//
arquivo

Archive for

GastroGalicia: iniciativa moza en tempos de crise


“As cousas boas axiña se botan en falta”, esa é a idea base do proxecto. É unha excelente nova en tempos onde estas escasean, unha iniciativa emprendedora de mans de xóvenes cambadeses. Son catro, a maioría aínda estudantes, pero durante o verán comezaron a madurar unha idea que agora plasmaron na realidade de internet. Trátase dunha tenda virtual centrada en produtos gastronómicos de Galiza (como ben indica o nome), e non pretenden ser “unha máis”, senón “a mellor”. Isto queren conseguilo co feedback dos seus clientes ou potenciais clientes, que poden contactar cos responsables da empresa de varias canles.

Os catro rapaces son xóvenes e tres deles aínda están a formarse. Jorge Horro faino en administración de empresas e Dereito en Madrid, e Javier Álvarez e Ramón Gómez fanno en Compostela; o primeiro Enxeñaría Química e o segundo Dereito. Jonatan Ríos vive en Cambados, onde entrena á base do Club Juventud. El, técnico administrativo, supoñemos que exerce de centro de operacións (a sede física da tenda está na Avenida de Vilariño). Na web pódense atopar xa un bo número de produtos da terra, desde viños, licores ou cervexas, até conservas, algas ou sobremesas. No Facebook xa contan cunha páxina onde van informando das novidades que lanzan. Desexámoslles moita sorte nesta iniciativa!

O goberno local incumpriu presuntamente a lei na colocación das cámaras do Concello mentres Aragunde prohibe gravar os plenos


Cartel que anuncia a presenza da cámara, situada nun lugar máis alto

Curiosa reviravolta na polémica das gravacións. Se a semana pasada Luís Aragunde prohibía no pleno calquera gravación do mesmo (sendo este un acto público e existindo sentenzas favorábeis a esta transparente práctica), hoxe anunciamos que o Concello estaría a incumprir a normativa vixente no relativo á instalación de cámaras de gravación para videovixilancia.

O goberno local instalou hai tempo estes dispostivos na propia Casa do Concello (no vestíbulo do edificio), algunhas informacións apuntan a que xa se terían mercado cando se acometeu a reforma do mesmo (adxudicada en 2005), en calquera caso levan da orde de meses alí. Pois ben, a instrución 1/2006 de 8 Novembro da Axencia Española de Protección de Datos, publicada neste número do BOE,  sostén que calquera persoa ou entidade que instale dispositivos de videovixilancia debe notificalo previamente á Axencia de Protección de Datos, inscribíndose no Rexistro Xeral da mesma.

Menuda casualidade que foi precisamente no pleno da semana pasada na que se aprobou inicialmente (aínda hai un período de reclamacións de un mes) por parte da Corporación un “Regulamento de ficheiros de carácter persoal” que nun dos seus puntos prevé a creación do ficheiro relacionado con videovixilancia. Este ficheiro, reitaramos, é obrigatorio segundo a lexislación vixente en materia de protección de datos, como se desprende do Informe Xurídico 116/2008 da AEPD.

É dicir, o requisito que marca a lei antes mecionada non se cumpriu. Isto, ademais, pode ser corroborado por calquera lector, xa que o rexistro dos ficheiros de cada institución é totalmente transparente e público. O de Cambados pode ser consultado premendo neste enlace. Como se pode comprobar, o goberno local non deu de alta este ficheiro de videovixilancia con anterioridade a colocar as cámaras, xa que só ten rexistrados a 29/10/12 catro ficheiros relativos a outros temas.

Polo tanto, e antes de recibir a resposta do Señor Alcalde ao escrito que remitimos dende CTK para gravar os plenos a partires de agora, podemos afirmar que mentres o alcalde fixo una advertencia que non ten solidez legal (a de que estea prohibido gravar no pleno sen autorización), o Concello de Cambados tería incumprido presuntamente a lei ao instalar as cámaras na entrada da Casa do Concello. E isto, con independencia de se as cámaras funcionan ou non… nisto a regulación está moi clara, posto que os trámites serían sempre previos a colocar os dispositivos.

Que autoridade ten o goberno local e Aragunde para falar de cámaras, móbiles e gravadoras nun pleno público se o Concello non cumpre a lei nun tema semellante?

Documentos legais

-Instrución 1/2006 do 8 de Novembro da Axencia Española de Protección de Datos, sobre o tratamento de datos persoais con fins de vixilancia a través de sistemas de cámaras ou videocámaras.

-Informe Xurídico 0116/2008 da Axencia Española de Protección de Datos sobre cámaras de vídeo para vixilar instalacións de titularidade municipal.

Nas redes sociais

Outubro 2012
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.