//
estás a ler...
., Cambados, Galiza, global

GastroGalicia: iniciativa moza en tempos de crise


“As cousas boas axiña se botan en falta”, esa é a idea base do proxecto. É unha excelente nova en tempos onde estas escasean, unha iniciativa emprendedora de mans de xóvenes cambadeses. Son catro, a maioría aínda estudantes, pero durante o verán comezaron a madurar unha idea que agora plasmaron na realidade de internet. Trátase dunha tenda virtual centrada en produtos gastronómicos de Galiza (como ben indica o nome), e non pretenden ser “unha máis”, senón “a mellor”. Isto queren conseguilo co feedback dos seus clientes ou potenciais clientes, que poden contactar cos responsables da empresa de varias canles.

Os catro rapaces son xóvenes e tres deles aínda están a formarse. Jorge Horro faino en administración de empresas e Dereito en Madrid, e Javier Álvarez e Ramón Gómez fanno en Compostela; o primeiro Enxeñaría Química e o segundo Dereito. Jonatan Ríos vive en Cambados, onde entrena á base do Club Juventud. El, técnico administrativo, supoñemos que exerce de centro de operacións (a sede física da tenda está na Avenida de Vilariño). Na web pódense atopar xa un bo número de produtos da terra, desde viños, licores ou cervexas, até conservas, algas ou sobremesas. No Facebook xa contan cunha páxina onde van informando das novidades que lanzan. Desexámoslles moita sorte nesta iniciativa!

Conversa

2 thoughts on “GastroGalicia: iniciativa moza en tempos de crise

  1. moi boa iniciativa. agardo que lles vaia ben. pero é unha mágoa que non ofrezan o servizo en galego… hai moitos galegos que están fóra… ademais, téñeno en inglés, alemán e francés. e non contan co mercado portugués? eu mesmo vivo en lisboa, pero prefiro apostar por aquelas empresas que coidan o seu, empezando pola língua.

    Posted by Lisboeta | 30/10/2012, 12:12 am
    • Lisboeta, son un dos membros que puxeron GastroGalicia en marcha, e en nome de todos só podo dicir que tes razón, pero temos que facerte unha obxección. Nós temos contratado un servizo de creación de tendas online no cal non se permite que os contidos da páxina estean en galego. Se algún día fose posible, o cal esperamos, non dubides que a páxina estará tamén na nosa lingua. Grazas polo teu comentario.

      Posted by GastroGalicia | 30/10/2012, 2:56 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Outubro 2012
L M M X V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: