//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

O Salnés conta con catro deputados electos


A nosa comarca enviará a dous deputados e dúas deputadas ao Parlamento Galego. Iso é o que ditaron as urnas o pasado 21de Outubro, pero podería verse modificado pronto se o previsible próximo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, volve a pedir aos seus futuros conselleiros que renuncien á acta de deputado. Nese caso algúns poderían dimitir e outros novos nomes poderían aparecer na cámara,  como por exemplo o da ex deputada Rosa Oubiña, que non foi electa o pasado domingo.

Polo Partido Popular son dous os deputados electos, un da parroquia de Oubiña. Trátase do que xa foi alcalde Cambados, senador e delegado da Xunta; Jose Manuel Cores Tourís. Tourís xogou un perfil moi baixo nesta campaña, logo de que o xornal El País descubrira a existencia dunhas gravacións no xulgado de Arzúa que o relacionarían presuntamente cun caso de cobro de comisións por adxudicación de obras, aínda que polo de agora nada se sabe deste tema. A segunda representante que manda o PP é a vilagarcía Marta Rodríguez Arias, que xa era deputada na anterior lexislatura.

O cabeza de lista da coalición Alternativa Galega de Esquerda foi electo xunto con outros dous compañeiros. El é Juan Fajardo, concelleiro de Esquerda Unida na capital arousá. Aínda que el é proclive a deixar a acta de edil e ocuparse só do seu traballo parlamentar, hoxe declarou que serán as asembleas de Alternativa (no Salnés artelladas en Anova e EU) as que decidan.

Por último, Montserrat Prado será deputada polo BNG. A secretaria de Organización do Bloque é veciña tamén de Oubiña, onde sempre rivalizou con Cores Tourís. O destino e os votos puxeron aos dous na mesma cámara de representantes. Prado enfróntase tamén, como unha das máximas responsables do BNG, a un tempo de debate no Bloque despois dos malos resultados colleitados o domingo, no que a nova Alternativa Galega de Esquerda superou á súa formación e colocou ao BNG na cuarta posición.

O Partido Socialista queda sen representación comarcal no Parlamento, algo que non acontecía desde 1997. Lembar que nos vindeiros días, trala formación de goberno, poderían darse cambios que alteren a información que se dá nesta entrada. Un dos máis probables e que xa se mencionou é que Rosa Oubiña entre polo PP ou incluso que poidan saír Tourís ou Rodríguez Arias se son chamadas a algunha tarefa executiva por parte de Feijoo. (imaxes tomadas de Praza.com)

Conversa

12 thoughts on “O Salnés conta con catro deputados electos

  1. E ROSA OUBIÑA DONDE A DEIXACHEDES??

    Posted by marcosuarez@hotmail.com | 23/10/2012, 7:08 pm
    • Joer, Rosa Oubiña aparece dúas veces na entrada, e iso que non é deputada electa! Pero xa dicimos, que será probablemente deputada ao producírense baixas se os conselleiros saen das listas e llo demanda Feijoo (non é obrigatorio deixar de ser parlamentario para ser conselleiro para na anterior lexislatura así llo pediu o presidente aos “elixidos”)

      Posted by Óscar | 24/10/2012, 12:53 am
  2. Uff!!!16.000 euros mensuales tirados a basura. 4.000 por cabeza como minimo. Que desperdicio de cartos. Ainda que eles non pensaran o mismo. A ver si agora Fajardo e Prado piden que se rebaixen os soldos dos diputados.Tururu.

    Posted by MARIA | 24/10/2012, 12:44 am
  3. Pois Maria se lees a entrevista que lle fan a Fajardo no Faro de Vigo de hoxe xa o da a entrever.
    Veño seguindo as túas opinións e vexo que tes un rencor acumulado contra todos os políticos, e comprobaras que non todos son iguais. Non esquezas que se sobran os políticos sempre podera vir un Hitler a facerse cargo do tema….

    Posted by Ramón Mouriño. | 24/10/2012, 12:47 am
    • Perdoa Ramon , pero contra todos non. Eu inclinome mais por uns que por outros, pero si os meus no fan ben non teño porque aplaudirlle as tonterias. Efectivamente non son todos iguais. Uns son peores que outros.
      Un saudo.

      Posted by MARIA | 24/10/2012, 2:54 pm
  4. Ah, e por certo felicitovos Cambados tk pola vosa democracia a hora de poñer os mensaxes .Pois poñedes os que vos gustan e os que non. Entenderia i entendo que non poñades os que sexan ofensivos . En cambio hai outros que presumen de democratas e nin bos, nin malos….En fin. Noraboa. Seguide asi.

    Posted by MARIA | 24/10/2012, 12:48 am
    • Grazas María, son poucas as mensaxes que non teñen pasado o filtro até agora e se non o fixeron foi porque realmente era impublicables (coido que podes imaxinar)…De todas formas ás veces tárdase demasiado en aprobalos pero, que se lle vai facer, somos humanos 😉

      Posted by Óscar | 24/10/2012, 12:51 am
  5. ¿E este que mandei no artigo anterior que e incontestable oscar? ¿E agora os partidos politicos tendes pensado limpalo pobo de toda propaganda electoral que puxestedes?porque non vos cortastedes un pelo,que si farolas que si paneis…o que me parece sancionable,coido que ese non e o sitio axeitado,e vos mesmos ANOVA EU tendes carteis en paradas de autobus.O concello deberia sancionar eses actos,por non falar das cordas que quedan anos colgadas das farolas,carteis onde non deberian…Creo que tendes dabondo coas zonas que me imaxino que vos marcara a xunta electoral,non tendes porque afealo pobo desa maneira.

    Posted by mari | 24/10/2012, 1:50 am
    • Como comprenderás Mari, non podo respostar a todo canto vexo; é máis, tento escribir o mínimo de comentarios posible porque xa considero que teño “bastante cancha” no conxunto da páxina. Pero xa que pides directamente resposta, dicirche que a min tampouco é que me encante a propaganda electoral. Pero centrar a crítica en Alternativa sobre o de emporcar as rúas cando posiblemente é a que menos cartelería puxo (particularmente en Cambados) non me parece nada xusto. Non sei a que caso específico te refires, pero se é certo que hai propaganda fóra de sitio laméntoo pola parte que me toca. E non vou entrar no “e ti máis” pero facilmente me veñen á mente casos de propaganda que queda colocada meses ou anos doutros partidos… Teñamos a mesma vara de medir para todos.

      Posted by Óscar | 24/10/2012, 1:57 am
  6. Si lees ben podras ver que falo dos partidos en xeral,de todos,e digo o da parada de autobus porque ainas con propaganda vosa,non estou centrando a critica en vos,a bo entendedor poucas palabras chegan,agora que si o queres tomar asi tas moi enganado,pasate por aqui,por castrelo e fixate ben e verala,e a miña opinion e que ese e o sitio menos indicado para poñer eso,perto haberlas hailas.

    Posted by mari | 24/10/2012, 5:17 pm
  7. E para non querer entrar no e ti mais xa o estas facendo,e no e que o lamentes,e que tendes que quitalas e deixalas como estaban.Non pagamos impostos para que se instalen cousas e os mesmos partidos politicos as “jidades”.

    Posted by mari | 24/10/2012, 5:20 pm
  8. Para Mari: Tes razón no da propaganda eleitoral excesiva dos partidos (por min chegaria con que todos puideramos poñer so nos cartelons que pon o Concello e listo, claro, sen que viñera algun partido ou discoteca de Sanxenxo a tapar curiosamente as de algún partido deixando a vista as de outro), e tamén tes razón no da parada de Castrelo que comentas. Direiche que se lle chamou a atención a quen a pegou e limparase, faltaria máis, pero tamén e certo que se puxo por encima de outra publicidade que habia na parada sen que nadie protestara, porque eu non sei se ti eres de Castrelo, pero que casualidade que os da comisión de festas puxeran todos os carteis da festa da vendima (ou algo así) xusto encima dos nosos carteis e os do BNG e deixaran os do PP a vista ¿Casualidade??????

    Posted by Ramón Mouriño. | 24/10/2012, 8:24 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Outubro 2012
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: