//
estás a ler...
., Cambados

O goberno local incumpriu presuntamente a lei na colocación das cámaras do Concello mentres Aragunde prohibe gravar os plenos


Cartel que anuncia a presenza da cámara, situada nun lugar máis alto

Curiosa reviravolta na polémica das gravacións. Se a semana pasada Luís Aragunde prohibía no pleno calquera gravación do mesmo (sendo este un acto público e existindo sentenzas favorábeis a esta transparente práctica), hoxe anunciamos que o Concello estaría a incumprir a normativa vixente no relativo á instalación de cámaras de gravación para videovixilancia.

O goberno local instalou hai tempo estes dispostivos na propia Casa do Concello (no vestíbulo do edificio), algunhas informacións apuntan a que xa se terían mercado cando se acometeu a reforma do mesmo (adxudicada en 2005), en calquera caso levan da orde de meses alí. Pois ben, a instrución 1/2006 de 8 Novembro da Axencia Española de Protección de Datos, publicada neste número do BOE,  sostén que calquera persoa ou entidade que instale dispositivos de videovixilancia debe notificalo previamente á Axencia de Protección de Datos, inscribíndose no Rexistro Xeral da mesma.

Menuda casualidade que foi precisamente no pleno da semana pasada na que se aprobou inicialmente (aínda hai un período de reclamacións de un mes) por parte da Corporación un “Regulamento de ficheiros de carácter persoal” que nun dos seus puntos prevé a creación do ficheiro relacionado con videovixilancia. Este ficheiro, reitaramos, é obrigatorio segundo a lexislación vixente en materia de protección de datos, como se desprende do Informe Xurídico 116/2008 da AEPD.

É dicir, o requisito que marca a lei antes mecionada non se cumpriu. Isto, ademais, pode ser corroborado por calquera lector, xa que o rexistro dos ficheiros de cada institución é totalmente transparente e público. O de Cambados pode ser consultado premendo neste enlace. Como se pode comprobar, o goberno local non deu de alta este ficheiro de videovixilancia con anterioridade a colocar as cámaras, xa que só ten rexistrados a 29/10/12 catro ficheiros relativos a outros temas.

Polo tanto, e antes de recibir a resposta do Señor Alcalde ao escrito que remitimos dende CTK para gravar os plenos a partires de agora, podemos afirmar que mentres o alcalde fixo una advertencia que non ten solidez legal (a de que estea prohibido gravar no pleno sen autorización), o Concello de Cambados tería incumprido presuntamente a lei ao instalar as cámaras na entrada da Casa do Concello. E isto, con independencia de se as cámaras funcionan ou non… nisto a regulación está moi clara, posto que os trámites serían sempre previos a colocar os dispositivos.

Que autoridade ten o goberno local e Aragunde para falar de cámaras, móbiles e gravadoras nun pleno público se o Concello non cumpre a lei nun tema semellante?

Documentos legais

-Instrución 1/2006 do 8 de Novembro da Axencia Española de Protección de Datos, sobre o tratamento de datos persoais con fins de vixilancia a través de sistemas de cámaras ou videocámaras.

-Informe Xurídico 0116/2008 da Axencia Española de Protección de Datos sobre cámaras de vídeo para vixilar instalacións de titularidade municipal.

Conversa

2 thoughts on “O goberno local incumpriu presuntamente a lei na colocación das cámaras do Concello mentres Aragunde prohibe gravar os plenos

  1. Ou sexa que as camaras que graban no concello son ilegais e si poden grabar, por que as puxeron eles mesmos para grabarnos aos cidadans, e a xente que graba nos plenos, que é legal, segun varias sentencias do xuzgado e ata escritos do defensor do pobo, o concello non lles deixa xustificando que son ilegales segun varias sentenzas que non argumenta!!! Esto é de tolos, as camaras ilegales si poden grabar, e as que son legais estan vetadas no concello, pois como sera o resto que fan ahí dentro, non son capaz de imaxinalo (Comisions de obras, licencias de movementos de terra, etc….).

    Posted by SEÑOR X | 29/10/2012, 9:10 pm
  2. Restan 2 anos para as prósimas municipais porén congratúlame que a oposición faga a súa labor (opoñerse) ao desgoberno da vila de Cambados … esto é moito: de “almorzo” a estatua homenaxe a Fraga, de “xantar” as comidas do Albariño e máis amplo sufragadas a costa dos veciños cando ningún deles (excepto os que non son críticos) teñen invitación, de “merenda”, o Pinal de Maza de Tourís onde non houbo movemento de terras asemade non precisa polo tanto licencia municipal !!!, e de “cear” os vellos do Asilo “carretados” aos colexios electorais … pos “no se vaya todavía, una y más” como dicían os debuxos animados … agora non se pode gravar os Plenos cun teléfono móvil …. bufffffff, que as sesións da Xunta de Goberno Local son segredas o reflicte a lei, porén as do Pleno son PÚBLICAS .., non queren que lles graven !!! esto me lembra ao pobre Antonio Resines en LA CAJA 507 … “non pode estar vostede por aquí”, “esas urbanizacións son privadas” e “non lles gosta -aos que alí están”- que lles miren nin que lles graven”……… bárbaro.
    Saúdos
    p.d: vou consultar o Regulamento Orgánico do Concello de Cambados, aquí estamos facendo o ridículo cada dous por tres …hoxe teño que almorzar coa Voz de Galicia e unha páxina enteira (outra máis, e por nada bó) adicada á nosa vila … non sei se Aragunde é o Alcalde máis mediático que tivemos, pero vai camiño de converterse nunha figura pública de primeiro orde …. ata en Viana do Bolo o coñecen …. crack.

    Posted by oscarman | 30/10/2012, 12:28 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Outubro 2012
L M M X V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: