//
arquivo

Archive for

A Oficina Europea de Loita contra a Fraude Fiscal insta á devolución de axudas gastadas pola Confraría


O organismo de loita contra a fraude fiscal de ámbito europeo instou á Consellaría de Mar da Xunta de Galicia a que devolva axudas europeas que lle foron concedidas á Confraría de Cambados para a construción dun buque. Dito buque custou máis de 300 mil euros, dos cales 174 mil viñan da mecionada subvención comunitaria, e este organismo ditaminou que foron empregados indebidamente por ter sido desproporcionado o prezo final da embarcación. A adquisición tivo lugar en 2009  nos Asteleiros Polináutica SL de Cambados.  Agamar, quen leva criticando ao Patrón Maior da Confraría por este tema desde hai meses, insistiu desde o primeiro momento en que un barco desas características podería custar sobre cen mil euros (tres veces menos do que supostamente adquiriu a Confraría cos cartos públicos). Desde Agamar tamén criticaron que todos os informes da Consellaría previos á concesión destes cartos foron favorables, a pesares do suposto desaxuste entre o prezo normal dunha embarcación e o prezo do barco da Confraría. O Patrón Maior evitou manifestarse e cre que “aínda está por ver” que teñan que devolver os cartos.

“Co PP na Xunta, teremos praia en Cambados” di Aragunde no mitin


Con esta frase, o alcalde de Cambados pediu o apoio para Alberto Núñez Feijoo. Como se a praia fora a auténtica prioridade para o noso Concello (onde aínda que poucas, tamén as temos naturais) nun momento en que se empeoran servizos fundamentais como a sanidade e o ensino pola suposta falta de cartos. Ademais desta proposta de dubidosa necesidade, o PP volveu prometer nunha campaña electoral máis que a nova praza de abastos será levada a cabo. Ao mitin celebrado na Cultural asistiu o nº2 de Feijoo, Alfonso Rueda, e tamén interviron ademais do alcalde, o ex alcalde Cores Tourís, o presidente da Deputación Rafael Louzán e a deputada Rosa Oubiña. O Diario de Arousa non aclara se finalmente o presidente da Xunta estaba no acto ou non. Todos os que falaron tentaron sementar o medo a un suposto tri ou cuatripartito, chegando a escenificar este voto do medo coa frase “Ou o PP ou o caos”. A única presenza non agardada polos populares foi a dos tres afectados polas preferentes que se pasearon polo salón de actos coas súas camisolas reivindicativas. Dous días antes estiveran no acto de Alternativa, no cal se lles deu a palabra para que explicaran a súa posición.

Cambados representado no manifesto no que duascentas persoas da cultura que apoian publicamente a Alternativa Galega de Esquerda


Hoxe saltou aos medios un manifesto publicado por uns douscentos representantes do mundo da cultura (músicos, actores, escritores, catedráticos…) que apoian de xeito explicito as candidaturas da Alternativa Galega de Esquerda de cara os comicios do vindeiro domingo. Entre os asinantes, a nivel nacional destacan Xosé Luís Mendez Ferrín, Xesús Alonso Montero, Julián Hernández, Antonio Durán Morris ou Manuel Rivas. Estas duascentas persoas consideran que o goberno de Feijoo actuou coa fin de derrubar a cultura e a lingua galegas mentres prolongou e aumentou a hipoteca do Gaiás, e fomentou a cultura do espectáculo fronte á da participación social. Coidan que a coalición liderada por X.M. Beiras  é “capaz de unir nun mesmo proxecto de intervención política, de emancipación nacional e social, dúas tradicións tan insignes coma as que representan hoxe Anova e EU, coas achegas de Equo e Espazo Ecogaleguista”. Seguir lendo

“Gamberrada” na sé da Policía Local


Segundo informa La Voz de Arousa hoxe nun escueto artigo na edición dixital, a Policía Local de Cambados foi obxecto dunha gamberrada esta madrugada. Ao chegar esta mañá cedo ás dependencias, os axentes atoparon unha bolsa que fumeaba e a porta estaba calcinada.

Nas redes sociais

Outubro 2012
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.