//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

Cambados representado no manifesto no que duascentas persoas da cultura que apoian publicamente a Alternativa Galega de Esquerda


Hoxe saltou aos medios un manifesto publicado por uns douscentos representantes do mundo da cultura (músicos, actores, escritores, catedráticos…) que apoian de xeito explicito as candidaturas da Alternativa Galega de Esquerda de cara os comicios do vindeiro domingo. Entre os asinantes, a nivel nacional destacan Xosé Luís Mendez Ferrín, Xesús Alonso Montero, Julián Hernández, Antonio Durán Morris ou Manuel Rivas. Estas duascentas persoas consideran que o goberno de Feijoo actuou coa fin de derrubar a cultura e a lingua galegas mentres prolongou e aumentou a hipoteca do Gaiás, e fomentou a cultura do espectáculo fronte á da participación social. Coidan que a coalición liderada por X.M. Beiras  é “capaz de unir nun mesmo proxecto de intervención política, de emancipación nacional e social, dúas tradicións tan insignes coma as que representan hoxe Anova e EU, coas achegas de Equo e Espazo Ecogaleguista”.

Xosé Manuel Beiras é un dos referentes da coalición

Entre os nomes desta lista atopamos xente relacionada con Cambados, como o académico da RAG, veciño de Fefiñáns, Francisco Fernández Rei; ou o escritor Emilio Xosé Ínsua (natural de Viveiro e veciño da nosa vila). Ámbolos dous recibiron nos últimos anos o premio Ramón Cabanillas que concede a asociación de libreiros de Cambados como homenaxe a unha traxectoria de defensa da nosa lingua e da nosa cultura.

Alternativa realizou o seu acto central de Cambados o pasado mércores, que foi presentado polo responsábel desta páxina, Óscar Pardo-Planas, e no que interviron Alonso Montero (precisamente un dos asinantes do citado manifesto), Francisco Trigo e Narda Rubianes. O acto contou cunha concorrida afluencia de público e a presenza de afectados polas preferentes. Unha pequena mostra do mesmo pode verse neste vídeo.

(O manifesto íntegro pode ser consultado aquí)

Conversa

3 thoughts on “Cambados representado no manifesto no que duascentas persoas da cultura que apoian publicamente a Alternativa Galega de Esquerda

  1. O pobo falou,noraboa a AGE polo exito acadado,en canto o psoe eo bng reflexionade que estades a facer mal para obter tal perdida de votos.

    Posted by mari | 21/10/2012, 10:06 pm
  2. Efectivamente como di Mari, psoe e bng reflexionade. Non e que o Pp sexa bo, e que vos sodes moi malos.
    Enhoraboa a AGE. Creo que polo menos lle vai dar un pouco de animacion o parlamento galego.¿Ainda tera o zapato aquel o señor Beiras?

    Posted by MARIA | 22/10/2012, 1:46 am
  3. Quixen dicir Noraboa a AGE. Perdon polo lapsus españolizador.

    Posted by MARIA | 22/10/2012, 1:47 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Outubro 2012
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: