Sen dúbida foi o momento máis interesante do último pleno. A pequena “obra de teatro” executada por algúns concelleiros do Partido Popular parecía estar perfectamente orquestrada e planificada. No momento en que Mª Xosé Cacabelos (BNG) estaba a presentar unha moción do seu grupo, unha concelleira do Partido Popular (Isabel Varela) comezou a xesticular airadamente sinalando a unha persoa do público que estaba a soster un teléfono móbil. Este asistente, como outros no mesmo, estivera nesa posición durante máis momentos da sesión sen causar ningunha molestia nin entorpecer o normal desenvolvemento da mesma. A concelleira comezou a queixarse en voz alta (tanto que se oía no público a pesares de non contar con micrófono) dicindo que non quería ser gravada, e comentouno en repetidas ocasións co seu compañeiro e teniente de alcalde, Antonio Iglesias Pombo. O curioso de todo isto é que, aínda que esta persoa do público estivera gravando (cousa que el mantén que non é certa) o seu móbil nin sequera estaba enfocando á concelleira “indignada”. Finalmente os concelleiros do PP fixeron unhas señas ao alcalde (que senta na mesa presidencial) e foi entón cando interrumpiu a sesión para realizar unha advertencia.
“Quero advertirlles aos asistentes ao Pleno que non está permitido gravar neste Pleno, hai que solicitalo previamente”. A continuación deulle a palabra ao Secretario, basicamente para que lle dera a razón. E aquí veu o curioso do asunto, o Secretario falou de que é totalmente ilegal gravar sen autorización e referiuse á “moita xurisprudencia sobre o tema”. Ao rematar o pleno, quen escribe estas liñas achegouse ao Secretario para transladarlle o que é unha realidade: que hai moitas sentenzas e informes legais que avalan o dereito a gravar un Pleno sempre que non se altere o seu normal desenvolvemento, xa que é un acto público. O Secretario admitiu entón (xa rematada a sesión e en conversa informal) que si hai fallos xudiciais neste sentido, algo que obviaron tanto o alcalde como el mesmo durante a súa intevención no Pleno.
Desde Cambados(tk) constatamos o seguinte: O Partido Popular quere evitar que se sigan propagando imaxes e son dos Plenos polo interese que suscitan entre a cidadanía. É patente que ao goberno local non lle gustou que en relación aos dous últimos plenos se publicaran vídeos en youtube que acumularon máis de oitocentas visitas, nalgúns dos cales o Alcalde amosaba unha actitude impropia dun rexedor local, como pon de relevo a xa famosa frase de Aragunde a Víctor Caamaño nun debate: “Non me jodas Víctor”. Ou quizais estean molestos pola recente publicación dun vídeo no que se ve ás monxas do asilo levar a anciáns a votar a San Tomé (o vídeo vai polas 11.000 visitas e chegou non só a medios dixitais galegos como Praza senón a webs españolas como Menéame).
Tamén sabemos que a de onte foi unha operación preparada, co paripé da “indignación” dunha concelleira á que o móbil en cuestión nin estaba dirixido a ela. Preguntámonos: Tampouco se pode estar consultando o móbil en sesión plenaria? Vanse prohibir estes dispositivos no Pleno? Ou hai que ensinar o que se está facendo con el? E comentámolo porque asistentes ao Pleno relacionados co PP tamén sacan o seu teléfono (como non pode ser doutro xeito) durante o mesmo. O máis gracioso é que este é o primeiro pleno de tres en que non temos imaxes en vídeo da sesión. Nese sentido a “obra de teatro” orquestrada polo PP fallou estrepitosamente.
Esta mañá rexistramos no Concello de Cambados un escrito dirixido ao Alcalde no que solicitamos formalmente gravar calquera Pleno tanto en vídeo como o audio. Dito escrito está totalmente fundamentado na legalidade vixente e adxuntamos copias de sentenzas e informes favorábeis a este dereito. Podes consultar aquí o escrito presentado.
Nota legal: O audio que se pode escoitar nesta entrada foi recabado en Internet, onde foi subido de xeito anónimo.
Relacionado: Hai meses o alcalde denegou o permiso solicitado por Xaquín Charlín do blog “A ti meu Cambados” aducindo que un concelleiro non gozaba de tal dereito.
O alcalde deberia ter coidado cando vaia a facer unha visita o cemiterio que non lle saquen fotos non vai a ser que digan que vai ali buscar votos e acarrexalos . Seguramente os vellos do asilo non teñen coñecemento do que votan. Pero , cantos son? Gañou gracias a eles o PP? Non o creo. Nin siquiera gracias o vellos acarrexados desde as suas casas. O PP gañou porque moitos non foron votar. Agora a culpa e dos vellos.
O problema do tema do asilo é que a legalidade permite actos que a todos nos parecen profundamente anti-éticos. Eu apostaría porque todo o mundo teña que escoller a papeleta dentro do colexio electoral, para iso habería que repensar os espazos nos que se poñen os colexios electorais (farían falla moitas máis cabinas e habería máis aglomeracións). Pero estou convencido que gañaríamos en limpeza ou, cando menos, despexaríamos moitas dúbidas.
Supoñendo que esos votos do asilo están manipulados…gañou grazas a eles o PP? Non. Pero si houbo comicios nos que cousas como esta, que noutras situacións parecen menores, inclinarían a balanza cara un ou outro lado. Por exemplo nas eleccións municipais de 2003 e nas de 2007. https://cambadostk.wordpress.com/2012/10/25/extrapolando-as-eleccions-en-cambados-suponen-un-retroceso-para-o-pp/
A estas alturas da vida, xa non se lle pode pedir moito mais os pobres ancians. Eles fan o que lle mandan . E a imaxe dos ancians cos votos na man a verdade e que e ben fea. Polo menos que llo metan no bolsillo.
De que teran medo que non queren que se sepa nada do que falan, e non lles importa violalas leis para conseguilo, ahahahahaha!!!! Sr. Alcalde, inda que a xente do seu partido as veces non esten dacordo, as leis como as mulleres estan para ser respetadas.
Tampouco lle vexo a gracia a ir gravar os plenos. E que a xente non ten mellores cousas que facer que ir escoitar eso? En fin, cada un ocupa o tempo no que quere, para gustos colores.
Maria cada un e libre de facer o que lle pete mentras non viole as leis, o que pasa e que neste caso quen incumple as leis e o noso Alcalde co beneplacito do secretario municipal, e as leis estan para cumplilas, non para violalas, ademais queda claro no artigo que o que solicita e totalmente legal.
Creo que no comentario xa digo que cada un ocupa o tempo no que quere. Imaxino que si piden permiso para gravar llo van a negar. Ou sexa que e inutil pedir permiso. E si e legal ou ilegal non o sei, pero para eso estan os xulgados.
Onte por primeira vez tiven a ocasión como concelleiro do BNG de intervir nun pleno municipal e non puido ser nunha ocasión tan especial para min, foi concretamente no pleno extraordinario para nomear a Manso, fillo adoptivo de Cambados, esta foi a miña alocución:… palabras de chon,e digo eu,depois de uns cuantos plenos onte foi a primeira vez que interviches,¿elo nos anteriores que fixeches?os que non intervides nunca ou case nunca¿a que carallo ides os plenos?esto demostra que sobran politicos,que so estan ali de florero e levantala man para votar segun lle manden e cobrar non sei canto por estar ali,e falo de todolos partidos,apostaria que de todos os concelleiros mais de 10 nunca interviron nun pleno.
Non me explico como se poden soltar tantas paridas xuntas, e o que é peor, que chas aplaudan. Chon é o número 3 da lista, e leva de concelleiro menos de ano e medio. Parece pois bastante natural que a maior parte das intervencións nos poucos plenos que houbo dende entón as fagan o portavoz municipal (Víctor) e a nº 2 e responsable local (Mª José). Dicir por iso que non traballa, que todos os políticos son iguais etc é dunha ignorancia insultante. Hai deputados e senadores que non abriron a boca nin presentaron ningunha iniciativa en varias lexislaturas, ahí si poderiamos empezar a falar de inacción
Imos suñoñer que Oscar dado que está presente e polos datos que aporta aos leitores da páxina que xestiona son certos-eu non o dubido nen o mais mínimo e non é creencia cega-pónse en esccena a ensaiada pantomima ,mellor sainete dada a procedencia ideolóxica do grupo municipal do PP de Cambados nun pleno municipal a suposta gravación por un móvil dunha sesión municipal na que unha concellala do grupo de goberno protesta airadamente ao se decatar no salón de plenos de tal feito e lembrar o Alcalde ao público que non está permitido nin gravacións nin recollida de audios de todo o que acontece no mesmo.Pero cando nos imos decatar que o seu poder radica e xira coma os eixos planetarios en controlar a información e os medios nos que épresentada á sociedade nos diferentes soportes comunicativos?como van deixar que haxa constáncia directa sen segredarios a dedo que burlen a lei, sen periodistas que poñen na prensa o que a dirección dos seus periódicos ordenan,sen que as suas fazulas ruborezan ou que saia á luz pública tal cual falan,minten prometan manipulen poder ser recordado cada vez que queiras nas redes sociais?eso aos pepeiros faríalles moito dano e non están dispostos,como a praia prometida cada vez que veñen elecións que consideran duras que saben non se vai facer polo custo e mantemento que lle suporía á administración amais de que hainas naturais e de grande calidade a menos de tres quilómetros,ou as respostas chulescas de quen se crén donos dun concello resignado a que a administración local estexa enchida de funcionarios á carta con licencia para facer o que queiran conépoca de complicidade do alcalde de turno ao servizo do partido e dicir ao servizo deles e polo tanto ao servizo dos cidadáns que supostamente que os votan.Os demais somos demonizados por que hai mais que ideoloxía,hai unha forma de vivir e perdurar á conta do herario público e do humilde cidadán-todos son iguais é o seu berro de guerra-e a igrexa como na época de Franco homoxeiniza ese totumrevolutum ao redor dela pagándolle con votos mesmo carretándoos,as probes humildes e inocentes monxas a cambio de entrada gratis no ceo.Nunca escoitarás en Cambados falar mal delas e nunca escoitarás pedir unha residencia de anciáns laica e sen tutelas relixiosas que saen moi caras.A Deus rogando e co mazo dando,Cambados ……durmes deitado ó sol…..