//
arquivo

Archive for

O alcalde “advirte” aos asistentes do Pleno que “non está permitido gravar”


Sen dúbida foi o momento máis interesante do último pleno. A pequena “obra de teatro” executada por algúns concelleiros do Partido Popular parecía estar perfectamente orquestrada e planificada. No momento en que Mª Xosé Cacabelos (BNG) estaba a presentar unha moción do seu grupo, unha concelleira do Partido Popular (Isabel Varela) comezou a xesticular airadamente sinalando a unha persoa do público que estaba a soster un teléfono móbil. Este asistente, como outros no mesmo, estivera nesa posición durante máis momentos da sesión sen causar ningunha molestia nin entorpecer o normal desenvolvemento da mesma. A concelleira comezou a queixarse en voz alta (tanto que se oía no público a pesares de non contar con micrófono) dicindo que non quería ser gravada, e comentouno en repetidas ocasións co seu compañeiro e teniente de alcalde, Antonio Iglesias Pombo. O curioso de todo isto é que, aínda que esta persoa do público estivera gravando (cousa que el mantén que non é certa) o seu móbil nin sequera estaba enfocando á concelleira “indignada”. Finalmente os concelleiros do PP fixeron unhas señas ao alcalde (que senta na mesa presidencial) e foi entón cando interrumpiu a sesión para realizar unha advertencia.

“Quero advertirlles aos asistentes ao Pleno que non está permitido gravar neste Pleno, hai que solicitalo previamente”. A continuación deulle a palabra ao Secretario, basicamente para que lle dera a razón. E aquí veu o curioso do asunto, o Secretario falou de que é totalmente ilegal gravar sen autorización e referiuse á “moita xurisprudencia sobre o tema”. Ao rematar o pleno, quen escribe estas liñas achegouse ao Secretario para transladarlle o que é unha realidade: que hai moitas sentenzas e informes legais que avalan o dereito a gravar un Pleno sempre que non se altere o seu normal desenvolvemento, xa que é un acto público. O Secretario admitiu entón (xa rematada a sesión e en conversa informal) que si hai fallos xudiciais neste sentido, algo que obviaron tanto o alcalde como el mesmo durante a súa intevención no Pleno.

Desde Cambados(tk) constatamos o seguinte: O Partido Popular quere evitar que se sigan propagando imaxes e son dos Plenos polo interese que suscitan entre a cidadanía. É patente que ao goberno local non lle gustou que en relación aos dous últimos plenos se publicaran vídeos en youtube que acumularon máis de oitocentas visitas, nalgúns dos cales o Alcalde amosaba unha actitude impropia dun rexedor local, como pon de relevo a xa famosa frase de Aragunde a Víctor Caamaño nun debate: “Non me jodas Víctor”. Ou quizais estean molestos pola recente publicación dun vídeo no que se ve ás monxas do asilo levar a anciáns a votar a San Tomé (o vídeo vai polas 11.000 visitas e chegou non só a medios dixitais galegos como Praza senón a webs españolas como Menéame).

Tamén sabemos que a de onte foi unha operación preparada, co paripé da “indignación” dunha concelleira á que o móbil en cuestión nin estaba dirixido a ela. Preguntámonos: Tampouco se pode estar consultando o móbil en sesión plenaria? Vanse prohibir estes dispositivos no Pleno? Ou hai que ensinar o que se está facendo con el? E comentámolo porque asistentes ao Pleno relacionados co PP tamén sacan o seu teléfono (como non pode ser doutro xeito) durante o mesmo. O máis gracioso é que este é o primeiro pleno de tres en que non temos imaxes en vídeo da sesión. Nese sentido a “obra de teatro” orquestrada polo PP fallou estrepitosamente.

Esta mañá rexistramos no Concello de Cambados un escrito dirixido ao Alcalde no que solicitamos formalmente gravar calquera Pleno tanto en vídeo como o audio. Dito escrito está totalmente fundamentado na legalidade vixente e adxuntamos copias de sentenzas e informes favorábeis a este dereito. Podes consultar aquí o escrito presentado.

Nota legal: O audio que se pode escoitar nesta entrada foi recabado en Internet, onde foi subido de xeito anónimo.

Relacionado: Hai meses o alcalde denegou o permiso solicitado por Xaquín Charlín do blog “A ti meu Cambados” aducindo que un concelleiro non gozaba de tal dereito.

Pinal de Maza: As obras non teñen licenza pero segundo Aragunde “non exisitiu movemento de terras”


O goberno tiña pendentes varias preguntas do Bloque sobre o espiñento tema do Pinal de Maza, no cal un concelleiro do PP e a muller de Cores Tourís a través de dúas empresas, desmontaron un bo cacho de monte para transformalo en viñedos. Aragunde foi moi escueto en case todas as súas respostas (que podedes escoitar a continuación).

O alcalde declarou que as obras NON teñen licenza municipal nin informes favorables nos organismos cometentes na materia (Consellaría de Medio Rural, Consellaría de Medio Ambiente, e Patrimonio). Tamén respondeu negativamente cando foi preguntado sobre se existe algún estudo que xustifique en base a interese público a conversión dunha área de protección forestal a outra de usos agrarios. Outro escueto “non” pronunciou Luís Aragunde ao ser preguntado se o goberno local modificou as Normas Subsidiarias que afectan á zona do Pinal de Maza.

Vista de Maza a comezos de verán

Do mesmo xeito “non” foi a resposta á pregunta do BNG “En caso de que non tivera licenza municipal, ditou o Concello unha orde de paralización das obras?”. O interesante é que Aragunde tamén contestou “non” ao ser preguntado sobre se o Concello abrira expediente de legalización das obras. É dicir, basicamente o goberno local non fixo nada a respecto das obras sen licenza no Pinal de Maza, que están impulsadas polas empresas dun concelleiro do PP (Juan Ramiro Gómez) e da dona de Cores Tourís.

O sorprendente chegou ao final das preguntas, cando Luís Aragunde anunciou que tiña no seu haber un informe do técnico municipal no cal se afirma que as obras no Pinal de Maza non constituiron ningún movemento de terras na zona, si, seguramente, un acondicionamento do terreo.

Nota legal: O audio que se pode escoitar nesta entrada foi recabado en Internet, onde foi subido anonimamente.

Dous plenos nunha xornada: Salvador Cores “Manso” homenaxeado e polémica por gravar os plenos


A sesión plenaria do mes de Outubro pasaría sen pena nin gloria de non ser por dúas cuestións. Unha, a polémica aberta polos concelleiros do PP e que rematou por facer que o Alcalde interrumpira o debate para lembrarlle ao público que non podía gravar o pleno; a outra, as contestacións pendentes sobre o caso Pinal da Maza e que Aragunde estaba esquivando desde hai meses. Estes dous temas especiais publicaranse aparte pola imposibilidade de facer unha entrada asequible na lonxitude, neste artigo imos cos temas menos “polémicos”.

En primeiro lugar celebrouse un breve pleno extraordinario no cal se designou fillo predilecto a Salvador Cores “Manso”. Os grupos da oposición (BNG e PSOE), apoiaron a moción, pero Seguir lendo

Nas redes sociais

Outubro 2012
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.