A Asociación Cultural e Deportiva de Cambados -A Cultural- vén de designar ao ex presidente de Unha Grande Chea e actual concelleiro, Xaquín Charlín, “persoa non grata”. Isto tradúcese nun veto explícito no acceso ás instalacións da asociación. Un edificio (na Rúa Nova coa Avenida de Galicia) que lembremos foi totalmente remozado recentemente coa aportación de case un millón de euros de cartos públicos a través da Deputación. A pesar desa inxección económica, a asociación segue a ter un carácter privado e tan só se asinou un escueto convenio entre o Concello e a Cultural para que o primeiro poida realizar alí actividades.
O veto a Chon, retomando o tema principal, arguméntase desde a directiva da asociación polas informacións verquidas por este no seu blog A ti meu Cambados. Dito espazo da rede é ben coñecido en Cambados polas polémicas que xeran o estilo “pouco ortodoxo” dos artigos publicados por Xaquín Charlín. A Cultural, nunha carta envidada aos socios da entidade, basea a declaración de Charlín como “persoa non grata” por dous temas publicados por Charlín: un acusando á directiva da Cultural de favorecer ao PP na concesión de locais electorais, e outro asegurando que no salón da Cultural se celebrara unha despedida de solteiro con “girls” incluídas. Informacións ambas que a directiva da Cultural nega.
Tras ter coñecemento da existencia desa carta, Xaquín Charlín “Chon” non agardou a respostar vía internet. Asegura, non sen retranca, que é “unha honra” que se lle prohiba a entrada ao local “pagado cos meus cartos” e aproveita para “desmentir” o tema da despedida de solteiro, aínda que asegurou que “sen embargo, bailaron”, di parafraseando a frase “Eppur se muove” de Galileo.
A polémica Cultural-Chon saltou ás páxinas dos diarios comarcais Diario de Arousa e La Voz de Arousa. Hoxe este último inclúe dúas breves entrevistas nas que se dá a versión das dúas partes. Por unha banda a Cultural está representada polo tesoureiro da mesma, Ricardo Oliveira, quen afirma que non é necesario convocar á asemblea para ratificar a decisión da directiva, e polo outro Xaquín Charlín, quen xa nun tono máis serio asegura que a medida tomada pola Cultural “é política cen por cen”, ao estar vinculada a súa directiva ao Partido Popular.
Fai moitos anos, precisamente xogando unha partida de tute-cabrón na Cultural, un dos xogadores dixolle a outro “Ti tes un xogo pouco ortodoxo” e outro levantouse e dixolle “A min non me toque lo carallo, a min ti non me insultas”, e videntemente despois de explicarlle a persoa a cuestión que siginificaba a palabra “ortodoxo”, ahi quedou o conto. Eu Oscar non che vou dicir o mesmo, senón todo o contrario. Vou seguir escribindo así porque non sei facelo doutra forma, o que si sei é que para algúns estoulle tocando un pouco os collóns ( e perdoa a palabra pero é a mais expresiva), e iso a outros reconfrtalle e a min tamén. Que a veces me trabuco, como di o dito infantiul “o que ten boca se equivoca”. Unha aperta.
P.D. Po certo os meus máis sinceiros parabens polos resultados do domingo, que xa como lle dixen a Xan eu tamén me fago partícipe deles perque son nacionalista e de esquerdas.
Gustoume a anécdota, a verdade é que pode soar mal o de ortodoxo…
Grazas polos parabéns, aínda que como lle digo a todo o mundo que mo di, non foi máis que unha “derrota doce”, posto que o obxectivo era parar ao Partido Popular e non se conseguiu, pero para iso hai que traballar agora todos xuntos. Apertas
Solidarízome con Xaquín Charlín Chon porque non me gusta que humillen a ninguén publicamente.
Pola mesma razón, solidarízome coa Sociedade Cultural, así como con todas as persoas difamadas, insultadas e humilladas públicamente por Xaquín Charlín Chon. Ninguén merece tanta xenreira e tanto odio como expresan os seus escritos “non ortodoxos”. O Bloque acabará arrepentíndose de consentirlle a un concelleiro actuar desta maneira. Se o BNG se reconforta tocándolle os collóns á xente, a xente vaise reconfortar retirándolle, ainda máis, o apoio nas urnas. Se o Bloque non sabe escribir doutra maneira, apaga e vámonos. Penoso e vergoñento.
Gracias por escribilo Jacinto. Eu non tiven ovarios para facelo. Totalmente dacordo contigo. Un saudo.
Estimado Jacinto pareces unha persoa intelixente o sea que de seguro sabras distinguir a faceta publica de Chon como membro do BNG e concelleiro municipal da sua faceta privada como ciudadan de a pe para expresa no seu blog o que lle pete, como concelleiro municipal a sua actitude e intachable e moito mas exemplar da que amosan nos plenos os concelleiros do PP o mesmo como afiliado do BNG en canto a sua faceta privada, pode expresar o que lle veña en gaña como o fago eu o como agora o fas ti, iso, querido Jacinto en democracia chamase liberdade de expresion
Para Ricardo:
Onte mesmo coñecíamos de un concelleiro do PP, de non sei que axuntamento, que pedía desculpas públicas por publicar no seu twiter uns chistes “racistas” sobre xitanos. As queixas da esquerda baseábanse en que o concelleiro leva o seu cargo todo día e non se pode desligar das súas accións públicas; o cal é certo, por estar pagado para representar ó povo. Por iso Ricardo, un cargo público ten que ser honrado e parecelo, así que, o teu exposto, é só unha disculpa que sabes que non é acertada. Chon atacou á Cultural porque según o escrito de él mesmo, equivocáronse dende o concello por poñer as instlacións da Cultural de xeito gratuito á xunta electoral. A Cultural sempre foi un dos locales adicados para os mitines previo pago (eu mesmo estiven en mitins do BNG na cultural). Cando se deron conta de que era un erro que fora gratis esta cesión, retiraron o anuncio do diario oficial e punto. De ahí Chon sacou unha crítica sen fundamentos, sumado esto a unha ‘exclusiva’ que dicía que na cultural celebrouse unha despedida de solteiro con girls incluidas, servindo esto, para soltar con sorna outro ataque. Si A Cultural acadou que reformasen o seu edificio, noraboa, pódese discutir si foi ético ou non que deran os cartos, pero atacar á Cultural por acadar o que acadou non deixa de ser unha torpeza. Con cousas como esta, así nos vai.
para Pepeodasvides: Mira Pepe repitoche o do meu anterior escrito, a Chon pedidelle todas contas que queirades cando exerza de concelleiro, o cal como tal levano a cabo con bastante dignidade se o comparas coa actitude despota e chulesca do alcalde e dos concelleiros do PP, cando expresa as suas opinions no seu blog faino coma un ciudadan mais, de feito cando se lle planteou a posibilidade e ir de concelleiro deixou ben claro que non abandonaria a sua tarefa no blog; en canto o tema da Cultural, deixando a un lado que é realmente vergoñoso que se dedique un millon de euros de cartos públicos para beneficiar a unha entidade privada, ¿ti te crees realmente, Pepe, que a Cultural non está politizada? sinxelamente con repasar a actual directiva veras de que pe coxea; eu, persoalmente, como xa dixen no outro escrito, defendo a liberdade de expresión (dentro dun respeto, loxicamente) e ese dereito non se lle pode negar a ninguen, e Chon, volvo a repetilo, vai exercelo libremente
Calma compañeiros … esto é coma Unha Terapia Perigosa … Robert de Niro lle di a Chaz Palminteri: “Temos que poñer algo de cordura na nosa confontación” …. unha vez remata a liorta o segundo le di a Mané: “ei, colle un diccionario, se nos vai atacar con iso _ cordura_ quero saber o que é” … ja, ja de verdade que no PP non hai cordura de nengunha clase … o Concello é o seu rancho particular e viven no Far West .. está aquelo cheo de “alambradas” coma En La Pradera Sin Ley (King Vidor) ate que chegan dous vaqueiros coma Chon (Kirk Douglas) e Montgomey Clift (Óscar Pardo) cunhas tixeiras de podar e xa está armada … haber: que insultos ou que aldraxe refire o PP dí que cometen estes dous Blogueiros da vila .. que mo explique alguén. Tan só contan as verdades que queren ocultar os “gerifaltes” de Aragunde, e o seu aparato de asesores que queren preservar á honorabilidade dun presunto delincuente coma Tourís, e o nulo espírito democrático do Alcalde. Ardo en desexos de ollar os videos que Monty Clift gravou onte no INEM de Cambados …teñen que ser algo cinematográfico porén éstos están deixando a altura do betún a imaxe de nosa vila .., se vas por aí adiante e dis: “son veciño de Cambados” (dou fe) e coma si dixeras son de Lugo … joder, Tourís, Aragunde, Mané, iso é algo que está fóra ou no límite que marcan as leis …en You Tube, en Internet, na TV, nos xornais …. é un escarnio o que padecemos por mor de amosar a nosa oposición ás políticas do PARTIDO DO PARO …. grazas por existir CHON, ÓSCAR PARDO, FÁTIMA ABAL, GIRÁLDEZ …. e todos os que vos partides a cara defendendo os veciños de Cambados, vou comezar un serial cinematográfico e videográfico para inmortalizar a este feixe de mercaderes … coma o que fan en Cambados, é extrapolable o que fan con Galiza, aí vai a modo de “intro” o primeiro: