O Partido Popular acadou onte 41 deputados na cámara galega fronte aos 38 de 2009. E fíxoo a pesar de deixarse máis de 130 mil votos nunha xornada na que tamén é certo que 240 mil galegos menos se achegaron a votar aos colexios electorais. A oposición parlamentar desta lexislatura afúndese por completo. O BNG pasa de 12 a 7 escanos e o PSOE de 25 a 18. Xuntos deixan de obter máis de 350 mil votos que acadaran nos pasados comicios autonómicos. A sorpresa dáa a Alternativa Galega de Esquerda (coalición na que participan a Anova de Beiras e Esquerda Unida, entre outros), que obtén 200 mil votos e convírtese na terceira forza do Parlamento con nove deputados, por riba do Bloque. Xosé Manuel Beiras asina así o seu segundo sorpasso, tralo adiantamento electoral executado en 1997 polo BNG ao PSOE.
Beiras protagoniza o seu segundo sorpasso nunha noite amarga
As escisións do Bloque xa se adiantaban como un dos factores máis decisivos destas eleccións. Hai que salientar que a suma das porcentaxes obtidas por Alternativa e BNG é de arredor dun 24% do voto válido, moi superior ao 16% dos nacionalistas en 2009 e moi preto ao 25% máximo que obtivo o BNG na súa historia (con Beiras como candidato á Xunta de Galicia, precisamente). Alternativa Galega de Esquerda reafirmou onte por boca do seu referente que os deputados de EU e Anova exercerán o mandato dos cidadáns nun grupo parlamentar cohesionado na súa acción. Tamén puxo de manifesto que, dacordo co lema da campaña de Alternativa (“Hai que paralos!”), esta forza vai empregar a representación dos cidadáns nese cometido, ao que xa convidaron a outras organizacións e persoas de esquerda a unirse. En termos xerais, a Alternativa superou ao BNG nas grandes cidades (en Coruña tamén ao PSOE, en Ferrol quedou ás portas da segunda praza) e irrumpiu con forza nas poboacións medianas. Hoxe o PP só podería gobernar en Lugo e Compostela, xa que o seu grande poder radica nas poboacións medianas e pequenas.
CAMBADOS: O PP segue gañando pero perde forza
O Partido Popular volveu acadar a maioría absoluta dos votos a pesar de desgastarse na praza cambadesa. Se ben é certo que nas parroquias o PP segue a ter unha forza indubidable, agora os conservadores volven perder ou empatar nas mesas do centro urbano, nos colexios de Magariños e da Casa de Cultura. Nalgunhas mesas do centro Alternativa supera a BNG, aínda que no total do Concello o Bloque faise con 260 papeletas máis que os de Beiras (1145 fronte a 884). O PSOE afúndese e só supera aos nacionalistas do Bloque en cen votos.
O PP acada un 50.9% dos votos fronte ao 55% de hai catro anos. O PSOE pasa do 23.7% a case 16%. O BNG baixa do 18% ao 14.5% e Alternativa Galega irrumpe no panorama cambadés con máis do 11%. Se extrapolamos estes datos a unhas municipais o PP perdería un concelleiro e quedaría en 10, o PSOE obtería 3 polos 2 de Bloque e 2 de Alternativa. A abstención, moi baixa por tradición en Cambados, aumentou en máis de mil persoas e dez puntos porcentuais.
Galiza quere Máis Feijóo, e a Lei D´Hont tamén. Ante todo coma demócrata enviar os meus parabens ao Partido Popular de Galicia … leva con il ao futuro Presidente do Goberno de España, salvo que os NACIONALISTAS o impidan en 3 anos …. é Alberto un tipo con sorte, ten unha estrela que por onde pasa, alumea … eu teño unha envexa sana do seu carácter Presidencial, mediático e de talento, AÍNDA QUE DISCREPO DAS SÚAS POLÍTICAS.
O Goberno de calquera pobo ten que escoitar ao pobo na rúa, e os cidadáns falar nas urnas, e así son as cousas.
Hoxe tamén é un día no que unha forza emerxe na Galiza con nada menos que 9 Parlamentarios, un fito histórico .. agora os que chamaban vello trasnoitado e sen ideas a Beiras, están parvos porén pasoulles pola esquerda ao BNG e ao PS de G, que fai tempo que non representan segundo os electores a maioría dos Galegos. A pe de rúa acabo de falar cun vello amigo que me comenta o particular: as ideas que él ten, non son as do partido … desde 2010 o pior Presidente do Goberno de España, Zapatero (co permiso de Aznar) deulle unha estocada de morte aos seus militantes cos recortes que impuxo, e coa reforma da C.E .. Con Rubalcaba, qué dicir; aínda non se entera das siglas que leva, se PABLO iGLESIAS ERGUE A CABEZA, volta a onde estaba, fixeron un “sarao”, onde hai unha loita polo poder aquí mesmamente en Galiza …. divisións internas, loita por conservalo cargo, e un líder que non transmite nadiña de nada .. as constantes que tamén debulla o BNG, ainda que me consta que Jorquera é un político traballador e noble, asemade non é un líder … o talento se ten ou non se ten. Esta noite en Vigo e Santiago haberá a enésima reunión das executivas rexionais, para non solucionar nada .. excepto que nas próximas tome o relevo o Presidente da Deputación de Lugo, ao que chegou a súa oportunidade no PSOE, segundo parece, e que a UPG tome conciencia do país que somos: segundo Josep Ramoneda onte na SER, corre o risco de converterse nun “zombi” político, de non cambias as tornas … non pode ser que un partido político estea manexado por un sindicato coma a CIGA… son realidade ambivalentes … asemade ten difícil solución coma non espabilen, porén agora vai en serio: as grandes vilas de Galiza en dous anos teñen o seu blepiscito, e o noso pobo, Cambados, tamén. Comeza o reloxo cara atrás … Angels Barceló refiría onte seguindo as eleicións no País Vasco e Galiza que a política é apaixoante, pos vai a sí. Parabens Alberto e Beiras, e ánimo nos derrotados, onde teño xente amiga e que ten moita valía que deben estar moi tristes. Cando unha porta se pecha, outra se abre. Non quero despedirme sen felicitar a todos os que participades en Cambados. tk cos vosos comentarios nesta campaña e na realidade do día a día.
Saúdos
VIVA EL PARTIDO POPULAR DE FEIJOO Y ARAGUNDE que gusto me dio ver y me da, ver como el BNG de Vazquez, Jorquera y Caamaño se HUNDEN xD
¿E agora os partidos politicos tendes pensado limpalo pobo de toda propaganda electoral que puxestedes?porque non vos cortastedes un pelo,que si farolas que si paneis…o que me parece sancionable,coido que ese non e o sitio axeitado,e vos mesmos ANOVA EU tendes carteis en paradas de autobus.O concello deberia sancionar eses actos,por non falar das cordas que quedan anos colgadas das farolas,carteis onde non deberian…Creo que tendes dabondo coas zonas que me imaxino que vos marcara a xunta electoral,non tendes porque afealo pobo desa maneira.