada.

    Posted by mari | 17/10/2012, 6:31 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Outubro 2012
L M M X V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: